Caixa de ferramentasOutras linguas
|
Maria CallasMaria Anna Cecilia Sophia Kalogeropoulos, nada en Nova York o 2 de decembro de 1923 e falecida en París o 16 de setembro de 1977, máis coñecida polo nome artístico de Maria Callas, foi unha soprano grega, a máis famosa cantante de ópera do período de posguerra. Combinaba unha impecable técnica do bel canto con un gran talento dramático, o que fixo dela a máis famosa actriz cantante naquela época. Era extraordinariamente versátil, xa co seu repertorio ía dende a ópera seria clásica, como La Vestale de Gaspare Spontini, ata as óperas de Giuseppe Verdi, ou Giacomo Puccini. Os seus estudios da coloratura permitíronlle cantar papeis moi diferentes.
|