Caixa de ferramentas |
Marín
Marín é un concello da Provincia de Pontevedra en Galicia. Pertence xeografica e administrativamente, segundo o Mapa comarcal de Galicia á Comarca do Morrazo. Desde o punto de vista socioeconómico está máis ben integrado na zona urbana de Pontevedra. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Marinense O municipio de Marín ten unha superficie de 36,7 km², inferior á media dos concellos de Galicia (que é de 93,57²) e dos da provincia de Pontevedra (que é de 71,57 km²), pero a súa situación entre o mar e a montaña proporciona un gran contraste e variedade de paisaxes. Conta con 8 quilómetros de costa, que forman parte da marxe dereita da ría de Pontevedra. Linda no norte coa ría de Pontevedra, ao leste co concello de Pontevedra, ao sur cos de Vilaboa e Moaña e ao oeste co concello de Bueu.
[editar] Poboación
A poboación está fortemente concentrada, para o que adoita ser habitual en Galicia, no núcleo urbano que conta con case 17.000 veciños. A poboación estranxeira (uns 2.000, que supoñen máis do 10% da poboación) procede na súa maior parte de América do Sur(37,05%) e África (35,10%), especialmente marroquinos, seguido moi de lonxe pola Unión Europea (14,07%) e Asia (8,36%).
Dende maio de 2007, o concello é gobernado por Francisco Andrés Veiga Soto (PSdG-PSOE) co apoio do BNG. Anteriormente o alcalde era Francisco Antonio Santiago Fernández "Toneco" (PSdG - PSOE) en alianza con MAR-in (marinenses independentes). Marín está situado na península do Morrazo, na marxe meridional da ría de Pontevedra, a 7 km de Pontevedra e 27 de Vigo. O concello pertence por razóns xeográficas á península do Morrazo, pero a súa proximidade e intensas relacións funcionais coa cidade de Pontevedra, leva a incluír este concello, dende o punto de vista económico que non administrativo, na bisbarra urbana de Pontevedra, da que forma parte Poio. Tanto é así, que para o viaxeiro non queda claro onde empeza o concello de Marín e onde remata o de Pontevedra. Ademais de Pontevedra, linda cos concellos de Vilaboa, Moaña e Bueu. A imaxe de Marín, capital da cigala, está asociada á papeleira de ENCE (aínda que estas instalacións industriais atópanse dentro do concello de Pontevedra) e á Escola Naval Militar, creada en 1943 e que ocupa na parte central do núcleo urbano cunhas instalacións de 241.000 m². Son tradicións relevantes a danza das espadas. [editar] XeografíaAs alturas maiores do concello están no leste, o Monte Xaxán (600 m) e Cotorredondo (500 m). A partir delas, o relevo descende en pendente cara a costa, na que alternan os acantilados e as praias, debido á alternancia de faixas de esquistos e granitos. A illa de Tambo está situada a pouco máis dun quilómetro do porto e é de propiedade pública desde hai pouco, xa que antes pertencía á Armada Española. Con todo, a súa xurisdición correspóndelle ao concello de Poio. A temperatura media anual é de 14,4°C, e oscila entre os 9'3°C en xaneiro e os 19,8°C en xullo. Só tres meses ao ano (decembro, xaneiro e febreiro) teñen unha temperatura media inferior a 10ºC. Chove bastante (1.800 mm), especialmente a finais de outono e inverno. En xuño descenden bruscamente as precipitacións e son febles durante os tres meses de verán para volver aumentar en setembro. Disto derívase un clima suave, que permite a presenza de árbores tipicamente mediterráneas coma a laranxeira, o limoeiro, kiwi, etc. [editar] PraiasNo litoral do concello de Marín hai gran catidade de praias, das cales catro contaron con bandeira azul no ano 2006: Praia de Portocelo, Mogor, Aguete, e Loira, ademais de Lapamán, que comparte co concello de Bueu. Facendo un percorrido dende a vila de Marín a primeira delas é a de Praia de Portocelo, que é a que conta cos mellores servizos (duchas, restaurante, vixilancia, etc.). A pesar de ser inclinada de máis, é acolledora e dista pouco dos xardins, centro da vila. Cun paseo menor os 2 km, -o cal favorece as oleadas de bañistas que marchan cara as refrescantes augas da ría, ataviados có mínimo imprecindible para pasar unha agradabel xornada-, o camiñante pode gozar dunha fermosa vista a ría e visitar a emblemática Escola Naval por fóra, xa que forma parte de máis da metade do traxecto; pasada a Escola encontrámonos cos eucaliptos (compárese o seu tamaño actual con aqueles que se ven na película de "Botón de Ancla") que custodian a estrada ata chegar a praia. [editar] HistoriaMarín chamouse antigamente San Xiao de Ancorados por ancoraren alí os barcos de liña. O padre Sarmiento di que o seu nome ten que ver coa palabra latina para mar, mare. Como por todo o Morrazo, abondan os dolmens e as gravuras rupestres. No século XII dona Urraca concedeulle o reguengo propiedade de Diogo Arias Deza. Á morte deste, pasou a ser propiedade do Mosteiro de Oseira. Desde Marín houbo sempre unha forte emigración cara América, especialmente nos séculos XVI e XVII, que non cesou até o XX. Marín estivo sempre á sombra de Pontevedra, se ben a partir do século XVII cobrou maior importancia o seu porto, xa que o de Pontevedra quedou cegado, sen calado útil para o tráfico portuario. A vila foi ocupada polos franceses. O 4 de abril de 1809, as famosas "Alarmas do Morrazo", lideradas por J. Antonio Gago de Mendoza y Freire, asaltaron o forte de San Fernando e renderon a gornición francesa. Nesas datas, estiveron fondeadas no porto as fragatas inglesas "Venus e Libeli" que facilitaron armas e municións ós sublevados. Durante o século XIX intensificáronse as relacións comerciais con Inglaterra, froito do cal chegaron misioneiros protestantes, destacando a Thomas Blamire, co que o concello se converteu nun foco de expansión protestante nas Rías Baixas. Na actualidade a comunidade evanxélica no concello alcanza o 10%, o índice máis alto de tódolos concellos do estado español. A pesares de existir varios grupos de culto, a poboación protestante concéntrase maioritariamente en dúas congregacións, na Igrexa Evanxélica de Marín e na Igrexa Evanxélica de Seixo. Ámbalas dúas celebran os seus oficios en edificios centenarios de valor histórico-arquitectónico. [editar] EconomíaMarín é o terceiro porto pesqueiro e de tráfico de contedores galego. Conta con importantes plantas conxeladoras e ten unha importante actividade no desembarco de pescada, ollomol e xurel. En consecuencia é base dunha importante flota de conxeladores. Poboación ocupada por sectores e sexo (IGE, 2001)
A maior parte das empresas sitúase no sector servizos (en concreto no apartado de "Comercio, reparación de vehículos de motor, motocicletas e ciclomotores e artigos persoais e de uso doméstico"). O sector da construción tamén engloba un volume relevante, e finalmente, a industria só é manufactureira. Desde o punto de vista formativo, o nivel dos traballadores ou persoas en idade de facelo é baixo ou medio baixo, é dicir que unha porcentaxe importante da poboación, o 58,5%, ou ben non rematou os seus estudos elementais ou ben só posúe estes estudos. Un 2,2% que non sabe ler nin escribir e un 12,2% só iniciou os seus estudos, para abandonalos a idade moi temperá. [editar] Cultura e monumentos
[editar] Marín na cultura popular
[editar] Galería de imaxesVexa Galería de imaxes de Marín para unha relación completa das imaxes dispoñibles deste concello.
[editar] Lugares de MarínPara unha lista completa de todos os lugares do concello de Marín vexa: Lugares de Marín. [editar] Parroquias[editar] Véxase tamén
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||