Caixa de ferramentas |
Margaret E. KnightMargaret E. Knight (nada en York, Maine o 14 de febreiro de 1838 e falecida o 12 de outubro de 1914) foi unha inventora estadounidense. Creou uns 90 inventos e 26 patentes, incluÃda unha máquina para fabricar bolsas de papel. Por este motivo foi chamada a 'raiña das bolsas de papel'. O seu primeiro invento patentouno á idade de 30 anos, aÃnda que se lle coñecen artiluxios caseiros xa na súa xuventude, incluÃdos xoguetes para os seus irmáns. É considerada a 'Edison' feminina', abarcando o seu campo de invencións temas relacionados coa vestimenta, motores, prevención de accidentes nas fábricas, calzado, e outros. A historia da 'raÃña' é sinxela: despois comezar a traballar dende nena nunha fábrica de algodón, inventou o aparello para plegar, pegar e facer fondos cadrados para as bolsas, que anteriormente parecÃanse ós sobres actuais, cun baixo aproveitamento do espazo interior. Fixo un modelo de madeira, pero necesitaba un en ferro para a patente. Un traballador na compañÃa que lle facÃa o modelo en ferro patentou a máquina e ella tivo que loitar legalmente ata consguir a patente en 1870. Ese mesmo ano fundou a súa propia e exitosa compañÃa, asociada cun home de negocios. A máquina orixinal inventada por ela para as bolsas está no Museo Smithsoniano en Washington. [editar] ver tamén |