Caixa de ferramentasOutras linguas
|
Reino Unido - United Kingdom
O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte, ou simplemente Reino Unido (incorrectamente chamado Gran Bretaña ou Inglaterra) é un país e un estado soberano situado ao noroeste da Europa Continental. O seu territorio, con capital en Londres, está formado xeograficamente pola illa de Gran Bretaña, o nordés da illa de Irlanda e pequenas illas adxacentes. Irlanda do Norte é a única parte do Reino cunha fronteira terrestre, que a separa da República de Irlanda. Aparte desta fronteira, o Reino Unido está rodeado ao norte e ao oeste polo océano Atlántico, ao leste polo Mar do Norte, ao sur polo Canle da Mancha e ao oeste polo mar de Irlanda. A illa máis grande, Gran Bretaña, está unida a Francia polo Eurotúnel. O Reino Unido é unha monarquía parlamentaria comprendida por catro países constituíntes; Escocia, Inglaterra, Irlanda do Norte e Gales; que teñen como xefe de Estado á raíña Sabela II. As Dependencias da Coroa das Illas da Canle e a Illa de Man non forman parte do Reino Unido, pero se forman unha federación con el. O Reino Unido ten catorce Territorios de Ultramar, todos eles vestixios do que foi o Imperio Británico, que na súa cúspide territorial chegou a abranguir preto dun cuarto da superficie terrestre do planeta. É un país desenvolvido e polo volume neto do seu produto interno bruto é considerado como a quinta economía a nivel mundial. O país foi a principal potencia mundial durante o século XIX e o comezo do século XX, pero o custo económico das dúas guerras mundiais e o declive do seu imperio na segunda parte do século XX diminuíron o seu rol de líder nas relacións internacionais. Con todo, o Reino Unido mantén unha significativa influencia económica, cultural, militar e política e é unha potencia nuclear. Ademais, é un dos cinco membros permanentes do Consello de Seguridade de Nacións Unidas con dereito a veto, e é membro do G8, a OTAN, a Unión Europea e a Mancomunidade Británica de Nacións.
[editar] XeografíaO Reino Unido da Gran Bretaña e do Norte de Irlanda é un país da Europa occidental. O país está formado pola illa de Gran Bretaña (maior parte de Inglaterra, Escocia e Gales) e o norleste da illa de Irlanda (Irlanda do norte), xunto con outras illas menores. O Reino Unido atópase principalmente entre os 49° e 59° N de latitude (as Illas Shetland chegan ós 61° N) , e os 8° O to 2° L de lonxitude. O Royal Greenwich Observatory, situado preto da cidade de Londres, é o punto definitorio do Meridiano de Greenwich. O Reino Unido ten unha superficie total de 245.000 km cadrados. O RN atópase entre o océano atlántico norte e o Mar do Norte, atopándose a 35 km da costa de Francia, da cal está separada pola Canle da Mancha. Irlanda do Norte comparte 360 km coa República de Irlanda. O Eurotúnel une na actualidade o Reino Unido con Francia. [editar] CidadesAs capitais dos países que forman o Reino Unido son: [editar] ComposiciónEste reino está formado por 4 nacións: Inglaterra, Escocia e País de Gales (Illa da Gran Bretaña) e Irlanda do Norte (Illa da Irlanda). Inclue tamén territorios que non pertencen a ningunha destas nacións, como a Illa de Man e as Illas do Canal (ou Illas Anglo Normandas), e varias posesións espalladas polo mundo:
[editar] Historia do Reino UnidoArtigo principal: Historia do Reino Unido Escocia e Inglaterra teñen existido como entidades separadas unificadas dende o século X. Gales, baixo control británico dende o Estatuto de Rhuddlan en 1284, fíxose parte do Reino de Inglaterra pola Acta de Unión de 1536. Coa Acta de Unión de 1707, os reinos separados de Inglaterra e Escocia, habendo compartido o mesmo monarca dende 1603, acordou unha unión permanente como o Reino de Gran Bretaña. Isto ocurriu nun tempo no que Escocia estaba na ruina económica; e a decisión foi pouco popular na ampla poboación escocesa.
O Imperio Británico en 1897, en vermello, que era a cor na que se coloreaban os dominios británicos nos mapas.
A Acta de Unión de 1800 uniu o reino de Gran Bretaña co reino de Irlanda, que fora tomado gradualmente polo control británico entre 1169 e 1691, para formar o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda. Esta tamén foi unha decisión impopular, levándose a cabo xusto despois da infructuosa Rebelión dos Irlandeses Unidos de 1798 (véxase tamén Sociedade dos Irlandeses Unidos). A ocasión elexida para esta unión, cando se temeu unha intervención ou invasión napoleónica, foi debida predominantemente a problemas de seguridade. En 1922, tras amargas loitas que fan eco na actual corrente política, o Tratado anglo-irlandés partiu Irlanda no Estado Libre Irlandés e Irlanda do Norte, coa última parte permanente no Reino Unido. Como se probou no tratado, Irlanda do Norte, que consiste en seis dos nove condados da provincia irlandesa de Ulster, inmediatamente optou por permanecer no Reino Unido. A nomenclatura do Reino Unido foi cambiada en 1927 para recoñecer a saída da maior parte de Irlanda, sendo adoptado o nome de Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte. [editar] Goberno e políticaArtigo principal: Goberno e política do Reino Unido O Reino Unido é unha monarquía parlamentaria baseada en 'common law' pero non ten unha constitución, sendo o único país Europeo que non a ten. Os seus principios e prácticas son inherentes ás institucións de goberno, que son a Coroa, o gabinete de ministros, o Consello Privado e o Parlamento. O monarca británico é o xefe de Estado e do executivo, así como máxima autoridade da Igrexa Anglicana. Ademais elixe formalmente ó primeiro ministro e ó goberno. As funcións executivas son realizadas por varios ministros dirixidos polo primeiro ministro e para iso dependen do apoio da maioría de membros da cámara dos Comúns. O partido con dita maioría é o encargado de formar goberno e o primeiro ministro é o líder do partido. O primeiro ministro (elexido polo monarca), escolle aos ministros do goberno. O Partido Conservador e o Partido Laborista teñen dominado a vida política do país dende o fin da Primeira Guerra Mundial. Na actualidade as forzas políticas e a sociedade británica en xeral, enfróntanse sobre a postura que o estado debe asumir fronte á UE. Por este motivo o tratado polo que se establece unha Constitución para Europa vai ser ratificado mediante referendo, impulsado polo primeiro ministro, Tony Blair, que respalda o tratado e que ademais ten buscado durante o seu goberno que o estado adopte a moeda única, o euro. [editar] Demografía
[editar] Poboación, emigración e etnicidade
As poboacións e a porcentaxe total das catro nacións que compoñen o Reino Unido
O censo británico do mes de abril de 2001, achegaba unha poboación total no Reino Unido de 58.789.194, sendo o terceiro país máis poboado da Unión Europea (despois de Alemaña e Francia), o quinto na Commonwealth e o vixésimo primeiro do mundo. A mediados do ano 2006, a poboación subira ata chegar aos 60.587.300.[1] Este crecemento foi debido, en parte á inmigración e ao medre da taxa de natalidade e a esperanza de vida dos británicos.[2] A mediados de 2006, a poboación de Inglaterra estimábase nuns 50.762.900 de habitantes, constituíndo un dos países máis densamente poboados do mundo, con 383 habitantes por quilómetro cadrado.[3] Aproximadamente un cuarto da poboación do RU vive na próspero surleste de Inglaterra predominantemente urbano e semiurbano,[4] dos cales 7.517.700 viven na capital, Londres.[5] O censo de mediados de 2006, estimou que Escocia tiña unha poboación de 5.116.900, Gales 2.965.900 e Irlanda do Norte 1.741.600[6] países cunha densidade moito menor ca Inglaterra. Comparando as densidades de poboación: en Inglaterra habitan 383 por qm cadrado, fronte aos 142 de Gales, os 125 de Irlanda do Norte e os 65 de Escocia. No ano 2007, a taxa media de fertilidade ao longo do RU era de 1,90 fillos por muller.[7] Mentres co crecemento da fertilidade está a elevar a poboación do país, as taxas de fecundidade seguen por baixo do 2,1 necesario pra sustitución xeracional, aínda así as cifras superan o record rexistrado no ano 2001 cando a taxa era do 1,63.[7] Inglaterra e Gales teñen respectivamente taxas de 1,92 e 1,90. Escocia posúe a menor taxa de fecundidade con 1,73 fillos por muller, mentres Irlanda do Norte posúe a maior con 2,02 fillos por muller.[7] Durante os anos 60 o RU viviu un 'baby boom' chegando a taxa aos 2,95 fillos por muller en 1964.[7] A taxa de fecundidade e maior entre as mulleres nadas no estranxeiro cá entre as británicas, malia seren as taxas das derradeiras as que están medrando no últimos anos.[7]
[editar] Grupos étnicosOs actuais británicos descenden da mistura de diversos poboacións que se instalaron nas illas no pasado, principalmente preceltas, celtas, romanos, Anglosaxóns e Normandos. A partires de 1945, o país recibiu grandes contixentes de persoas provintes das antigas colonias británicas de África, o Caribe e Asia meridional. A partires do ano 2004 o país recibiu grandes fluxos de inmgrantes da Europa central e do leste, aínda que, dende o ano 2008 esta tendencia estase revirtindo.[8] No censo británico de 2001, o 92,1% da poboación identificábase como branca, identificándose o 7,9% restante[9] como minoría étnica ou raza mixta.
A diversidade étnica varía moito segundo o lugar do Reino Unido. O 30,4% da poboación de Londres[10] e o 37,4% de Leicester [11] pertencía a un grupo étnico distinto do branco segundo o censo de xuño de 2005, mentres menos do 5% da poboación de norleste de Inglaterra, Gales e o suroeste de Inglaterra pertencía a unha minoría étnica.[12] Segundo o censo de 2007, o 22% dos estudantes de primaria e o 17,7% de secundaria asistentes a escolas públicas en Inglaterra, pertencían a minorías étnicas.[13][14] [editar] LinguasAínda que o Reino Unido non teña unha lingua oficial de jure, a lingua máis falada é o inglés, unha lingua xermánica occidental descendente do inglés antigo e que posúe un importante sustrato do Noruegués antigo, francés normando e do latín. A lingua inglesa foi espallada polo mundo (principalmente debido ao Imperio Británico) e tornouse a lingua franca contemporánea. En todo o mundo, é falada por máis de 508,000,000 millóns de falantes coma segunda lingua.[15] As outras linguas indíxenas do Reino Unido son o escocés (próximo ao inglés) e catro linguas celtas. As últimas divídense en dous grupos: as linguas P-celtas (o galés e o córnico); e as Q-celtas (irlandés e o gaélico escocés). No norte de Inglaterra aínda pervive a influencia da extinta lingua cúmbrica, falada na zona fai séculos, sendo empregada aínda como sitema pra contar as ovellas (vexa Yan Tan Tethera). No censo de 2001 mais dun quinto (21%) da poboación do País de Gales dicía falar o galés,[16] o que constitúe un crecemento no número de falantes fronte o censo de 1991 (18%).[17] No resto do país existen uns 200.000 falantes do galés, principalmente en Inglaterra.[18] O galés e mailo gaélico escocés tamén son falados por pequenas comunidades noutras partes do mundo, entre estas comunidades destacan a de Nova Scotia, Canadá, onde se fala o gaélico escocés e a da Patagonia, Arxentina, onde hai unha activa comunidade galesa. As linguas dos inmigrantes son faladas polo 10% da poboación do Reino Unido, o francés é falado polo 2,3% da poboación, o 1,0% fala o polaco reflexo da recente inmigración polaca ao Reino Unido. O 0,9% falan o alemán e o 0,8% o castelán. A maioría das outras linguas estranxeiras faladas no Reino Unido son orixinarías de Europa, Asia e África. A maior parte dos inmigrantes que viven no Reino Unido proveñen de países anglófonos (tales como Nixeria, Xamaica, Hong Kong e Filipinas), motivo polo cal non hai unha grande diversidade lingüística entre algunhas comunidades de minorías étnicas do país. Ao longo do Reino Unido, é xeralmente obrigatorio para os rapaces o estudo dunha segunda lingua ata os 14 anos en Inglaterra e os 16 anos en Escocia. O francés e o alemán son as dúas segundas linguas máis faladas nos países de Inglaterra e Escocia, mentres có galés é a segunda lingua principal no País de Gales. Segundo unha enquisa do 2003, o 89% dos británicos posúe un nivel básico de francés, mentres có 23% pode manexarse no alemán. Outras linguas que populares no país son o castelán, 7%, e o ruso, 0,5%. [editar] Referencias
[editar] Véxase tamén[editar] Outros artigos
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||