Caixa de ferramentasOutras linguas
|
Taoísmo
A palabra Taoísmo (ou Daoísmo) é xeralmente empregada para traducir dous termos chineses distintos, "Daojiao" (道教) (py Dàojiào, W-G Tao-chiao), que se refire aos "ensinamentos ou á relixión do Dao", e "Daojia", que se refire à (道家) "escola do Dao", a unha liña de pensamento da filosofía chinesa. Así, o termo Taoísmo tem mais de un sentido no ocidente, pode referirse a:
[editar] O Tao do TaoísmoTaoísmo ou Daoísmo (chinés: transcricións py Dàoxiào, W-G Tao-chiao) é xeralmente descrito como unha filosofía e relixión asiática, aínda que tamén se diga que non é ningunha das dúas, senón un aspecto da sabedoría chinesa. Traducido literalmente, significa "o ensino do Tao" . No contexto taoísta, 'Tao' pode ser entendido como un camiño no espazo-tempo -a orde en que as cousas acontecen-. Como termo descritivo, pódese referir ao mundo real na historia -algunhas veces nomeado como o "gran Tao"- ou, antecipadamente, como unha orde que se debe manifestar -a orde moral de Confucio ou Lao Tse ou Cristo, etc.- Un tema no pensamento chinés primitivo é Tian-dao ou camiño da natureza (tamén traducido como "ceo", e ás veces "Deus"). Corresponde aproximadamente á orde das cousas de acordo coa lei natural. Tanto o "camiño da natureza" canto o "gran camiño" inspiran o afastamento estereotípico taoísta das doutrinas morais e normativas. Así, pensado como o proceso polo cal cada cousa se torna o que ela é (a "Nai de todas as deusas") parece difícil imaxinar que temos que escoller entre calquer valor do seu contido normativo - polo tanto pode ser visto como un principio eficiente de "vacío" que sustenta confiabelmente o funcionamento do universo. O taoísmo é unha tradición que, co seu tradicional contraste, o confucionismo, modelou a vida chinesa por máis de 2000 anos. O taoísmo enfatiza a espontaneidade ou liberdade da manipulación socio-cultural polas institucións, linguaxe e prácticas culturais. Como o concepto confucionista de goberno consiste en facer que todos sigan o mesmo tao moral, manifesta anarquismo -defendendo esencialmente a idea de que non precisamos de nengunha orientación centralizada-. As especies naturais seguen camiños apropriados a elas, e os seres humanos son unha especie natural. Seguimos todos por procesos de adquisición da sociedade diferentes normas e orientacións, e non obstante, podemos vivir en paz se non procuramos unificar todas estas formas naturais de ser. Así, o taoísmo representa de moitas maneiras a antítese do concepto confucionista referente a deberes morais, cohesión social e responsabilidades gobernamentais, mesmo que o pensamento de Confucio inclúa os valores taoístas e o inverso, como se pode ler nos Anais de Confucio. [editar] Orixes do TaoísmoTradicionalmente, o Taoísmo é atribuído a tres fontes principais:
[editar] O Dao De XingArtigo principal: Dao De Xing O Dao De Xing , ou Tao Te Ching, foi escrito nunha época de aparentemente incesantes guerras feudais e conflitos constantes. O significado literal do título é aproximadamente "Camiño da Virtude Clásica" ou tamén como "o Libro do Camiño e da Virtude". Segundo a tradición (largamente rexeitada polos estudiosos modernos), o autor do libro, Lao Tse, era un oficial menor da corte dun imperador da dinastia Zhou. Tornouse desgostoso coas intrigas triviais da vida na corte, e partiu soíño en viaxe polas vastas terras ao oeste. Cando estaba prestes a pasar polos portións do último posto avanzado do oeste, un guarda, tendo ouvido sobre a súa sabedoría, pediulle que escrebese sobre a súa filosofía, e o Dao De Xing foi o resultado. Lao Tse reflexionaba sobre un camiño a seguir pola humanidade, que puxese fin aos conflitos e ás guerras. Chegou a algunhas páxinas de versos curtos, que se tornaron o Dao De Xing. Ese é o libro que orixinou o Taoísmo. A evidencia académica suxere que o texto foi tomando forma ao longo dun grande período na China pre-Han e circulou en varias versións e coleccións editadas ata a ser padronizado logo despois da era Han. [editar] Filosofía Taoísta
[editar] Wu WeiMoito da esencia do Tao está na arte do wu wei (actuar polo non-actuar). Porén, isto non significa "espere sentado que o mundo caia no seu colo". Esa filosofía descrebe unha práctica de se realizar cousas a través da acción mínima. Polo estudo da natureza da vida, vostede pode influenciar o mundo do modo máis fácil e menos disruptivo (usando a fineza en vez da forza). A práctica de seguir a corrente do río en vez de ir contra ela é unha ilustración; unha persoa acada moito máis non por loitar e se debater contra a auga, mais permanecendo queda e seguindo á corrente do río. O Wu Wei funciona a partir do momento en que confiamos no "deseño" humano, perfeitamente axustado para o noso lugar na natureza. Noutras palabras, confiando na nosa natureza en vez da nosa racionalidade, nós podemos atopar felicidade sen unha vida de loita constante contra forzas reais e imaxinarias.
[editar] A relixión TaoístaAínda que os aspectos relixiosos específicos non se mencionan no Tao Te King ou Zhuang Ci, á medida en que o taoísmo se espallou pola poboación da China, mesturouse con algunhas crenzas preexistentes, como a Teoría dos Cinco Elementos, a alquimia e o culto aos ancestrais. O Budismo chan chinés tamén foi directamente influenciado por filosofias taoístas. Por fin, elementos do taoísmo combináronse con elementos do Budismo e do Confucionismo na forma do Neo-Confucionismo. Tentativas de alcanzar maior lonxevidade eran un tema frecuente na maxía e alquimia taoístas, con varios feitizos e pocións, aínda existentes, con ese propósito. Moitas versións antigas da medicina chinesa eran enraizadas no pensamento taoísta, e tanto a medicina chinesa moderna como as artes marciais chinesas son tamén de varios xeitos baseadas en conceptos taoístas, como o Tao, o Qi, e o equilibrio entre o Yin yang e o Yin yang. Co tempo, a absoluta liberdade dos seguidores do taoísmo pareceu ameazadora á autoridade dalguns gobernantes, que incentivaron o crecimento de seitas máis comprometidas coas tradicións confucionistas. Unha igrexa taoísta formouse ao fin da dinastia Han, por Zhang Daoling. Moitas seitas evoluíron a través dos anos, mais a maioría traza as súas orixes a Zhan Daoding, e gran parte dos templos taoístas modernos pertence a unha ou outra desas seitas. As igrexas taoístas incorporan panteóns enteiros de divindades, incluindo Lao Tse, Zhang Daoling, o Imperador Amarelo, o Imperador Xade, Lei Gong (O Deus do Trebón) e outros. As dúas maiores igrexas taoístas da actualidade son a Seita Zhengyi (evoluída dunha seita fundada por Zhang Daoling) e o Taoísmo Canzhen (fundado por Wang Chongyang). [editar] Taoísmo fóra da ChinaA filosofía taoísta é practicada en varias formas, noutros países alén da China. Kouk Sun Do na Corea é unha desas variacións. A filosofía taoísta encontrou moitos seguidores arredor do mundo. Genghis Khan compartía á filosofía taoísta, e durante as primeiras décadas de dominación mongol, o taoísmo viu un período de expansión, entre os séculos XIII e XIV. Por iso, moitas escolas taoístas tradicionais manteñen centros de ensino en varios países arredor do mundo. [editar] Vexa tamén[editar] Ligazóns externas
|
|||||||||||