Caixa de ferramentas |
Wikipedia:Non sabotee a Wikipedia para apoiar o seu punto de vista
[editar] Sinale as súas opiniónsÁs veces, os wikipedistas ven os seus niveis de tensión aumentar porque determinados temas, que para eles son particularmente importantes, se tratan cunha perspectiva coa que eles desacordan. O que deciden é tentar demostrar o erro, e para iso moitas veces acoden a exemplos doutros artigos onde aparentemente se tomou unha decisión distinta. Nestes casos, é bastante tentador usar a parodia ou experimentos de enxeñería social para conseguir levar a auga ao muíño. Estas actividades, como provocar votacións sobre exemplos xa demostrados noutros puntos, ou promover conflitos en paralelo a decisións xa tomadas, considéranse que rompen a edición. En xeral, estas técnicas son bastante pouco enciclopécidas, e dan lugar a debates onde non se presupón boa fe, onde o ambiente se tensa e de onde non se tiran máis ca aldraxes. Como norma xeral, as opinións deben expresarse con normalidade, directamente, sen ironía nin chiscadelas. As opinións directas e declarativas son a mellor forma de conseguir respecto, acordos e consenso. [editar] Tipos específicos de acción saboteadora[editar] Xogar co sistema
Xogar co sistema é usar as normas e políticas da Wikipedia con malicia, para trampear a mantenta os obxectivos da Wikipedia e o proceso de edición comunal. Xogar co sistema é subversivo, e en moitos casos, unha forma de romper a edición. Adoito contén un uso impropio dunha norma, ou toma o texto da propia norma para ir en contra dela, co fin de rachar os procesos de edición, de solicitar apoio ara un punto de vista que claramente vai contra desas normas ou para atacar unha actuación que se fixera dentro desas pautas. Entre os exemplos de xogar co sistema atópanse entre outros:
[editar] Non querer chegar a acordosÁs veces, algúns editores eternizan desputas retomando os mesmos argumentos tempo despois de que fosen desacreditados, reitéranos sen fin, rexeitan completamente as propostas dos demais ou a posibilidade de estaren errados. A miúdo estes editores, que actúan de mala fe, utilizan precisamente estes debates inconclusos para apoiaren outras discusións semellantes noutros puntos da wikipedia. A wikipedia baséase no traballo en colaboración, na boa fe e no consenso. Cando unha argumentación cruza o limiar do razonable, e parece claro que hai un rexeitamento claro a atopar un acordo a pesar do que marcan as normas e de que se presentaron abondas opinións experimentadas de editores e administradores independentes, proseguir o debate sexa como for é un modelo de práctica que sabotea a wikipedia co fin de que un punto de vista sexa apoiado. [editar] EnganarAs prácticas consistentes en incluír a mantenta información falsa na Galipedia para ver canto tempo tarda a comunidade en detectar o erro e en amañalo son claramente saboteadoras. [editar] Exemplos
[editar] SanciónSabotear a wikipedia, do xeito que for, é unha actuación bloqueable por calquera administrador, con sancións de ata un mes en caso de ofensas repetidas que causaron moito dano. |