Caixa de ferramentasOutras linguas
|
Rexións de FranciaFrancia está secundariamente dividida en 26 rexións, das que 22 se atopan na Francia metropolitana e 4 son rexións de alén mar. Porén a división realmente importante dende o punto de vista organizativo é a dos departamentos, divisións interiores das rexións. A administración francesa entende que as rexións son unha zona xeográfica definida ligadas a unha identidade cultural ou social. As rexións francesas non teñen ningunha capacidade de autonomía, non poden promulgar leis nin teñen capacidade recadatoria propia. Limítanse unicamente a administrar un orzamento que lles concede o estado e que se dirixe fundamentalmente a obras públicas de pequeno investimento, servizos sociais e eventos culturais. Só unha destas rexións francesas, Córsega, desenvolveu institucións de autogoberno limitadas baixo o nome de colectividade territorial. Polo demais, cada rexión ten o seu consello rexional, elixido a partir das eleccións municipais, que escolle, á súa vez, un presidente rexional. [editar] Lista das rexións de Francia
|