|
|
Wikipedia:Elección de administradoresPara ser administrador é necesario que a comunidade che coñeza e confíe no teu bo facer, polo que se esixirá que os candidatos sexan avaliados caso a caso segundo as súas contribucións e o tempo que leven na Galipedia.
[editar] Requisitos para ser presentado á administración
[editar] Presentación de candidaturasNon se poderán presentar candidaturas nos meses de xullo e de agosto, nin nas vacacións de Nadal e Semana Santa por ser etapas en que moitos usuarios non están activos. A elaboración da proposta realizarase en Wikipedia:Votacións á administración, pero ademais o feito deberase notificar en Wikipedia:A Taberna (propostas). Se algún usuario ten fundadas sospeitas respecto da verdadeira identidade do candidato poderá solicitar a un checkuser que revise IP e contas de usuario creadas. En caso de que se encontre máis dunha conta darase a coñecer o feito na páxina de votación. [editar] Valoración de candidaturasAs candidaturas presentadas serán valoradas pola comunidade en atención ó traballo global realizado polo candidato en Wikipedia incluíndo artigos, páxinas de enciclopedia, atención a outros usuarios, labores de mantemento, mediación, discusión de políticas, etcétera. Consideraranse válidos os votos asinados e emitidos por usuarios rexistrados, exceptuando o voto do candidato, que cumpran os mesmos requisitos esixidos en Wikipedia:Votacións no momento en que na Galipedia haxa un “checkuser”. Mentres non haxa un “checkuser”, serán precisos 4 meses de antigüidade e 700 edicións. Recoméndase xustificar os votos en contra. Calquera modificación na páxina de votación realizada de forma anónima será revertida. Se algún usuario emite máis dun voto coa mesma ou distinta conta contarase un só, cando non sexan contraditorios. Calquera usuario poderá alterar o sentido do seu voto en calquera momento. A decisión sobre a aceptación ou rexeitamento da candidatura adoptarase transcorridos quince días dende a súa presentación. Os días dos meses de xullo, agosto, vacacións de Nadal e Semana Santa non serán computados. Entenderase que o candidato foi aceptado se conseguiu un 75% de votos a favor. As decisións favorables poderán ser executadas de inmediato por calquera administrador, quen procederá a informar ó candidato e incluirá o seu nome na lista de administradores. Se transcorrido o prazo non se logrou un consenso suficiente, desestimarase a candidatura. Finalizada a votación nun sentido ou outro, a votación será arquivada. [editar] Revogación dos permisos de administradorUn burócrata solicitará en wikimedia a baixa dun administrador automaticamente, logo de seren seguidos os procedementos indicados. [editar] ProcedementosO procedemento consta de dous pasos: a petición e a votación. Para pedir que se considere a revogación de privilexios, tres usuarios débeno solicitar en Wikipedia:Votacións á administración. Para poder participar na solicitude hai que ter unha antigüidade de 4 meses e un número mínimo de 700 edicións. Feita a petición, ao día seguinte abrirase unha votación en "Wikipedia:Votacións á administración", que se deberá publicar en Wikipedia:A Taberna (propostas) e da que haberá que notificar ao administrador cuestionado. A votación durará 15 días e o resultado determinarase por maioría simple. Tanto se a petición é rexeitada como aceptada, arquivarase; se é aceptada, un burócrata retiraralle os privilexios. Un administrador cuxos privilexios fosen revogados desta maneira non poderá ser proposto de novo até transcorrido un ano. Un administrador cuxa actuación fose aprobada por un 75% dos votos non poderá ser proposto de novo no prazo de un ano. [editar] Motivos posibles
|