Panamá

República de Panamá
Bandeira de Panamá Escudo de Panamá
(En detalle) (En detalle)
Lema nacional: Pro Mundi Beneficio
Situación de Panamá
Lingua oficial Español
Capital Ciudad de Panamá, Cidade de Panamá
Presidente Martín Torrijos
Área
 - Total
 - % auga
Lugar 115º
78.200 km²
2,9%
Poboación
 - Total
 - Densidade
Lugar 131º
3.000.463
37 hab./km²
Independencia
 - Declarada
De España
28 de novembro de 1821
De Colombia
3 de novembro de 1903
Moeda Balboa e dólar estadounidense
Fuso horario UTC -5
Himno nacional Himno Istmeño
Dominio Internet .pa
Código telefónico +507
Membro de: ONU, OEA.

A República de Panamá é un país de América central, ubicado entre Costa Rica e Colombia, o mar Caribe e o Océano Pacífico. A súa principal fonte de ingresos é o portádego do Canal de Panamá dende 1999 en que deixou de ser estadounidense.

A capital do país é Cidade de Panamá, oficialmente Panamá, coloquialmente dita, con frecuencia, Panamá City.

Índice

[editar] Xeografía

A República do Panamá está situada no istmo que une a América Central con América do Sur. O país, dividido polo Canal do Panamá, está percorrido no centro por cadeas montañosas a maneira dun elevado espiñazo, mentres desde estas ás costas se desenvolven alturas de transición até as chairas costeiras, que son percorridas por ríos de curto percorrido.

No oeste do país érguese a serra de Talamanca, que se prolonga desde a veciña Costa Rica. Nela se levantan as maiores altitudes do país, que superan os 3.000 m, como o Cerro Echande (3.168 m), o volcán Chiriquí ou Barú (3.475 m) ou o Cerro Fábrega (3.335 m). Estas cimas son continuadas pola serra de Tabasará, con cimas de menor desenrolo (Cerro Chorcha, 2.238 m; Cerro Chicú, 1.764 m). No lado sur-oriental do istmo as alturas son tamén menores (serra de San Blas, serra do Sapo, serranía do Darién).

Panamá conta con varias illas, das que cómpre citar na costa caribeña o arquipélado de Bocas del Toro pecha a lagoa litoral de Chiriquí. No Océano Pacífico sitúanse as illas Secas, a illa de Coiba, a de Jicarón e a de Cebaco a oeste; no leste, dentro do golfo de Panamá, as illas das Perlas e a illa de San Miguel.

Os ríos son curtos debido á relativa escasa distancia entre os cordais montañosos e o mar. Entre os cursos fluviais que desaugan no Mar Caribe, salientan o Sixaola, o Chagres e o Toabré. Na vertente do Océano Pacífico cabe citar o Chiriquí, o Santa María e, xa no Darién, o Tuira (con un importante afluente, o Chucunaque) e río Sambu. Hai tamén algúns lagos, como os que serviron para facilitar a construción da grande canle transoceánica; fóra deles o Alajuela e oBayano son os maiores.

[editar] Xeografía política

Mapa de Panamá con indicación das nove provincias e máis das tres comarcas indíxenas
Mapa de Panamá con indicación das nove provincias e máis das tres comarcas indíxenas

Panamá está dividido en nove provincias e tres zonas indíxenas con status de provincias denominadas, comarcas indíxenas (correntemente ditas soamente comarcas).

Hai ademais dúas comarcas no interior de provinias e quee son consideradas equivalentes a un correxemento.

As provincias (entre parénteses as capitais respeitivas) son:

  1. Bocas del Toro (Bocas del Toro).
  2. Chiriquí (David).
  3. Coclé (Penonomé).
  4. Colón (Colón).
  5. Darién (La Palma).
  6. Herrera (Chitré).
  7. Los Santos (Las Tablas).
  8. Panamá (Cidade de Panamá).
  9. Veraguas (Santiago de Veraguas).

As tres comarcas indíxenas son:

  1. Emberá (Unión Choco).
  2. Kuna Yala (El Porvenir).
  3. Ngöbe-Buglé (Chichica).

As dúas comarcas subprovinciais son:

  1. Kuna de Madugandí (Akua Yala).
  2. Kuna de Wargandí (Nurra).

[editar] Economía

Artigo principal: Economía de Panamá.

[editar] Ligazóns externas


Países do mundo | América central
Belice - Costa Rica - Honduras - Nicaragua - Panamá - O Salvador

wymiana linkami system wymiany linków SEO Tools tanie kredyty gotówkowe kreatyna Plaza 3 star hotel Los Angeles krynica noclegi Sejm Tyk