Panticosa

Escudo de Panticosa
Escudo de Panticosa
Localización do Alto Aragón
Localización do Alto Aragón

Panticosa (Pandicosa en aragonés) é un concello español da provincia de Huesca, situado na comarca do Alto Gállego. A súaa poboación era de 613 habitantes no ano 2006. O municipio ten unha superficie de 95,9 km².

No concello se localiza a estación de esquí de Aramón Panticosa.

Índice

[editar] Xeografía

O municipio está sito ao norte da provincia de Huesca, no Val do Tena, enclavado nos Pirineos. Dista 95,9 km da cidade de Huesca.

[editar] Entidades

O concello componse de tres localidades: Panticosa, Baños de Panticosa e El Pueyo de Jaca.

Vista xeral de Panticosa
Vista xeral de Panticosa

[editar] Historia

Os romanos coñeceron e aproveitaron as auguas termais do aínda subsistente balneario de Panticosa. Fican restos dun balneario romano, de dificil acceso, con moedas de ofrenda das épocas de Augusto e Tiberio.

Afonso XII frecuentou o balneario moderno de Panticosa, o que explica parte da decoración do complexo hoteleiro.

[editar] Dialecto aragonés

O falar pandicuto é a variante mellor conservada e máis viva do aragonés tensino ou do Val de Tena.

[editar] O topónimo

O nome pode proceder do latín FONTICOSA, con influencia fonética vasca, no que evolúe F- inizial a p- como en pago (< fagu), o que se observa tamén en aragonés pantasma. A forma aragonesa Pandicosa con -nd- documentóuna como minoritaria Francho Nagore, cando realizou a súa tese sobre o aragonés local, e está documentada en textos medievais dentre 1425 e 1450.

[editar] Ligazóns externas


wymiana linkami SEO Tools wymiana linkami tanie kredyty gotówkowe kreatyna Plaza 3 star hotel Los Angeles krynica noclegi Sejm Tyk