Caixa de ferramentasOutras linguas
|
Unión Europea
A Unión Europea é unha organización internacional constituída actualmente por 27 Estados-Membros. Moitos dos seus obxectivos herdáronse da CEE, en vigor dende a década de 1950, porén esta comunidade non adoptou o nome de UE até 1992 durante o Tratado da Unión Europea (normalmente coñecido como Tratado de Maastricht). A tres sedes principais da UE atópanse en Bruxelas, Luxemburgo e Estrasburgo. A Unión Europea ten moitas actividades, entre as que destacan a creación dun mercado europeo único (ou sexa unha unión aduaneira), dunha moeda única (adoptada por 12 dos 25 Estados membros) e dunha política agrícola, pesqueira, comercial e de transportes común. A Unión Europea desenvolve tamén varias iniciativas para a coordenación das actividades xudiciais e de defensa dos Estados Membros, así como trata de equiparar o desenvolvemento das diversas rexións mediante compensacións económicas, e de fortalecer a propia unión creando vínculos culturais e de cooperación por medio de programas específicos de mantemento de proxectos a escala europea e intercambio de persoas. O Tratado de París (1951), establecendo a Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA), e o Tratado de Roma (1957), instituíndo a Comunidade Económica Europea e a Comunidade Europea da Enerxía Atómica ou Euratom, foron asinados por seis membros fundadores: Bélxica, Holanda e Luxemburgo acordaran anteriormente formar o chamado Benelux. Despois disto, a UE realizou seis ampliacións sucesivas: en 1973 Dinamarca, Irlanda e Reino Unido; en 1981 Grecia; en 1986 España e Portugal; en 1995 Austria, Finlandia e Suecia; o 1 de maio de 2004, República Checa, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Malta e Polonia, o 1 de xaneiro de 2007, Bulgaria e Romanía. En 1972 e 1994, Noruega asinou tamén tratados de adhesión á Unión Europea. Porén e sempre a través de referendos, a poboación noruega rexeitou a adhesión do seu país. Croacia, Macedonia e Turquía son candidatos a adhesión á UE. As negociacións con Turquía, Croacia e Macedonia aínda non se iniciaron formalmente e por tanto aínda non hai unha data definida para a súa incorporación. [editar] HistoriaO século XX estivo traxicamente marcado pola ascensión e posteriormente a caída das ideoloxías totalitarias. A principios do século XXI. Como calquera historia, a da Unión Europea tivo os seus momentos fortes e as súas datas simbólicas. Sete delas merecen ser lembradas, xa que contribuíron á construción da Europa na que vivimos e son igualmente esenciais para o futuro do noso continente. [editar] 9 de maio de 1950: naceu EuropaNa Primavera de 1950, Europa atópase á beira do abismo. A Guerra Fría fai pesar a ameaza dun conflito entre as partes do Leste e Oeste do continente. Cinco anos despois da fin da Segunda Guerra Mundial, os antigos adversarios de ambas beiras están lonxe da reconciliación. ¿Como evitar repetir os erros do pasado e crear condicións para unha paz duradeira entre inimigos tan recentes? O problema troncal era a relación entre Francia e Alemaña. É preciso crear unha relación forte entre estes dous países e reunir no seu torno todos os países libres de Europa co fin de construír conxuntamente unha comunidade cun destino común. Porén, cando e como comezar? Jean Monnet, coa súa experiencia única como negociador e construtor da paz, propón ao Ministro de Asuntos Exteriores francés, Robert Schuman, e ao Chanceler alemán [[Konrad Adenauer] centrar as súas políticas nun interese común entre ambos países: a xestión, sobre o control dunha autoridade independente do mercado do carbón e do aceiro. A proposta é formulada oficialmente o 9 de maio de 1950 por Francia e recibe unha fervorosa acollida en Alemaña, Italia, Países Baixos, Bélxica e Luxemburgo. O Tratado que constituiu a primeira Comunidade Europea, a Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA), será asinado en abril de 1951, abrindo as portas das realizacións concretas a Europa. Seguiron outras realizacións, ata chegar á Unión Europea actual, que se está abríndo ao leste dun continente do que estivo demasiado tempo separada. [editar] 25 de marzo de 1957: a Comunidade Económica EuropeaO plan Schuman tiña dado orixe a unha Comunidade especializada en dous dominios decisivos, mais limitados: o carbón e o aceiro. Baixo a presión da Guerra Fría, leváronse a cabo diversas medidas nos dominios da defensa e da unión política para as que a opinión pública non estaba aínda preparada. Os seis Estados-membros da CECA escolleron portanto unha nova área de integración no dominio económico: a creación dun mercado único. O Tratado de Roma de 25 de marzo de 1957, que institui a Comunidade Económica Europea (CEE), crea instrucións e mecanismos de toma de decisión que permiten dar expresión tanto aos intereses nacionais como a unha visión comunitaria. A Comunidade Europea constitui daí en diante o eixo principal en torno do cal vaise organizar a construción europea. De 1958 a 1970, a abolición dos direitos aduaneiros ten repercusións espectaculares: o comercio intracomunitario é multiplicado por seis, ao paso que os intercambios comerciais da CEE co resto do mundo son multiplicados por tres. No mesmo período, o produto nacional bruto medio da CEE aumenta un 70%. Seguindo o patrón dos grandes mercados continentais, como o dos Estados Unidos da América, os axentes económicos europeos saben tirar proveito da dinamización resultante da abertura das fronteiras. Os consumidores habitúanse a que lles sexa proposta unha gama cada vez máis variada de produtos importados. A dimensión europea tórnase unha realidade. En 1986, a sinatura da Acta Única permitirá abolir as outras restriccións, de orde regulamentar e fiscal, que atrasaban aínda a creación dun mercado interno xenuíno, totalmente unificado. [editar] 20 de xullo de 1963: Iaundé, os indicios dun papel internacionalCos seus destinos a unirense no continente, os Estados fundadores da Comunidade Europea asinan cas suas antigas colonias africanas, en 1963, unha convención que garante a estas últimas certas ventaxas comerciais e axudas financeiras. A Convención de Lomé, que se seguiu á de Iaundé, aplícase actualmente a 70 países de África, do Caribe e do Pacífico, tornándose a Unión Europea a maior fonte de axuda pública ao desenvolvemento. A cooperación estendeuse igualmente, sobre outras formas, á maior parte dos países de Ásia e de América Latina. O 28 de novembro de 1995, os 15 países da Unión Europea e 12 países do sur do Mediterráneo estabelecen unha parcela que deberá conducir á criación dunha zona de comercio libre, combinada con acordos de cooperación nos dominios social, cultural e humano. No século XXI espérase á afirmación da Europa como potencia de paz, dende que a Unión promova a estabilidade e o desenvolvemento nos grandes grupos rexionais que a envolven. Grazas ao papel que desempeña nos intercambios comerciais mundiais e ao seu peso económico, a Unión é xa un participante respeitado nas grandes instancias internacionais, tais como a Organización Mundial de Comercio ou a ONU. Progresivamente, a Unión apoiase no seu potencial económico para desenvolver a súa influencia política e afirmarse cunha soa voz. O Tratado da Unión Europea, de 1992, fixa o obxectivo e as modalidades dunha Política Externa e de Seguridade Común (PESC), que inclúe, a prazo fixo, a definición dunha política de defensa común. Mais os europeos deberán aínda facer numerosos esforzos para harmonizar a súa diplomacia e a sua política de seguridade. É ese o prezo, que presupón umha vontade política real dos Estados-membros, para que a Unión poda defender os seus intereses e contribuir á creación dun mundo de paz e de xustiza. [editar] 1 de xaneiro de 1973: primeiro alargamento da Comunidade EuropeaA Unión Europea atópase aberta a todos os países europeos que a ela pretenden adherirse e que respeiten os compromisos asumidos nos Tratados da fundación e subscreban os mesmos obxectivos fundamentais. Existen dúas condicións que determinan a aceitación dunha candidatura á adhesión: a localización no continente europeo e a práctica de todos os procedimentos democráticos que caracterizan ó Estado de direito. Así, Dinamarca, Irlanda e o Reino Unido adhírense á Comunidade o 1 de xaneiro de 1973. A estas adhesións seguiulle un alargamento ao Sur do continente, durante os anos 80, con Grecia, España e Portugal, tras a súa afirmación democrática. A terceira onda de adhesións, que tivo lugar en 1995, traduce a vontade dos países da Europa escandinava e central de se xuntar a unha Unión que ten vindo a consolidar o seu mercado interno e se afirma como o único pólo de estabilidade no continente, ademais do desagregamento do bloque soviético. De seis a nove, de doce a quince membros, a Europa comunitaria vai gañando influencia e prestixio. Debe manter un modo de decisión eficaz, capaz de xestionar o interese común en proveito de todos os seus membros, preservando simultaneamente as identidades e as especificidades nacionais e rexionais que constitúen a súa riqueza. O maior desafío para o que se preparan actualmente os europeos consiste en acoller ós xa adheridos países da Europa central, balcánica, mediterránea e báltica. Cómo atopar os recursos necesarios que lles permitan atingir o nivel económico e estrutural dos países da UE no máis breve prazo? Cómo adaptar as institucións para que istas podan continuar a cumprir as súas misións en beneficio dunha Unión de máis de 25 Estados-membros? Estas son as misións históricas que agardan no futuro ós Estados da Unión. [editar] 7-10 de xuño de 1979: primeiras eleccións direitas do Parlamento Europeo por sufraxio universalO Parlamento Europeo desempeña un papel fundamental no equilibrio institucional da Comunidade: representa os pobos de Europa e caracteriza a natureza democrática do proxecto europeo. Dende a súa creación, dotado de poderes de control do ramo executivo, o Parlamento Europeo dispón igualmente de poder lexislativo, sobre a forma de un direito de ser consultado sobre os principais textos comunitarios, poder que se foi ampliando progresivamente para se transformar nun verdadeiro direito de co-decisión lexislativa. O Parlamento partilla, ademais diso, co Consello da Unión Europea o poder orzamental. Cómo son designados os deputados europeos? Ata 1979, os membros do Parlamento Europeo eran membros dos parlamentos nacionais, que os nomeaban para representalos en Estrasburgo. A partir de 1979, pasaron a ser eleitos por sufraxio universal direito en cada un dos países da Unión, por mandatos de cinco anos. Os cidadáns escollen así os deputados que terán asento, non en delegacións nacionais, mais en grupos parlamentarios transnacionais, representativos das grandes correntes de pensamento político existentes no continente. A ambición de crear entre os Estados-membros unha relación especial, que lles permita xestionar os seus intereses e os seus diferendos segundo as mesmas regras de direito e os mesmos procedimentos de arbitraxe que unen ós cidadáns dun Estado democrático, é totalmente revolucionaria na práctica das relacións internacionais. "Nós non ligamos Estados, nós unimos ás persoas", escribía Jean Monnet. De este xeito, as institucións europeas, articulando e conciliando permanentemente os intereses dos cidadáns en canto tais, deben ser fortes e equilibradas. A dialéctica subtil que funciona dende hai preto de cinquenta anos entre o Consello da Unión Europea, o Parlamento Europeo, a Comisión Europea e o Tribunal de Xustiza da Unión Europea, representa indubitabelmente unha adquisición fundamental da construción europea, sendo a chave do seu éxito. [editar] 17 de Febreiro de 1986: sinatura do Acto Único EuropeoO obxectivo do Tratado de Roma de crear un mercado común foi parcialmente realizado nos anos sesenta, grazas á supresión dos direitos aduaneiros internos e das restriccións cantitativas ós tratos comerciais. Mais os autores do Tratado subestimaron todo un conxunto de outros obstáculos ós acordos comerciais, obstáculos sofisticados e camuflados sobre a forma de regulamentacións diversas, que constituían barreiras frecuentemente intranspasabeis. A Comisión tomou por tanto, unha iniciativa audaz que levou á adopción da Acta Única. Fixou o 1 de xaneiro de 1993 como a data límite para a plena realización do mercado interno e, grazas á ampliación da votación por maioría, propiciou ás institucións europeas os meios para adoptaren as 300 directivas que eran necesarias. Ó obxectivo do gran mercado interno, a Acta Única asocia estreitamente outro de importancia tan fundamental como o primeiro: o da cohesión económica e social. Europa crea así políticas estruturais en beneficio das rexións con atrasos de desenvolvemento ou que se viron afeitadas por mutacións tecnolóxicas e industriais. Promove igualmente a cooperación en materia de investigación e de desenvolvemento. Por último, toma en consideración a dimensión social do mercado interno: no espírito dos governantes da Unión, o bo funcionamento do mercado interno e unha concorrencia sa entre as empresas son indisociabeis do obxectivo constante que consiste na melloria das condicións de vida e de traballo dos cidadáns europeos. [editar] 1 de novembro de 1993: a Unión EuropeaAo entrar en vigor, o 1 de novembro de 1993, o Tratado da Unión Europea, asinado o 7 de febreiro de 1992 en Maastrich, confere unha nova dimensión á construción europea. A Comunidade Europea (o Tratado de Maastricht substituiu ó nome Comunidade Económica Europea), fundamentalmente económica nas súas aspiracións e na súa teoría, pasa a estar integrada na Unión Europea baseada, de agora en diante, en tres pilares. O pilar comunitario (a Comunidade Europea e a Comunidade Europea da Enerxía Atómica), rexido polos procedementos institucionais clásicos, fai intervir a Comisión, o Parlamento, o Consello e o Tribunal de Xustiza; toca esencialmente o mercado interno e as políticas comúns. Os outros dous pilares envolven os Estados-membros en dominios caracterizados ata entón como sendo da competencia exclusivamente nacional: a política externa e de seguridade, por un lado, e os asuntos internos, tais como a política de imigración e de asilo, a policía e a xustiza, por outro. Trátase de un progreso importante, na medida en que os Estados-membros consideran que é do seu interese cooperar máis estreitamente nestes dominios como xeito de afirmar a identidade europea no mundo e de asegurar unha mellor protección dos seus cidadáns contra a criminalidade organizada e o tráfico de drogas. Mais o que os cidadáns recordarán do Tratado de Maastrich será probabelmente a decisión que terá maior impacto práctico na súa vida cotidiana: a realización da Unión Económica e Monetária. A partir do 1 de xaneiro de 1999, a UEM reunirá todos os países que cumpren un determinado número de criterios económicos destinados a garantir a súa boa xestión financeira e a asegurar a estabilidade futura da moeda única: o euro. A derradeira etapa lóxica da realización do mercado interno, a introdución da moeda única, polas repercusións persoais que terá para cada cidadán e polas consequencias económicas e sociais de que se revestirá, terá un alcance eminentemente político. Poderá mesmo considerarse que o euro será futuramente o símbolo máis concreto da Unión Europea. Esta moeda forte, capaz de concorrer coas grandes moedas de reserva internacionais, constituirá o signo distintivo da pertenza común a un continente que se está a unir e a afirmar. Adoitado dun de Pascal Fontaine, Profesor no Institut d'Études Politiques de Paris. [editar] Países membros
[editar] Tratados(Fonte: http://europa.eu.int/eur-lex/pt/search/treaties_founding.html) A actual Unión Europea fundaméntase xuridicamente en 4 Tratados: O Tratado da Unión Europea e os tres Tratados que anteriormente instituíranse ás tres diferentes Comunidades.
O Tratado da Unión Europea (TUE) criou unha nova entidade - a Unión Europea - que se funda nas Comunidades anteriormente existentes e que se mantén. No ámbito da Unión, o TUE contén disposicións relativas á política externa e de seguridade, e á cooperación nos domínios da xustiza e dos asuntos internos. Ademais diso, o TUE introduciu alteracións na redacción dos Tratados CECA, CEEA e, especialmente, do Tratado CEE. A anterior Comunidade Económica Europea (CEE) pasou a designarse Comunidade Europea (CE). Os Tratados de Amsterdam, de 1997, e de Niza, de 2001, alteraron tanto o texto do Tratado da Unión Europea como o do Tratado de Roma e de EURATOM . O Tratado de Lisboa asinado en decembro de 2007 pretende actualizar a estrutura política e legal da unión, prevese que a súa ratificación se complete en 2008. [editar] Política[editar] LingüísticaA UE elaborou a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, texto legal que recolle o compromiso dos estados co desenvolvemento das linguas minorizadas, e declarou 2001 o Ano Europeo das Linguas Non Normalizadas. [editar] Véxase tamén[editar] Artigos relacionados[editar] Ligazóns externas
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||