|
|
Wikipedia:Imaxes para borrar
O propósito desta páxina é listar que imaxes ou ficheiros que deben ser borrados.
Para engadir á listaxe unha páxina ou ficheiro para borrar:
- Engada {{Borrar imaxe}} na parte superior da imaxe proposta para borrar.
- Notifíquello ao colaborador que carregou o ficheiro na súa páxina de conversa. Pode usar {{abi|Imaxe:Nome_da_Imaxe}} para engadir o aviso á páxina de conversa do usuario.
- Engada a imaxe ao final da listaxe de Wikipedia:Imaxes para borrar/Votacións usando o seguinte modelo:
=== [[:Imaxe:Nome_da_imaxe]] ===
RAZÓN --~~~~
*ARGUMENTOS --~~~~
Pode usar os modelos: {{Borrar}} -> Borrar, {{Manter}} -> Manter, {{Comentario}} -> Comentario para editar os seus argumentos e participar no debate.
Arquivo de Imaxes para borrar
- RAZÓN -- Imaxe dun terceiro cedida sen seguir o procedemento necesario. Lansbricae (Ti dirás) 20:53, 10 marzo 2008 (UTC)
- ARGUMENTOS -- Agora xa pasado o tempo do aniversario creo que esta imaxe debe ser borrada porque incumple a normativa de imaxes. Trátase dunha imaxe cedida por un terceiro ao dominio libre. A galipedia non ten un sistema para subir este tipo de imaxes agás que a suba o propio deseñador. A outra alternativa é que se subise a Commons a través de OTRs, sistema no que queda a necesaria constancia da cesión expresa do deseñador.
Por outra banda ao tratarse dun deseño baseado no logo de wikipedia non é de dominio público senón copyright de wikipedia como se correxiu pero a fonte segue a indicar que o deseñador orixinal a cedeu ao dominio público.
O choio das imaxes feitas por terceiros son complicadas, para iso creo que a mellor alternativa foi a que sinalou noutro lugar Lameiro tentar convencer ao amigo de turno que se rexistre na Galipedia e que sexa el mesmo o que a suba. Lansbricae (Ti dirás) 20:53, 10 marzo 2008 (UTC)
Manter. Antes de ser marcada esta imaxe, pasara eu sobre ela e tiven que reflexionar bastante sobre se procedía ou non o procedemento OTRS. Decidín que non procedía, que era dispensable. A continuación expoño o motivo.
O procedemento do OTRS é moi válido para imaxes no "Dominio Público" (o 99,999% das da Galipedia e Commons). Se un usuario desexa cargar unha imaxe realizada por outra persoa ou organización, debe de conseguir que esa outra persoa ou organización lle indique:
- a licenza con que a imaxe se publica en Commons e
- asine o seguinte texto, (para asinar debe devolverllo por correo indicando que o leu e acepta). Isto faise fundamentalmente por conseguir a estabilidade do proxecto, pois non é permisible que o usuario que fixo a imaxe pretenda rectificar a licenza, fundamentalmente restrinxir os dereitos de uso.
Pero esta imaxe non presenta ese problema. Esta imaxe é unha obra derivada e, como tódalas obras derivadas, debe manter a licenza do orixinal. A isto hai que engadir que os logos de Wikimedia non están no dominio público, polo que o autor da obra derivada non pode restrinxir máis o uso da imaxe, nin sequera pode usala particularmente.
Ademais, a imaxe só ten finalidade de empregarse durante un tempo moi limitado.--Lmbuga Commons - Galipedia 14:15, 12 marzo 2008 (UTC)
Manter Pareciame loxico e co que di Lmbuga xa non teño dubida pa votar ElviraConversa con mi 14:29, 12 marzo 2008 (UTC) Por demais pareceme ben de gardar a imaxe pa historia da Galipedia. ElviraConversa con mi 14:32, 12 marzo 2008 (UTC)
Comentario. E onde consta que o deseñador que fixo a obra derivada ten coñecemento desto? Na caixa de información consta que o deseñador a cedeu ao dominio público non que faga unha obra derivada que vai ter o copyright de wikimedia. O autor da obra derivada debe dar consentemento expreso e directo de que coñece que o feito por el vaia a estar neste caso no copyright de wikipedia. Con respecto a que a imaxe vaia a ter pouco uso discordo xa que está en wikipedia:Actualidade e ten visos de permanencia. Creo que a permanencia desta imaxe vai a dar lugar a equívocos nos usuarios, xa que representa unha imaxe (obra derivada) realizada por un terceiro descoñecido que da o seu consentemento verbal a un usuario da galipedia que é o que sube o traballo que non é seu. Non vexo a diferenza que sinala Lmbuga con respecto ao consentemento e orixe. Concordo nas limitacións do uso e a obriga de manter a licenza pero non que ten que ver eso con que a forma en que se subiu a imaxe non sexa válida. Lansbricae (Ti dirás) 15:05, 12 marzo 2008 (UTC)
Comentario A ver si falamos das mismas cousas ? Unha obra derivada non quita os direitos da obra orixinal. Niste caso a obra orixinal e propriedade wiki, non esta no dominio publico e o que quer fager obra derivada ten que pedir permiso a wiki. Agora tal como se redactou, con elegancia a caixa de informacion pois estaria mal que un representante da wikimedia fose fagerlle lio a perona que tuvo a amabilidade de arranxaros o logo dos 5 anos, xa que esa persoa non colleu a responsabilidade de subila. A proposta de borro leva como razon : RAZÓN -- Imaxe dun terceiro cedida sen seguir o procedemento necesario.. Pa mín esta claro no que di Lmbuga e expreseino co voto : a imaxe do logo dos 5 anos non é unha imaxe dun terceiro nin obra orixinal nin obra derivada, e efectivamente seria ridiculo irlle pedir a alguén direitos que non ten.ElviraConversa con mi 17:07, 12 marzo 2008 (UTC)
- Elvire non entendo que dis, logo se non é unha obra orixinal nin obra derivada que é unha entelequia? É unha obra derivada con copyright da wikipedia feita por un terceiro. Toda imaxe subida por alguén que non sexa o propio autor dos cambios neste caso por ser obra derivada, debe seguir o procedemento indicado por wikimedia OTRS para que quede a constancia expresa de que o autor da obra derivada coñece as consecuencias da cesión do seu traballo e deste xeito dar maior estabilidade ao proxecto como ben di Lmbuga, evitando consentementos viciados (sen o coñecemento de causa suficiente para consentir). OTRS funciona tanto para obras no Dominio Público como para Obras Derivadas, e non só co fin de que o que fixo a obra derivada quixese mudar ou limitar a licenza máis adiante, senón para o fin principal de garantir que quen cede unha imaxe propia ou o traballo feito xerando unha obra derivada coñeza que non cabe marcha atrás e quede constancia expresa de que entende e acepta as condicións establecidas por wikimedia. É evidente que esta imaxe non podería estar en Commons tal e como foi subida aquí polo que creo que tampouco debería poder permanecer aquí. Concordo en que é ridículo irlle pedir dereitos a alguén que non os ten pero non sei que significado ten en todo este tema. Lansbricae (Ti dirás) 17:29, 12 marzo 2008 (UTC)
- Lansbricae tu entendes que debese borrar por que é obra derivada dun terceiro que ten direitos. Eu entendo que é obra derivada da Galipedia e que ningun terceiro ten direitos nela, non vexo como identificar niste caso a obra derivada dun terceiro con direitos proprios. A unica razon que me gusta que non se borre é pa que queda no historial da Galipedia.ElviraConversa con mi 17:45, 12 marzo 2008 (UTC) Engado que o que me parece importante é que o logo wiki non esta no dominio publico e que eu sepa wikimedia non lle deu direitos a ninguen pa fager unha obra deribada.ElviraConversa con mi 17:53, 12 marzo 2008 (UTC)
O mesmo para:
-
- Imaxes escaneadas segundo os datos que constan nelas. Polo tanto imaxes sen orixe e con posible copyright (a etiqueta sen orixe non pode ser borrada ata que se aclare).
- Imaxe en español. Ó meu parecer non procede.--Lmbuga Commons - Galipedia 23:57, 15 abril 2008 (UTC)
Borrar--Lmbuga Commons - Galipedia 23:59, 15 abril 2008 (UTC)
Borrar polos motivos expostos ElviraConversa con mi 10:44, 16 abril 2008 (UTC)
Comentario Se Lmbuga considera que estas imaxes poden infrinxir algún copyright, fóra con elas, ¡que remedio! Pero que conste que están concienzudamente recortadas para eliminar calquera identificación coa empresa, co produto ou cousa similar. Non son textos de autor, non reflicten a ficha técnica de ningún produto (que sí podería considerarse rexistrado) e ... o feito de que estean en castelán non me parece relevante. Pero, dito todo isto, reitero que acepto, non sen certa pena, o criterio de Lmbuga. Por certo, que polas mesmas razóns habería que borrar a Imaxe:Ameixa chilena en conserva.jpg (tamén miña), que casualmente forma parte do artigo destacado deste mes ameixa, molusco. Pedro --Lameiro (conversa) 21:34, 16 abril 2008 (UTC)
Comentario Vou proceder a crear unhas novas en galego--Lmbuga Commons - Galipedia 10:28, 20 abril 2008 (UTC) Xa hai 2 feitas: Imaxe:Cocido galego etiqueta.jpg e Imaxe:Etiqueta bolo recheo.jpg--Lmbuga Commons - Galipedia 16:56, 20 abril 2008 (UTC)
Borrar Exceptuando as imaxes de Lmbuga ... pois en vista da inutilidade des primeiras imaxes, sobran comentarios Basilio 18:15, 8 maio 2008 (UTC)
Como a imaxe está tomada na vía pública en Biarritz, Francia, e en Francia non hai liberdade total de panorama, a imaxe non se pode manter. :( :( --Xabier Cid Conversa 14:05, 28 maio 2008 (UTC)
Borrar --Xabier Cid Conversa 14:07, 28 maio 2008 (UTC)
Borrar Por desgraza non está permitida pola lei francesa a publicación deste tipo de fotografías. Así que sentíndoo moito hai que borrar. AlberteSi, digame? 13:48, 5 xuño 2008 (UTC)
Comentario Se a imaxe non cumpre coas políticas da Wikipedia tocante ás imaxes debe borrarse sen someterse a votación, entre outros motivos porque se a votación tivese un resultado contrario á devandita política non tería valor. Polo tanto esta votación é redundante, tería sentido se houbera dúbidas sobre a lexislación do país. Quero engadir que as directrices sobre Liberdade de panorama están explicadas en Commons e a nós non nos queda outra que seguila queiramolo ou non, por iso mesmo cando os administradores de Commons atopen a copia da imaxe que se cargou alí despois de falar aquí do tema tamén acabarán borrandoa. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:22, 5 xuño 2008 (UTC)
[editar] Instrucións para propoñer o borrado dunha imaxe
- Para engadir a imaxe á lista de imaxes para borrar sigue os seguintes pasos:
- Edita a imaxe que queres borrar, insire {{Borrar imaxe}} na parte superior da páxina, e logo garda a páxina.
- Sigue a ligazón "entrada desta páxina" (aparece co modelo) ata Wikipedia:Imaxes para borrar/Nome_da_imaxe e pon un enlace arriba á páxina que se propón borrar incluído na subsección como se ve a continuación:
- ===[[Nome_da_imaxe]]===
- Nesa sección, describe, de acordo coas nosas políticas e normas sobre borrar, porque a páxina debe borrarse. Non esquezas asinar e poñer a data (usando ~~~~).
- Garda a páxina.
- Regresa a esta páxina e copia o seguinte texto:
- {{Wikipedia:Imaxes para borrar/Nome_da_imaxe}}
- Edita esta páxina, usando esta ligazón de edición, ou o botón que hai na parte superior desta páxina, ou o enlace "[editar]" ao lado dereito de cada cabeceira coa data, pero nunca a ligazón "[editar]" xunto a entrada doutro usuario (esas cabeceiras proceden dun modelo, polo tanto se o fai así estará editando no lugar equivocado); pega o texto copiado a continuación da última entrada {{Wikipedia...}}.
- Non esquezas substituír Nome_da_imaxe co nome da imaxe que propós borrar.
- Como cortesía, usa [[Nome_da_imaxe]] como cabeceira da páxina de edición, así os usuarios poderán ir directamente á páxina sen ter que cargar toda a lista de votacións para borrar.
- Garda a páxina.
|