Caixa de ferramentasOutras linguas
|
Oscar WildeOscar Wilde (16 de outubro de 1854, Dublín – 30 de novembro de 1900, París) foi un escritor irlandés. Escribiu unha serie de comedias levemente irónicas, entre estas Unha muller sen importancia, O Leque de Lady Windernere, A importancia de ser serio. Os seus contos como O Príncipe Feliz, O rouxinol e a rosa son dunha beleza incalculábel. Entre os romances, destacan O retrato de Dorian Gray e O crime de Lord Artur Saville. A súa lírica alcanza grande profundidade na Balada do cárcere de Reading e no fragmento De profundis. En maio de 1895, após tres polémicos xulgamentos, foi condenado a dous anos de prisión, con traballos forzados, por "cometer actos inmorais con diversos rapaces". As condicións da prisión na Inglaterra eran extremamente crueis. Wilde escribiu unha denuncia longa e mordaz contra un rapaz chamado Bosie, publicada no libro De profundis, acusándoo de telo arruinado. Bosie era o apelido dun dos seus amantes. Foi o pai de Bosie quen levou a Oscar Wilde ao tribunal.
[editar] Obras[editar] Poesía
[editar] Teatro
[editar] Prosa
|