Montserrat

Montserrat
Bandeira de Montserrat Escudo de Montserrat
Bandeira Escudo
Lema: Each Endeavouring, All Achieving
(Galego: Cada persoa esforzandose, todas alcanzando)
Himno nacional: God Save the Queen
 
 
Capital
 • Poboación
Plymouth¹
Abandoada (2005)
Cidade máis poboada Brades
Linguas
 • Oficiais
n/d
Inglés
Forma de goberno Territorio de Ultramar
S.M. Isabel II
Deborah Barnes-Jones
John Osborne
Dependencia
 • Fecha
Al Reino Unido
-
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 227º
102 km2
n/d
0 km km
n/d km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto xº
9.245 (2004 est.)
90,6 hab/km2
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total
 • PIB per cápita

-
-
IDH n/d
Moeda Dólar do Caribe Oriental (EC$)
Xentilicio de Montserrat
Fuso horario UTC-4
Dominio de Internet .ms
Prefixo telefónico +1-664
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO -
Membro de: Reino Unido, UPU

¹ Debido á erupción do Soufriere Hills a capital foi abandonada, Brades é a capital provisional.

Tódolos países do mundo

A illa de Montserrat é un Territorio de Ultramar dependente do Reino Unido situado ao sueste da illa de Porto Rico, en augas do Mar Caribe. É unha das Illas de Sotavento, que forman parte das Antillas Menores ou Pequenas Antillas ao suroeste de Antiga e ao noroeste de Guadalupe. A illa foi nomeada pola montaña do mesmo nome (situada preto de Barcelona en España) por Cristóbal Colón en 1493.

Índice

[editar] Historia

Cristovo Colón descobre a illa en 1493 e bautízaa co nome actual. Con todo, non é ata 1632 cando chegan os primeiros colonos británicos. Francia intenta ocupar a illa en dúas ocasións, entre 1664 e 1668 e despois entre 1782 e 1784, con todo os británicos reestablecen o poder.

En 1956 a illa deixa de ser administrada como parte da Federación de Sotavento e en 1967 a illa decide continuar o seu status colonial. En 1989 a illa fora azoutada polo furacán Hugo. En 1995 o volcán Soufriere Hills entra en erupción e destrúe a cidade de Plymouth, obrigando á poboación a evacuar a illa.

[editar] Goberno e Política

Un gobernador actúa como o xefe de estado simbólico e é o representate da Raíña. Un Ministro Principal elixido é o xefe de goberno. O seu máximo tribunal de xustiza é a Suprema Corte do Caribe Oriental.

Montserrat é membro da Comunidade do Caribe e da Organización de Estados do Caribe Oriental.

[editar] Organización político-administrativa

Politicamente a illa divídese en 3 parroquias:

[editar] Xeografía

Montserrat localízase ao sueste de Porto Rico e ao suroeste da illa de Antiga.

A illa é montañosa e volcánica na súa totalidade e o seu punto máximo é o volcán Soufriere Hills (914 m) que se atopa actualmente activo; existen tamén algunhas pequenas praias na costa.

O clima é tropical con pequenas variacións de temperatura e de xuño a novembro a illa é azoutada por furacáns.

Mapa de Montserrat
Mapa de Montserrat
Volcán Soufriere Hills, ó sur, en erupción
Volcán Soufriere Hills, ó sur, en erupción

[editar] Economía

A súa moeda é o dólar do Caribe Oriental. A economía de Monserrat baséase na pesca e o turismo. Tamén é importante a emisión de selos postais para coleccionistas.

[editar] Demografía

O país está composto dunha maioría de mulatos, moitos destes descendentes de irlandeses e africanos; tamén existe unha minoría branca. A maioría da poboación profesa o protestantismo (metodistas, pentecostales, adventistas do Sétimo Día) cun 45%, o anglicanismo cun 35%, o catolicismo cun 15%, e outras minorías relixiosas.

O 18 de xullo de 1995 o volcán Soufriere Hills fixo erupción e desde esa data continúa arroxando lava e cinza esporadicamente, o cal provocou a emigración da maioría da poboación da illa. Na actualidade o sur da illa atópase practicamente deshabitada, principalmente a área de Plymouth, a cidade capital. Ata que volva a calma en Plymouth, o pobo de Brades serve como sede temporal de goberno. Antes da erupción volcánica, a poboación era de 13.000 habitantes. Máis de 9.000 fuxiron pero moitos volveron. A poboación actual está ao redor de 9.000 e a maioría da poboación reside no noroeste da illa.

[editar] Cultura

Como outras illas do Caribe, na cultura da illa hai influencias europeas e africanas. Un aspecto a resaltar é a influencia irlandesa xa que os primeiros colonos brancos foron de Irlanda.


system wymiany linków wymiana linkami wymiana linkami system wymiany linków SEO Tools tanie kredyty gotówkowe kreatyna Plaza 3 star hotel Los Angeles krynica noclegi Sejm Tyk