Caixa de ferramentasOutras linguas
|
Pintura
A pintura reférese xenericamente á técnica de aplicar pigmento en forma líquida a unha superficie bidimensional, co fin de coloreala, atribuíndolle matices, tons e texturas. Nun sentido mais específico, é a Arte de pintar unha superficie, tal como papel, tea, ou unha parede (pintura mural ou de frescos). A pintura é considerada por moitos como un dos soportes artísticos tradicionais máis importantes; moitas das obras de arte máis importantes do mundo, tales como a Mona Lisa, son pinturas. Diferénciase do deseño polo uso dos pigmentos líquidos e do uso constante da cor, mentres aquel apropiase principalmente de materiais secos. A pintura está considerada unha das belas artes, e está incluída como materia na maior parte das licenciaturas nesta disciplina. Unha pintura é tamén unha táboa, lámina ou lenzo no que se pintou algo. Isto é, unha obra pintada. En referencia á obra pictórica en si: "Unha pintura (cadro) de Picasso". Tamén denominamos pintura o material de cor preparado para pintar. [editar] Historia
[editar] Véxase tamén: |