Wikipedia:Benvidos

Atallo:
WP:BV

RECIBA A NOSA BENVIDA Á GALIPEDIA!

A Wikipedia é unha enciclopedia en continua actualización, escrita grazas á colaboración dos seus lectores. Este sitio web é un wiki, iso significa que calquera, incluído vostede, pode converterse en editor, e mellorar ou crear calquera artigo.

Índice

[editar] Navegando pola Wikipedia

Artigo principal: Wikipedia:Procura.

A Wikipedia contén unha enorme cantidade de información sobre os máis variados asuntos. Para explorar un asunto pode seguir as categorías. Para iso, vaia á Portada e, desde alí, comece a navegación. Tamén pode buscar textos nos artigos ou nos títulos das páxinas. Para iso, pode usar a caixa de busca que hai á esquerda e escribir na mesma o texto da procura. Cando o servidor estea saturado, a opción de busca pode estar deshabilitada; neses casos será redirixido ao formulario de busca do Google, que procura na base de datos da Wikipedia. Ademais, hai algúns outros modos alternativos de buscar na Wikipedia.

Se vostede le algo que realmente lle gusta, por que non deixa un apuntamento na páxina de conversa dese artigo?

  1. Primeiro, seleccione a ligazón conversa (nas lapelas de enriba) para ir á páxina de conversa.
  2. Logo, seleccione editar, ou prema no "+", segundo desexe editar a páxina ou engadir un novo comentario.

Sempre nos gusta recibir opinións. Se observa algún erro pode seguir o mesmo procedemento, comentándoo na páxina de conversa, especialmente se intúe que poida ser un asunto controvertido.

[editar] Editando

Calquera pode editar calquera das páxinas da Wikipedia (incluso esta mesma páxina!). Prema no vínculo editar, presente na parte superior da páxina, se pensa que o artigo precisa dalgunha mellora ou se quere incluír nova información; agás aquelas páxinas que estean protexidas ou sexa especiais, o resto pódeas editar ser problema. Para realizar esta acción, non necesita ningunha atribución en especial, nin sequera estar rexistrado, aínda que sería preferible que o estivese.

Se quere experimentar primeiro, sen riscos de cometer erros, pode usar a Zona de probas, onde pode practicar os efectos da edición. Para comprobar o resultado da edición dunha páxina como esta, copie e pegue desde o modo de edición do artigo dentro da caixa de edición de Zona de probas, logo, cando estea seguro dos resultados, xa pode facer unha edición real.

Un modo sinxelo de comezar axudando é usar a Wikipedia como se fose unha enciclopedia normal: cando atope un problema (como pode ser un erro na escritura dunha palabra, ou un parágrafo pouco claro) prema en editar e corríxao.

[editar] Políticas e normas

Artigo principal: Wikipedia:Política e normas.

Temos unhas cantas políticas e normas que debe seguir. Os tres principios máis importantes son o NPOV, a licenza GPDL e o respecto:

[editar] Punto de vista neutral

A Wikipedia debe estar redactada cun Punto de vista neutral (ou NPOV) o que quere dicir que os artigos non poden tomar partido, e deben presentar feitos, e non opinións. No caso de que haxa opinións diverxentes sobre o contido, debe deixarse constancia de tal feito. Tampouco sería neutral que existisen múltiples artigos contraditorios sobre o mesmo tema.

[editar] Licenza libre

Artigo principal: Wikipedia:Verificabilidade.

Tódalas contribucións á Wikipedia son realizadas baixo a licenza Licenza de Documentación Libre GNU (GFDL). Isto asegura que os contidos da Wikipedia poden distribuírse libremente para sempre. Por favor, non publique ningún contido que teña copyright sen permiso do propietario deste. Ademais, a Wikipedia non é unha fonte primaria, polo que os seus contidos deben ser verificables.

[editar] Respecto

Artigo principal: Wikipedia:Normas de conduta.

O respecto é moi importante na Wikipedia; non pode funcionar sen as regras de respecto mutuo e a cortesía practicadas por todos. Por favor, asuma unha postura de boa fe cando discorde con outro usuario, permaneza tranquilo e discuta as cousas civilizadamente. É unha boa práctica proporcionar un resumo (na caixa resumo que está embaixo da caixa de edición) ao corrixir unha páxina, que explique os cambios e axude a aceptar a necesidade deses cambios. Se atopa que a súa edición é retirada ou modificada, comprobe o historial da páxina, a súa páxina de conversa, ou a páxina de conversa do artigo para saber se hai razóns que o xustifiquen.

[editar] Non se desacougue

Se, por algún motivo, se ve metido en conflitos nas súas primeiras incursións, por favor, non abandone. En calquera proxecto de colaboración hai un proceso de aprendizaxe. Utilice o material de axuda que hai neste wiki para resolver os problemas e para aprender a ser un colaborador activo e produtivo. Se hai algunha cousa que non entende, pode comentalo na zona de conversa da comunidade, a sección "axuda" da Taberna. Alí pode deixar unha mensaxe e de seguro que alguén quere axudarlle a resolver todas as dúbidas ou problemas que teña. Divírtase editando!

[editar] É preciso rexistrarse?

Artigo principal: Wikipedia:Como rexistrarse.

Non é preciso, non obstante existen vantaxes para vostede e para a comunidade se se rexistra:

  1. O seu nome constará na lista de wikipedistas, así como a súa páxina de usuario.
  2. A comunidade poderá saber quen é vostede, facilitando tamén a tarefa dos administradores, que verifican constantemente se están ocorrendo actos de vandalismo.
  3. Se está rexistrado, poderá modificar as súas preferencias de usuario.
  4. Poderá participar en votacións e todo tipo de decisións que se tomen no wiki, e a súa opinión contará en todos eses casos.
  5. As súas contribucións poderán verse nas páxinas de estatísticas.
  6. Se algún usuario lle deixa unha mensaxe, o sistema wiki avisarao e permitiralle acceder directamente ao comentario.

A súa identidade real queda sempre salvagardada. Para rexistrarse só ten que elixir un alcume e mais un contrasinal. Pode, se o desexa, indicar o seu correo electrónico (é optativo), aínda que é conveniente, xa que se esquece o contrasinal, poderáselle enviar outro. Para rexistrarse só ten que acceder ao formulario de rexistro. Lembre crear a súa páxina de usuario e entrar acceder ao sistema cada vez que modifique algunha páxina.


wymiana linkami SEO Tools SEO Tools SEO Tools wymiana linkami tanie kredyty gotówkowe kreatyna Plaza 3 star hotel Los Angeles krynica noclegi Sejm Tyk