Caixa de ferramentas |
Wikipedia:Como engadir imaxes
Con «Examinar» (ou Browse) atopa o ficheiro que queres cargar no servidor dende o disco ríxido do teu ordenador. Isto abrirá un cadro de diálogo de «Seleccionar ficheiro» (ou Choose File). Cando atopes o ficheiro, selecciona «Abrir» (ou Open) co que se seleccionará o ficheiro e se pechará o cadro de diálogo de «Seleccionar ficheiro». Preme o botón «Subir un ficheiro». O ficheiro comezará a transferirse. Isto pode levar algún tempo, dependendo do tamaño do ficheiro e da velocidade de conexión. Cando a transferencia se complete con éxito, aparecerá unha mensaxe notificándoo. Non esquezas o seguinte:
[editar] Subir imaxes a CommonsPara subir imaxes a Commons o procedemento é exactamente igual que o explicado anteriormente. A única diferenza é que aló úsase o inglés. Polo tanto no canto de «Subir un ficheiro» terás que pulsar «Upload file», polo demáis todo é igual. Tes á túa disposición moitos modelos (templates) para indicar a licenza da imaxe. Debes consultalas e velas antes de subir imaxes. A principal vantaxe de subir imaxes a Commons é que poden ser usadas por todos os proxectos de Wikimedia sen ter que subilas a cada un dos proxectos. [editar] Como ligar a imaxe dende o documento na GalipediaDende a páxina correspondente, crear a seguinte ligazón: [[Imaxe:«Nome_do_ficheiro»|Texto alternativo]] Podes facelo co botón http://gl.wikipedia.org/style/images/button_image.png que aparece na barra de botóns que está enriba da caixa de edición (aínda que é posible que non apareza no teu navegador). Selecciona o nome do ficheiro e o texto alternativo —separados por unha barra |— e preme no botón. Escribirá [[Imaxe por diante e ]] por detrás. «Nome_do_ficheiro» é o nome que ten a imaxe incluíndo a súa extensión que se usa para indicar o formato da imaxe agregada (.jpg, .png, etc.). Non uses o formato .gif; podes substituílo polo .png ou polo .svg. (le isto). O «texto alternativo» debera conter unha breve descrición da imaxe. Este texto preséntase nun texto flotante ou se a imaxe non se carga. É tamén importante para as persoas cegas que usan lectores de pantalla. Soamente falta refrescar a páxina correspondente para comprobar a ligazón. [editar] Opcións de presentaciónA anterior sintaxe é a básica para mostrar unha imaxe tal cual nun artigo. A seguinte sintaxe dá máis posibilidades e é compatible coa anterior: [[Imaxe:''<<Nome_do_ficheiro>>''|''opcións''|Texto alternativo]] As opcións dispoñibles son:
As barras verticais «|» empréganse para separar as opcións entre si, e entre a derradeira e o texto alternativo. Nas opcións descoñecidas pásanse por alto e a derradeira opción emprégase sempre como texto alternativo. Exemplo dunha imaxe sen texto no pé: [[Imaxe:Loch lochy.jpg|right|]] A derradeira barra vertical asegura que o texto alternativo sexa "Loch lochy.jpg" e non right. As opcións pódense combinar, por exemplo: [[Imaxe:Loch lochy.jpg|left|80px|Lago Lochy en Escocia]] (80 px de ancho, á esquerda) ou [[Imaxe:Loch lochy.jpg|thumb|80px|Lago Lochy en Escocia]] (80 px de ancho, miniatura, mostrada á dereita). [editar] Cancelar o modo «texto ao redor da imaxe»Despois de pór un texto a un lado ou outro dunha imaxe, para pór novo texto por debaixo, usando de novo todo o ancho dispoñible, hai que escribir antes <br style="clear:both;">. [editar] Cargar unha nova versión da imaxePara substituír unha imaxe cargada previamente, por actualización da mesma ou do artigo, basta con cargar unha imaxe que teña o mesmo nome. Nestes casos por cuestións técnicas relacionadas co teu navegador (a memoria caché) pode que non vexas a nova versión da imaxe de inmediato. [editar] Tamaño dos ficheirosRecóllense varios consellos en «Como facer que as imaxes pesen pouco».
|