Caixa de ferramentasOutras linguas
|
MolièreCollection Comédie-Française. Jean-Baptiste Poquelin, coñecido como Molière, bautizado o 15 de xaneiro[1] 1622, finado o 17 de febreiro 1673, foi un dramaturgo e actor de teatro francés. Considerado como o "xefe" da Comedie Francaise, aínda é o autor máis actuado. Sen piedade para o pedantismo dos falsos científicos, as mentiras dos médicos ignorantes, a pretensión dos burgueses enriquecidos, Molière ama a mocidade e quere liberala das súas limitacións absurdas.
[editar] MocidadeFillo dun carpinteiro, atribúese, sen que iso sexa seguro, a razón do seu interese polo teatro aos seus tíos, que a miúdo o levaban a ver obras de teatro. Desde 1653 até 1939 estuda no collège de Clermont (actual liceo Louis-le-Grand) fundado polos xesuítas. Co seu avó, foi ver representacións teatrais ao Hõtel de Bourgogne, tamén foi ás representacións de improvisacións do teatro italiano. Segundo certas fontes, coñecería o príncipe de Conti, que se fará un dos seus protectores. O 18 de decembro de 1637, presta o xuramento de tapiceiro real, repetindo así a carga do seu pai preto do rei Luís XIII. Non sabemos se Molière exerce ou non o seu novo oficio, o certo é que en 1640 coñece a unha familia de comediantes, os Béjart e namórase de Madeleine, protexida do duque de Modène. En 1641, sen ter fonte segura, segue o ensino de Pierre Gassendi, filósofo epicúreo e mestre que sinou a libertinos como Cyrano de Bergerac. En 1642, toma as súas licenzas de dereito na universidade de Orléans e volve a París onde se inscribe na avogacía durante seis meses. Logo substitúe ao seu pai que quere deixarlle a súa carga e ve con malos ollos as súas relacións cos Béjart. Acompaña a corte de Luís XII a Narbonne. No xaneiro de 1643, Jean-Baptiste renuncia ao cargo do seu pai e este córtalle os subsidios. Madeleine Béjart dá a luz unha nena, Armande, que o duque de Modène recoñece como filla. O 13 de xuño asínase o acto de fundación da compañia de teatro, o Illustre Théâtre (Teatro Ilustre) , baixo a dirección de Magdalena Béjart. [editar] Comezos complicadosEn 1644, a tropa vai actuar por Francia adiante. En xullo están de volta a París, Jean-Baptiste noméase "Molière" e faise director da tropa. Sobre a escolla deste nome de escena, Grimarest, o seu primeiro biógrafo, escribíu: "xamais lle quixo dicir a razón, ata aos seus mellores amigos". A tropa actúa na sala do Jeu de Paume en París e sufre un fracaso agudo. A tropa creba en 1645 e Molière está encarcerado no Châtelet durante algúns días, logo o seu pai paga as débedas da tropa para facerlle saír e, unha vez liberado, a tropa vaise por Francia adiante e atópase con outra tropa dirixida polo comediante Charles Dufresne, ao servizo do duque de Épernon, gobernador de Guyenne (antigo nome da rexión actual de Aquitania). Entre xaneiro de 1646 e marzo de 1657, a tropa actúa en Nantes, Albi, Tolosa, Carcasona, Poitiers, Viena, Narbonne, Agen, Pézenas, Grenoble, Lión, Montpellier, Dijon, Aviñón, Bordeus, Béziers e Ruán. En 1653, a tropa pasa ao servizo do príncipe de Conti, irmán do gran Condé e novo gobernador de Guyenne. Pero este acaba por ceder ás presións relixiosas do momento e efectúa unha conversión de "relixiosidade". O teatro vólvese entón para el sinónimo de perdición e bota fóra da súa casa a tropa que pasa entón ao servizo do gobernador de Normandía. Molière renuncia ás súas pretensións tráxicas: é unha gran estrela cómica e volve ser xefe de tropa en 1650. Compón farsas sobre o modelo italiano. Crea o personaxe de Mascarille nas súas primeiras verdadeiras pezas: L'Étourdi ("O Atolondrado") en Lión no 1655, Le Dépit amoureux ("O Despeito amoroso") en Béziers no 1656. En 1658 coñece a Pierre Corneille que xa está envellecido e actúa en Ruán. [editar] O principio da gloriaMolière regresa a París en 1658. Protexido por Monsieur, irmán do rei, xoga entón diante de Luís XIV unha traxedia de Corneille, Nicomède, que aburre, e unha farsa, Le docteur amoureux ("O doutor namorado") que resulta ser un triunfo. Molière dispón dun gran talento cómico: a súa voz e as súas mímicas dan hilaridade ao público. A tropa de Molière goza pronto dunha fama importante no cómico, e o rei instálao ao Petit-Bourbon, onde actúa alternativamente coa tropa italiana de Scaramouche. En 1659 a tropa perde a Joseph Béjart e os Du Parc déixano para irse á tropa do Théâtre du Marais. Contratan aos novos comediantes La Grange e Du Croisy. O 18 de novembro, é o éxito clamoroso da peza Les Précieuses ridicules, onde Molière no papel de Ascarille dálle a réplica a Jodelet, comediante famoso contratado para a ocasión, e o favor do rei. O teatro do Petit-Bourbon logo é destruído para as necesidades da construción da columnata do Louvre, o que arrastra por tres meses de paro para a tropa. O rei instala a Molière en 1660 no Palais-Royal, onde Molière dá a Sganarelle ou o cornudo imaxinario. É consagrado por Antoine Baudeau de Somaize (autor do Grand Dictionnaire des Précieuses) como "o primeiro farsante de Francia". O seu irmán menor morre, e Molière convértese así no único herdeiro da carga real do seu pai con quen se reconciliou. Molière comparte, en 1661, o teatro do Palais-Royal coa tropa de Domenico Biancolelli, alias Arlequín. Presenta a peza Dom Garcie de Navarre que é un fracaso e a peza L'École des maris que triunfa. O mesmo ano, Molière instálase fronte ao Palais-Royal. O 17 de agosto crea Les Fâcheux ("Os lastemosos"), a súa primeira comedia-ballet, para o castelo de Vaux-le-Vicomte, residencia de Nicolas Fouquet na ocasión na que Fouquet recibe ao rei. En 1662, Molière casa con Armande Béjart, vinte anos menor ca el, coa que terá un fillo, Louis, sendo o rei o seu padriño, bautizado o 24 de febreiro de 1664 e morto á idade de oito meses e medio, unha nena, Esprit-Madeleine, bautizada o 4 de agosto de 1665, e outro fillo, Pierre, bautizado o 1 de outubro de 1672 e morto o mes seguinte. [editar] A obra
[editar] Posteridade
Estatua de Molière no concello de París.
As obras teatrais de Molière seguen a ser representadas aínda hoxe en moitas partes do mundo. [editar] Molière en Galicia
[editar] NotasFonte: artigo iniciado case en totalidade pola tradución do artigo francés (w:fr:Molière).
[editar] Véxase tamén[editar] Ligazóns externas
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||