Caixa de ferramentasOutras linguas
|
Comunidade de Madrid
A Comunidade de Madrid é unha Comunidade Autónoma española uniprovincial. Sitúase na parte sur da Meseta Central. A súa capital, Madrid é tamén a capital de España e da provincia do mesmo nome (aínda que non existe a Deputación ao ser a de Madrid unha comunidade uniprovincial). [editar] Xeografía[editar] RelevoSituada na Meseta Central, a Serra de Guadarrama marca as súas lindes polo noroeste, e drena unha serie de ríos que conducen as súas augas cara o sur, onde as verten no río Texo, que atravesa a zona meridional da comunidade. Ao sur da serra do Guadarrama o relevo é plano de abondo, xa que está situada na parte sur da Meseta Central, que atinxe aquí unha altura media de arredor de 650 metros sobre o nivel do mar. Nesta chaira só alguns outeiros e encostas de escasa altura e pequenos vales na zona sudeste rompen a monotonía. A Serra de Guadarrama e Somosierra, cordais pertencentes ao Sistema Central, conforman a zona montañosa da comunidade, con cimas que superan os 2.000 m. Ambas as dúas serras érguense no noroeste e norte do territorio, respectivamnte. O pico máis elevado da comunidade é Peñalara, con 2.430 m.
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||