Prisco de Panio

Prisco (á esquerda) coa embaixada romana na corte de Atila, termando da súa ΙΣΤΟΡΙΑ (Historia, que o pintor escribiu incorrectamente ΙΣΤΩΡΙΑ). (Detalle da Mór Than Festa de Atila.)
Prisco (á esquerda) coa embaixada romana na corte de Atila, termando da súa ΙΣΤΟΡΙΑ (Historia, que o pintor escribiu incorrectamente ΙΣΤΩΡΙΑ). (Detalle da Mór Than Festa de Atila.)

Prisco (Panium, Tracia, arredor de 410 - depois de 472) foi un político, sofista e historiador bizantino do século V. É autor dunha Historia bizantina en sete libros que resulta especialmente interesante pola información sobre os hunos.

Acompañou a Maximino o embaixador de Teodosio II á corte de Atila en 448. Durante o reinado de Marciano (450-457) tamén formou parte de misións a Arabia e Exipto. Prisco foi o autor dunha obra histórica en oito libros (a Historia Bizantina), probabelmente desde a entronización de Atila á de Zenón (433-474). Só quedan fragmentos da súa obra, en gran parte preservados na Getica de Xordanes, pero a descrición de Atila e a súa corte e o informe da recepción dos embaixadores romanos é unha valiosa peza de historia contemporánea, os seus escritos son imparciais e obxectivos, cousa pouco usual. Consérvanse fragmentos extensos por apareceren citados por Constantino Porfiroxéneta e outros autores.

Tres coleccións dos restos da súa obra son:

  • Ludwig Dindorf : Historici Graeci Minores (Leipzig, B.G. Teubner, 1870) (en grego)
  • C.D. Gordon : The Age of Atila: Fifth-century Byzantium and the Barbarians (Ann Arbor, University of Michigan Press, 1960) (en inglés con comentario e notas).
  • Blockley, R.C.: The Fragmentary Classicising Historians of the Later Roman Empire, vol. II (ISBN 0905205154) (inclúe fragmentos doutros historiadores, incluído Olimpiodoro de Tebas)

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas


system wymiany linków wymiana linkami SEO Tools tanie kredyty gotówkowe kreatyna Plaza 3 star hotel Los Angeles krynica noclegi Sejm Tyk