Caixa de ferramentasOutras linguas
|
Wikipedia:Canle de IRC
Esta páxina intenta explicar como podes conectarte á canle de IRC da Wikipedia en galego para poder participar máis activamente na Wikipedia e que outros wikipedistas poidan solucionarche os problemas que poidas atopar.
[editar] Sobre IRCChámaselle IRC (Internet Relay Chat) a unha rede de comunicación en tempo real na que podes falar cun grupo de usuarios ao mesmo tempo. Estes grupos de usuarios están conectados a unha das redes de IRC. A rede freenode [1] inclúe grupos de usuarios e canles que tratan sobre proxectos de software libre. Os grupos de usuarios concéntranse en canles; estas sempre levan o signo # diante do nome da canle. Por exemplo, a nosa canle chámase #fffff1dia-gl e está dentro da rede freenode cuxa dirección é irc.freenode.net. Se usas o navegador Firefox tamén podes descargar a extensión (addon) Chatzilla para usar o IRC dende o teu navegador. [editar] Obter un cliente IRCPara poder participar nunha canle de IRC o primeiro que necesitas é un cliente IRC, que simplemente é un programa co cal conectarse a unha destas redes. Hai moitos clientes, algúns máis complicados de utilizar que outros pero con máis características. Os máis interesantes son X-Chat, Pidgin, e mirC - IRcap, todos libres, moi sinxelos de usar e con versións para os sistemas operativos máis comúns. [editar] Rexistrar o teu nome e identificarteSe te conectas habitualmente á rede, deberías rexistrar o teu nome de usuario do mesmo xeito que o fas na Wikipedia para que os demais usuarios poidan identificarte e ninguén poida usurpar a túa personalidade. Ademais, isto permitirache enviar mensaxes privadas a outros usuarios, que segundo a configuración de freenode, están deshabilitados para usuarios non rexistrados. Existen canles na que é un requisito estar rexistrado para poder falar, pero ese non é o noso caso. [editar] ComandosPodes empregar estes comandos para cambiar de nick, rexistralo, identificarte ou recuperalo. Lémbrate de facelo sempre na ventá que pon "irc.freenode.net" e non na do canle, para que outros usuarios non podan ver a túa contraseña.
Serve para cambiar de nick. Substitúe os **** polo nick que queiras.
Cando teñas posto o teu nick, escribe este comando para rexistralo, poñendo a contraseña que queiras en vez de ****. Só fai falla rexistrar o nick a primeira vez que te conectes. O contrasinal que empreges debería ser diferente ao que utilizas na Wikipedia porque poderías escribir por erro o contrasinal na canle e poderíano ler todos os usuarios, aínda que non é habitual porque a maioría dos clientes permiten identificarte automaticamente.
Cada vez que entres no chat podes identificar o teu nick con este comando. Non é obrigatorio, mais si recomendable.
Serve para cambiar de contraseña. Substitúe os **** pola nova contraseña que queiras poñer. [editar] Que son eses caracteres raros que vexo? (problemas con UTF-8)No IRC utilizamos a codificación UTF-8 para charlar (a mesma que utiliza a Wikipedia). Na actualidade, a maioría dos clientes poden interpretar correctamente a codificación UTF-8, así que se ves caracteres estraños é moi probable que o teu cliente estea desactualizado ou mal configurado. Para solucionar iso hai moitos parches ou o teu mesmo podes configuralo. [editar] Usuarios do IRCSe es un usuario habitual do canle IRC da Galipedia podes engadir na túa páxina o marcador {{Usuario IRC|nome}} para que o resto dos usuarios poidan identificarte coma tal.
[editar] A canle #fffff1dia-gl e a wikipediaA canle #fffff1dia-gl en freenode é un lugar non oficial no que os colaboradores conversan mediante IRC. No que fai respecto á súa relación coa Wikipedia, o IRC é o equivalente a unha mensaxe por correo electrónico ou a parolar nun bar: son conversas privadas que, normalmente, non teñen influencia sobre como se debe desenvolver a Galipedia. Algúns usuarios conéctanse mentres traballan na Galipedia e observan as discusións de cando en vez para ver de que se está a falar ou para participar. Algúns programas alertan cando se produce actividade na canle para que os colaboradores non perdan nada. Frecuentemente, os usuarios acoden a #fffff1dia-gl para realizar consultas rápidas ou para chamar a atención dos demais sobre algo en particular. Para debates oficiais, o lugar apropiado é A Taberna. |
|||||||||||
| kreatyna kreatyna www.activebody.pl | Gry Online Gry Online www.pozycjonarka.in… | Plaza 3 star hotel Los Angeles www.triptake.com | krynica noclegi krynica noclegi,ośrodek, wypoczynk… gornik.com.pl | Kredyty odnawialne Kredyty odnawialne www.eskarbiec.pl |