Nova York - New York

Nova York
Bandeira Escudo
Mapa
Información
País Estados Unidos
Estado Nova York
Superficie 1.214,4 km2
Poboación 8.214.426 (2006)
Densidade 10.456 h/km²
Alcalde Michael Bloomberg
Páxina Oficial

Nova York (en inglés: New York City e, oficialmente, The City of New York; en castelán: Nueva York; en portugués: Nova Iorque) é a principal cidade do Estado de Nova York e dos Estados Unidos de América. Foi construída a partir dunha pequena colonia na illa de Manhattan, nos seus comezos holandesa co nome de Nova Amsterdam, que pasou logo a mans inglesas.

Cos seus oito millóns de habitantes, que chegan aos 18,7 millóns na sua área metropolitana, a rexión metropolitana de Nova York é facilmente a maior dos Estados Unidos da América, e a segunda máis populosa da América do Norte (despois da Cidade de México). De feito, apenas dez Estados americanos (non incluíndose nesta lista o Estado de Nova York) posúen máis habitantes do que a cidade de Nova York. Desde a súa fundación en 1625, Nova York ten sido un dos principais destinos de inmigrantes que, chegados de todas as partes do mundo, fixeron dela cidade altamente cosmopólita, e unha das máis diversificadas etnicamente do mundo.

As empresas financeiras e comerciais que operan na cidade desempeñan un papel primario na economía dos Estados Unidos e do mundo. Os bancos e as bolsas de valores instaladas na cidade axudan a financiar a maioría das empresas americanas. Nova York é unha cidade que non para no tempo. Varias empresas, centros comerciais e outros estabelecementos, ben como seu sistema de transporte público (bus e metro) operan 24 horas por día, 7 días por semana. É por iso que ás veces se describe como The City That Never Sleeps ("A cidade que nunca dorme").

Porén, Nova York, como todas as grandes metrópoles mundiais, enfréntase a enormes problemas de cuño socio-económico. Cerca de un millón de habitantes reciben algún tipo de axuda social, e decenas de millares de familias viven en guetos espallados pela cidade. Moitas persoas, os "sen-teito", vense obrigadas a viviren na rúa. A contaminación, a criminalidade, os conflitos raciais e o alto custo de vida son problemas que fan parte de Nova York, forzando a moitas persoas a abandonaren a cidade, e migraren para os arrabaldos ou outras rexións do país.

Malia os seus problemas, Nova York continúa a ser considerada unha das cidades máis interesantes e fascinantes dos Estados Unidos - se non do mundo - atraendo máis turistas do que calquera outra cidade americana, sexan turistas norteamericanos ou internacionais.

[editar] Datos

  • Superficie: 779,59 km2
  • Poboación: 8.274.527 hab. (2007)

A cidade divídese en cinco distritos, a poboación de cada un deles é:

Distritos de Nova York
Distritos de Nova York

Ten 3 aeroportos (JFK, La Guardia e Newark), máis de 12.000 taxis, 490 estacións de metro e máis de 17.000 restaurantes. A poboación hispana é superior ós 2 millóns de persoas.

Nova York é tamén o centro da Área Metropolitana de Nova York, cunha poboación de 21.199.865 habitantes, unha das maiores do mundo.

[editar] Historia

Ver tamén: Historia urbana de Nova York.

Os primeiros europeos en chegar ó actual territorio neoiorquino foron os neerlandeses, que fundaron a cidade de Nova Amsterdam.

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
  • NYC.gov – Sitio Oficial da Cidade de Nova York (en inglés).



Bandeira de Nova York Distritos (Boroughs) de Nova York

Bronx | Brooklyn | Manhattan | Queens | Staten Island




SEO Tools system wymiany linków system wymiany linków SEO Tools tanie kredyty gotówkowe kreatyna Plaza 3 star hotel Los Angeles krynica noclegi Sejm Tyk