Caixa de ferramentasOutras linguas
|
Plácido DomingoPlácido Domingo (21 de xaneiro de 1941)[1], en Madrid) é un tenor español. Debutou en 1961 en Monterrey en México (como Alfredo en La Traviata de Verdi). Nado en España moveuse a México ós 8 anos coa súa familia, que dirixía unha compañía de zarzuela. En Cidade de México estudou música no Conservatorio Nacional. Foi o cantante reserva de Los Black Jeans en 1958, unha banda de rock formada en 1958 por César Costa. Aprendeu o piano e a dirixir orquestra, pero fixo o seu debut como tenor de ópera. En 1962 uniuse á Ópera Nacional Israelí en Tel Aviv, onde pasou 2 anos e medio, realizando 280 funcións.
Gravou dúos con diversos cantantes como John Denver, José María Cano, Alejandro Fernández, Carlos Santana, Luis Cobos, Caetano Veloso, Patricia Kaas, etc. e con José Carreras e Luciano Pavarotti formou en 1990, a célebre sociedade artística dos Tres Tenores. Notas
|