Modelo:Vpb cab

Para propoñer que unha páxina sexa borrada, lea antes con atención os parágrafos que veñen a continuación.

Votacións para borrar é unha páxina onde os usuarios da Galipedia deciden cando un artigo ten que ser eliminado. As entradas listadas aquí, polo xeral, permanecen uns dez días aproximadamente, despois do cal algunha das seguintes accións ten lugar como resultado das decisións consensuadas da comunidade:

En primeiro lugar, comprobe as ligazóns desta páxina premendo en "Páxinas que ligan con esta" na barra de navegación esquerda para facerse unha idea do que representa esta páxina na Wikipedia. Así mesmo, comprobe o historial da páxina para comprender a súa evolución. Entón, lea meticulosamente Política e normas:Borrar antes de facer unha proposta. Unha vez teña feito todo iso, propoña a páxina para borrar seguindo as instrucións que aparecen ao final da páxina.

Sexa comprensivo cos principiantes, siga as normas de conduta da Wikipedia, sexa cuidadoso e repase o significado do seu comentario antes de publicalo. Intente evitar que sexa malinterpretado. Asine o voto con catro (~~~~) . Os votos que procedan de usuarios que utilizan máis dunha identidade serán ignorados e o mesmo sucederá cos trolls. Para realizar o seu voto pode usar algún destes modelos:

  • Concordo. Se está de acordo coa proposta engada {{Concordo}}.
  • Discordo. Se non está de acordo ou en oposición insira {{Discordo}}.
  • Neutro. Se non está en acordo ou desacordo escriba {{Neutro}}.

Ademais diso, tamén pode usar:

  • Comentario ({{Comentario}}).
  • Información: ({{Info}}).
  • Pregunta: ({{Pregunta}}).

Por favor trate de argumentar a súa postura engadindo algunhas palabras que fundamenten o seu acordo ou desacordo coa proposta, en particular cando se opoña. Teña en conta que a votación non é necesariamente sempre unha mera suma de votos e non esqueza asinar (con ~~~~).


system wymiany linków wymiana linkami wymiana linkami wymiana linkami wymiana linkami tanie kredyty gotówkowe kreatyna Plaza 3 star hotel Los Angeles krynica noclegi Sejm Tyk