Senegal - Sénégal

République du Sénégal
Bandeira do Senegal Brasón de armas do Senegal
(en detalle) (en detalle)
Lema: Un Peuple, Un But, Une Foi
(Frances: Un pobo, unha meta, unha fe)
Lingua oficial Francés
Capital Dacar
Presidente Abdoulaye Wade
Primeiro Ministro Cheikh Hadjibou Soumaré
Área
- Total
- % auga
85o lugar
196.190 Km²
2,1%
Poboación
- Total (2007)
- Densidade
68º lugar
12.521.851
59,26/km²
Independencia
- Data
da Francia
4 de abril, 1960
Moeda Franco CFA
Fuso horario UTC+0
Himno nacional Pincez Tous vos Koras, Frappez les Balafons
TLD (Internet) .SN
Código telefónico 221


O Senegal é un país da África Occidental, limitado a norte pola Mauritania, a leste polo Malí, a sur pola Guinea e pola Guinea-Bissau e a oeste polo Océano Atlántico e pola Gambia. É o máis próximo viciño de Cabo Verde, arquipélago que se espalla polo Atlántico a occidente do Cabo Verde. A súa capital é Dacar.

Índice

[editar] Historia

Artigo principal: Historia do Senegal.

Restos arqueolóxicos por todo o estado evidencian que Senegal estivo habitado en tempos prehistóricos. O islam estabeleceuse no val do río Senegal no [[século XI]. O 95 % dos senegaleses practican a relixión musulmán. Nos séculos XII e XIV, a área estivo baixo a influencia dos imperios mandingas do leste; o imperio Jolof de Senegal tamén foi fundado durante este tempo. No século XVI, o imperio Jolof divideuse en catro reinos comepetidores: os jolof, waalo, cayor e baol.

Diversas potencias europeas, Portugal, os Países Baixos e Inglaterra; competindo polo comercio na área dende o século XV, até que en 1677, Francia rematou coa posesión do que convertera nun importante punto de partida do comercio de escravos, a illa de Goree, preto de Dacar. Foi só nos anos 1850 que os franceses, baixo o gobernador Louis Faidherbe, comezara a expandires no propio territorio senegalés.

En xaneiro de 1959, Senegal e o Sudán francés uníronse para formar a Federación de Malí, que se convertiu nun estado totalmente independente o 20 de xuño de 1960, como resultado da independencia e o acordo de transferencia de poder asinado con Francia o 4 de abril de 1960. Debido a dificultades políticas internas, a Federación disolveuse o [[20 de agosto de 1960. Senegal e Soudan, renomeado como a República de Malí, proclamaronse independentes. Léopold Senghor, un coñecido poeta internacional da negritude, político e estadista, foi elixido como primeiro presidente do Senegal en agosto de 1960.

Despois da disolución da Federación de Malí, o presidente Senghor e o primeiro ministro Mamadou Dia gobernaron xuntos so un sistema parlamentario. En decembro de 1962, a súa rivalidade política levou a un intento de golpe de Estado polo Primeiro Ministro. O golpe foi reducido sen derramamento de sangue e Dia foi arrestado e encarcerado. Senegal adoptou unha nova constitución que consolidou o poder do Presidente. En 1980, o presidente Senghor retirouse da política e transfiriulle o cargo a un sucesor escolleito a dedo, Abdou Diouf, en 1981.

O 1 de febreiro de 1982, Senegal uniuse con Gambia para formar a Confederación de Senegambia. Mais, a integración imaxinada no papel nunca se materializou e a unión foi disolta no 1989. A pesar dos diálogos, un grupo de separatistas do sur, na rexión de Casamanza enfrontouse esporadicamente coas forzas gobernamentais dende 1982.

Abdou Diouf foi o seu presidente entre 1981 e 2000. Fomentou unha participación política máis ampla participación, reduxo a intervención do goberno na economía e aumentou os compromisos diplomáticos de Senegal, particularmente con outras nacións en desenrolo. A política interna a veces veuse desbordada pola violencia nas rúas, tensións nas fronteiras e un movementos separatista violento na rexión do sur de Casamanza. Mais, o compromiso de Senegal coa democracia e os dereitos humanos comeza a consolidarse. Diouf presidiu catro mandatos e foi derrotado na elección presidencial do 2000, polo líder da oposición Abdoulaye Wade. Senegal experimentou a súa segunda transición de pode pacífica e a primeira dun partido político a outro.

O 30 de decembro do 2004 o presidente Abdoulaye Wade anunciou que asinaría un tratado de paz con dúas faccións separatistas do Mouvement des Forces Démocratiques de la Casamance (MFDC) na rexión de Casamanza.

[editar] Política

Ver artigo principal: Política do Senegal.

O Senegal é unha república parlamentaria cun presidente forte, que é elixido, desde 2001, cada 5 anos pola poboación.

O parlamento é unicameral e ten 120 membros. Hai máis de 80 partidos políticos no país.

[editar] Subdivisións

Artigo principal: Subdivisións do Senegal.
Senegal
Senegal

O Senegal está dividido en 11 rexións. As capitais rexionais teñen o mesmo nome cá rexión respectiva:

[editar] Xeografía

Artigo principal: Xeografía do Senegal.

[editar] Economía

Artigo principal: Economía do Senegal.

[editar] Demografía

Artigo principal: Demografía do Senegal.

[editar] Cultura

Feriados
Data Nome en galego Nome local Observacións

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas


Países membros da Unión Africana
África do Sur | Alxeria | Angola | Benín | Botsuana | Burkina Faso | Burundi | Cabo Verde | Camerún | Chad | Cimbabue | Congo | Costa do Marfil | Eritrea | Etiopía | Exipto | Gabón | Gambia | Gana | Guinea | Guinea-Bissau | Guinea Ecuatorial | Lesoto | Liberia | Libia | Madagascar | Malaui | Malí | Mauricio | Mauritania | Mozambique | Namibia | Níxer | Nixeria | Quenia | República Centroafricana | República Democrática do Congo | Ruanda | Sáhara Occidental | Santo Tomé e Príncipe | Senegal | Serra Leona | Seychelles | Somalia | Suacilandia | Sudán | Tanzania | Togo | Tunisia | Uganda | Xibuti | Zambia


Países do mundo | África
Alxeria | Angola | Benín | Botsuana | Burkina-Faso (Ex-Alto Volta) | Burundi | Cabo Verde | Camerún | Chad | Cimbabue (Zimbabwe) | Comores | Congo | Costa do Marfil | Eritrea | Etiopía | Exipto | Gabón | Gambia | Gana | Guinea | Guinea-Bisau | Guinea Ecuatorial | Lesoto | Liberia | Libia | Madagascar | Malaui | Malí | Marrocos | Mauricio | Mauritania | Mozambique | Namibia | Níxer | Nixeria | Quenia | República Centroafricana | República Democrática do Congo (ex-Zaire) | República Sudafricana (África do Sur, Sudáfrica) | Reunión | Ruanda | San Tomé e Príncipe | Seixeles | Senegal | Serra Leona | Somalia | Suacilandia | Sudán | Tanzania | Togo | Tunisia | Uganda | Xibutí | Zambia
Outros territorios

Canarias | Ceuta | Madeira | Mayotte | Melilla | Illa de Reunión | Sáhara Occidental


system wymiany linków SEO Tools system wymiany linków tanie kredyty gotówkowe kreatyna Plaza 3 star hotel Los Angeles krynica noclegi Sejm Tyk