Outras linguas

Relixión

A palabra Relixión, ás veces usada como sinónimo de fe ou sistema de crenzas, defínese comunmente como crenza concernente ao sobrenatural, sagrado, ou divino e aos códigos morais, prácticas, rituais, valores e institucións relacionadas a devandita crenza. En ocasións, a palabra relixión úsase para designar o que debería ser chamado "relixión organizada" ou "organización relixiosa", é dicir, organizacións que soportan o exercicio de certas relixións, frecuentemente baixo a forma de entidades legais.

Índice

[editar] Definición de "Relixión"

A relixión pode definirse de moitos modos:

Igrexa de Betanzos
Igrexa de Betanzos
  1. Acto ou representación explícita pola cal o individuo cre demostrar o seu recoñecemento da existencia dun ou varios deuses que teñen poder sobre o seu destino, a quen obedece, serve e honra.
  2. O sentimento ou expresión da persoa de amor, medo ou pavor cara a un poder sobrehumano e todopoderoso, xa sexa pola manifestación de crenza, pola realización de ritos e cerimonias, ou pola conduta da propia vida.
  3. Un sistema de fe e culto.
  4. Atendendo á súa etimoloxía dende 'religare', para algúns sería un intento dos seres humanos de ligar ao mundo con eles mesmos, isto é, a explicación que un se dá do que o rodea a partir de deus (sexa cal for a imaxe que deste se teña). Para outros, o termo relixión explicaría a ligazón (re-ligar) que une á persoa relixiosa co seu deus.

A maioría das relixións intentan responder a preguntas relacionadas coa creación do universo, o propósito da vida, a natureza humana, a diferenciación entre o ben e o mal, a moral, a existencia logo da morte (Ceo, nirvana, purgatorio, inferno, reencarnación), etc. As relixións difiren nas respostas que dan ás preguntas anteriores, o sistema de preceptos, as prácticas ou rituais, o número de deuses ou deidades e a estrutura organizacional.

[editar] Posturas relixiosas

Relevo na Praza da Quintana (Catedral de Santiago de Compostela)
Relevo na Praza da Quintana (Catedral de Santiago de Compostela)

En ocasións é importante distinguir entre "relixión" e "postura relixiosa". Sendo a relixión un sistema de crenzas, preceptos, prácticas e rituais, unha postura relixiosa refírese á forma en que un individuo se identifíca fronte a unha ou varias relixións. As principais posturas relixiosas inclúen os crentes, os panteístas, os universalistas, os ateos, os agnósticos e os indiferentes.

  • Crentes: Os crentes cren nalgunha relixión ou nalgún credo, isto é nas deidades, estrutura organizacional, preceptos e prácticas dunha determinada relixión. Moitas veces úsase o termo "teísta" para un crente, aínda que existen relixións non-teístas, tales como o budismo ou o taoísmo e pódese ser crente ou seguidor delas.
  • Panteístas: Os panteístas afirman que a divindade atópase en todas partes, polo que rexeitan a idea dun Deus persoal e a miúdo (por exemplo, Spinoza) identifican a Deus coa propia Natureza. Os que afirman que Deus inclúe á realidade física pero tamén a excede reciben o nome de panenteístas.
  • Universalistas: A miúdo denomínase como universalistas a quen da un mesmo valor positivo a tódalas relixións, considerando que as relixións constituídas son manifestacións dunha mesma realidade. En tal sentido calquera práctica ou rito é unha forma válida de cumprir a súa relixiosidade.
  • Ateos: Literalmente, ateo é quen non cre en ningún deus ou en ningunha relixión. En ocasións considéranse ateos aos seguidores de relixións non teístas como o budismo ou o taoísmo no que podería considerarse ateísmos relixiosos. Outros limitan o termo aos ateísmos arrelixiosos (os máis frecuentes en Occidente) quen negan calquera veracidade nas relixións. Tamén existen os antirrelixiosos (cando se opoñen activamente á práctica da relixión). Aínda que o ateísmo é unha postura sobre a relixión, é incorrecto chamala unha relixión.
  • Agnósticos: Os agnósticos son escépticos en materia relixiosa. Non consideran ter evidencias dalgunha relixión en particular nin teñen a certeza para asegurar que as relixións son falsas. Iso non implica que carezan necesariamente de interese polo espiritual, senón simplemente que non realizan afirmacións nin sosteñen crenzas específicas sobre a natureza última da realidade. Algúns agnósticos poden seguir ritos relixiosos, ben dende unha perspectiva universalista ou ben como un acto social.
  • Indiferentes: Os indiferentes son aquelas persoas que non teñen interese en ningunha crenza nin práctica relixiosa. En xeral, non se suscita neles a cuestión relixiosa nin participan nun sistema de culto, ou só o fan en circunstancias extremas ou por esixencias de participación en actividades sociais. Un tipo especial de indiferentes son os apateístas, quen toman a indiferenza relixiosa dunha forma consciente ou filosófica.

[editar] Relixións

O bautismo de Cristo, polo Greco
O bautismo de Cristo, polo Greco
Cruceiro en Pontevea
Cruceiro en Pontevea
Igrexa románica de Ouzande (A Estrada)
Igrexa románica de Ouzande (A Estrada)

Tendo en conta o número de deuses, as relixións e crenzas divídense primariamente en monoteístas e politeístas. A clasificación falla ao considerar moitos casos, xa que existen relixións non-teístas e a diferenza entre deidades menores de certos politeísmos e os intersecedentes dalgúns monoteísmos (p.ex. os santos do catolicismo) é en ocasións difusa.

  • As relixións politeístas cren na existencia de moitos deuses, onde xeralmente se evidencia unha xerarquía acorde á importancia de cada un dos seres celestiais, como no caso do paganismo grecorromano e algúns aspectos do mormonismo.
  • As relixións panteístas como o xintoísmo, algunhas seitas do hinduísmo e as tradicións animistas sosteñen que o creador e os obxectos creados constitúen unha mesma entidade.
  • As relixións non-teístas como o budismo, non defenden a existencia ou non existencia de seres sobrenaturais. En ocasións, as deidades son vistas como recursos metafóricos utilizados para referirse a fenómenos naturais ou estados da mente.

Outra división que se utiliza consiste en falar de relixións "reveladas", "místicas" e "naturistas".

  • As relixións reveladas baséanse nunha revelación feita por un ente sobrenatural que indica, a miúdo en forma de libro ditado, cales son os dogmas nos que se debe crer e cales son os ritos que se deben seguir.
  • As relixións místicas poden considerarse máis como filosofías de vida. Nelas non se define un sistema de crenzas senón, máis ben, un conxunto de preceptos que se deben seguir.
  • As relixións naturistas non definen tampouco un sistema elaborado de organización de deidades, pero recoñecen a existencia de deidades e espíritos nas manifestacións da natureza.

[editar] Pseudorrelixións

Unha pseudorrelixión é un conxunto de ritos e preceptos similares a unha relixión pero no cal os seus mesmos seguidores non cren realmente. En ocasións, o termino pseudorrelixión tamén se utiliza pexorativamente para referirse a sistemas de crenzas ou filosofías menores, pero con funcionalidade similar ás da práctica relixiosa das relixións principais, por exemplo, o discordianismo e o pastafarismo.

[editar] As Relixións en Europa

As relixións en Europa

[editar] A visión oriental

Torii - Shinto
Torii - Shinto
Yin e Yang
Yin e Yang

No Oriente a partir dos séculos VII e VI aC., empézanse a rexistrar sistemas filosóficos (budismo, taoismo, confucionismo) que substituían a Deus (ou os deuses) por conceptos non-teísticos, os cales chegaron aos nosos días, con centenas de millóns de adeptos espallados por varios países dos mundo.

No extremo oriente (China, Xapón e India) foron desenvolvidos complexos conceptos filosóficos non-teísticos, os cales, co tempo, mesturáronse coas tradicións das relixións politeístas que estaban profundamente enraizadas no espírito do pobo.

  • Xintoísmo – É unha relixión nativa do Xapón. Envolve a adoración dos Kami, que representan deuses, ou os espíritos da natureza, ou aínda, simplemente unha presenza espiritual. O tema principal e máis importante na relixión Xintoísta é un grande amor e reverencia pola natureza. Así, a Lúa, unha Cachoeira ou unha Rocha poden observarse como un Kami. Os Kamis non son divindades transcendentes, mais si seres divinos que están próximos a nós, que habitan o mesmo mundo que nós, cometen os mesmos erros que nós, e teñen sentimentos e pensamentos semellantes aos nosos. Unha persoa que morre pode automaticamente transformarse en Kami, sen importar o tipo de vida que levara. Os Kamis poden ser bos ou malos. O Xintoísmo é unha colección de rituais e métodos que regulan as relacións entre os seres humanos e as divindades (Kami). A vida despois da morte non é unha preocupación primaria para os xintoístas, pois unha énfase maior colócase en atopar a felicidade na vida nese mundo.
  • Taoísmo – É unha filosofía non-teística criada por Lao-Tse, que expuxo os seus pensamentos no libro: Tao Te Ching. O concepto Deus, conforme coñécese na tradición occidental, non existe nesta filosofía. Todo o que existe é o Tao, que significa “O Camiño”. Tao é un concepto que transcende as dimensións espazo-tempo e, polo tanto, non pode ser comprendido pola limitada mente humana. Constitúe a esencia do universo, a realidade última e indefiníbel, e é a través do Tao – termo e medio eterno da evolución – que pasan todas as cousas. Todo é cíclico, pois Tao é a enerxía que flúe a través de toda a vida. De Tao derívase Yin e Yang – o número dous, que representa a natureza dual de todas as cousas (bon-malo, vida-morte, día-noite, claro-escuro, felicidade-tristeza, saúde-doenza). De Yin e Yang nace implicitamente o tres (Ceo, Terra e Humanidade) e, finalmente, por extensión, prodúcese a totalidade do mundo na forma como o vemos e coñecemos.
  • Budismo – Criado por Siddhartha Gautama, o Buda ou o Iluminado, é xeralmente visto como unha relixión non-teística, aínda que nalgunhas ramas del se afirme a existencia dos devas – que son criaturas que gozan de gran felicidade nos seus mundos celestiais. Con todo, eses seres, non son eternos e están suxeitos á morte e a eventuais renacementos como os seres inferiores, amarrados a un determinado aspecto da natureza, no cal terán que traballar. A existencia do home é pasaxeira e cíclica – o Samsara (conxunto dos ciclos de nacemento e morte). O home soamente estará libre dese “Ciclo de Renacementos” cando elimine definitivamente o seu auto-aprezo atinxindo a liberación ou Nirvana. Para os budistas soamente os seres humanos poden atinxir o nirvana ou a iluminación, os deuses por descoñeceren o sufrimento son incapaces de xerar renuncia ou compaixón. O ser Iluminado confúndese entón coa Mente Universal.
  • Confucionismo - Sistema filosófico, relixioso e ético desenvolvido a partir dos ensinos de Confucio. O obxectivo principal desa filosofía consiste - non en subxugar as persoas a un Ser Superior (Deus) - senón a través de ‘‘‘Ritos’‘‘, traballar no interior delas, a fin de moldear o seu comportamento e dar autocontrol sobre os seus desexos. Nese sentido, todos recoñecerán a súa posición relativa diante dos seus semellantes, identificando a cada instante quen é o máis novo e quen é o máis sabio, quen é o visitante e quen é o dono da casa, e así por diante; e atinxirán o coñecemento sobre a súa obrigación entre os outros e sobre o que esperar deles. Hai obrigacións específicas prescritas para todos os participantes en todas as ramificacións do relacionamento humano. "Non fagas aos outros, aquilo que ti non quer que eles che fagan", é a máxima chinesa coñecida como Regra de Ouro do Confucionismo. A solidariedade e a educación son os grandes ideais buscados por esa filosofía, e en Confucio está o maior exemplo desas virtudes.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

wymiana linkami system wymiany linków SEO Tools system wymiany linków tanie kredyty gotówkowe kreatyna Plaza 3 star hotel Los Angeles krynica noclegi Sejm Tyk