Paquistán - پاکستان
A Republica islámica do Pakistán (پاکستان en Urdu) é un país situado no centro-sur de Asia que linda con Irán, Afganistán, China, India e o mar de Omán. Pakistán ten 150 millóns de habitantes, a maioría musulmáns , e o Islam é a relixión oficial.
O nome Pakistan é un acrónimo ideado por Choudhary Rahmat Ali, fundador do Movimento Nacional Pakistaní, criou o nome a partir das letras das rexións/etnias do país:Pundxab, Afganistán, Kachemira, o Sindo e o Baluchistán.. Pakistán ademais ten en Urdú o significado terra dos puros.
A comezos do século XXI, Pakistán mantén aínda unhas relacións tensas coa India, posto que os dous países queren controlar unha parte importante do territorio de Cachemira.
Este país dispón, coma a India, da armas nucleares.
[editar] Subdivisións
Artigo detallado : Xeografia de Pakistán
Paquistán está situado no sur do continente asiático e linda ao noroeste con Afganistán, ao nordés coa China, ao leste coa India, ao oeste con Irán e ao sur co Océano Índico. O seu principal río é o Indo, o cal flúe por Punxab até desembocar no Mar Arábigo. Contra o norte e o occidente do territorio ubícase unha rexión montañosa, na cal están algúns dos cumes máis altos do mundo. O sueste paquistaní, especialmente a fronteira coa India, é unha rexión desértica.
[editar] Demografía
|