Caixa de ferramentasOutras linguas
|
Nova Celandia - New Zealand
Nova Celandia é un país situado no Océano Pacífico sur, ó leste de Australia, composto por dúas illas principais e unha manchea de pequenas illas. A capital é Wellington. A poboación é de orixe europea e aborixes maorís, que denominan ao país Aotearoa.
[editar] XeografíaNova Celandia está relativamente illada xeograficamente, o seu veciño máis próximo, Australia, sitúase a 2.000 km ao noroeste. O clima é temperado e húmido, a temperatura promedio é de 12º C. O extremo norte ten un clima subtropical mentres que no sur o inverno é rigoroso. Nova Celandia está formada por dúas illas maiores, a Illa Norte (Te-Ika-a-Maui) en maorí e a Illa Sur (Te Wai Pounamu) e algunhas illas menores. As illas principais atópanse entre as maiores do mundo e a suma da área total que ocupan é de 268.680 km2. De norte a sur este país esténdese por 2.000 km aproximadamente e está situado a 1.600 km ao sueste de Australia. A illa Norte atópase separada da Sur polo estreito de Cook e numerosos illotes. Estas illas formaban parte do supercontinente de Gondwana fai uns 85 millóns de anos, época na cal pola deriva continental comezaron a separarse do bloque que conformaban con Australia. A Illa Sur é a maior e atópase dividida de nordés a suroeste polos Alpes Meridionais (ou Alpes Neocelandeses), coa súa maior altura no Monte Cook de 3.754 metros. Hai 18 picos de máis de 3.000 metros nesta illa. A Illa Norte é menos montañosa, pero contén volcáns. O pico máis alto desta illa é o Monte Ruapehu de 2.797 metros, o cal é un volcán activo. Os Alpes Neocelandeses aínda están nun proceso de elevación posuíndo xeos eternos nos seus cumes e numerosos glaciares que desembocan en lagos pola vertente oriental ou en fiordos pola vertente occidental. As outras illas teñen menos área e poboación. As máis importantes son:
O clima é tépedo e húmido, cunha temperatura media de 12 ºC. O extremo norte ten un clima subtropical mentres que o inverno do sur adoita ser rigoroso. Wellington é coñecida polos seus días ventosos.
[editar] Subdivisións
Está subdividida en 16 rexións:
[editar] HistoriaO territorio de Nova Celandia é un dos últimos lugares en ser habitado. Probablemente os maoríes chegaron entre os anos 500 e 1300 adC, substituíndo aos nativos Moriori. Os primeiros europeos en chegar á rexión fixérono na probable viaxe de Juan Jufré e de Juan Fernández á Oceanía, ocasión na cal descubrirían Nova Celandia para España, a fins de 1576; este suceso baséase nun documento que se presentou a Felipe II e en vestixios arqueolóxicos (cascos estilo español) atopados en covas no extremo superior da Illa Norte. Pero máis famoso é a viaxe do neerlandés [[Abel Janszoon Tasman quen navegou polas costas da Illa Sur e Illa Norte en 1642. Os holandeses chamaron ás illas Staaten Land (Terra dos Estados) aínda a inicios do século XXI uns 100.000 neozelandeses teñen orixes neerlandeses; máis tarde recibiu o nome de Nova Celandia. En 1769 James Cook realizou varios recoñecementos destas illas. Isto encabezou expedicións de baleeiros europeos e o seu consecuente colonización.
Firma do tratado de Waitangi, 1840
Nova Celandia converteuse en colonia británica co Tratado de Waitangi de 1840, baixo promesas que non foron totalmente cumpridas. Ata o día de hoxe, este tratado está sendo discutido e permanece como a orixe de divisións e resentimentos para moitos, en 1861 o descubrimento de praceres auríferos en territorios que o tratado aceptaba como maoríes significou un novo ataque aos dereitos dos aboríxenes quen responderon cunha heroica resistencia chamada Guerra Maorí . En 1893 Nova Celandia converteuse no primeiro país do mundo en outorgar o sufraxio feminino sen restricións, grazas ao movemento liderado por Kate Sheppard, aínda que ás mulleres só permitíaselles votar pero non presentarse a eleccións. As papeletas femininas de votación adoptáronse apenas semanas antes das eleccións xerais. Máis recentemente, desde 1919, as neocelandesas tiveron o dereito a ser elixidas para un cargo político. Actualmente a gobernadora xeral, a primeira ministra e a xefa estranxeira de Estado son mulleres. Este país transformouse nun dominio independente o 26 de setembro de 1907 por unha proclamación real. A independencia foi cedida polo Parlamento do Reino Unido co Estatuto de Westminster en 1931 e foi adoptado polo Parlamento de Nova Celandia en 1947. Desde entón, é un estado independente que pertence á Mancomunidade Británica de Nacións ou Commonwealth. [editar] Economía
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||