Caixa de ferramentas |
Magnetita
A magnetita é un mineral da clase dos óxidos cuxa fórmula química é Fe3O4 (31% de FeO e 69% Fe2O3).
[editar] AspectoA magnetita cristaliza normalmente en forma de octaedros e tamén en dodecaedros (aínda que é moito máis raro). Pode aparecer tamén formando masas ou en forma de area. A súa cor e negra e o seu brillo metálico. [editar] Lugares onde se atopaPor ser un mineral de xénese moi variada, a magnetita pódese atopar en diversos ambientes. Aparece en abundancia en Kirunia (Suecia) e en forma de area nas rías galegas de Vigo e de Pontevedra. [editar] Usos da magnetitaA magnetita é unha importante fonte de ferro. [editar] PropiedadesOs momentos magnéticos dos diferentes catións de ferro do sistema encóntranse fortemente acoplados por interaccións antiferromagnéticas, pero de forma que en cada cela unidade o resultado é un momento magnético non compensado. A suma destes momentos magnéticos non compensados, fortemente acoplados entre eles, é a responsable de que a magnetita teña propiedades magnéticas e se comporte coma un imán. [editar] Outros óxidosO rutilo e a casiterita son outros óxidos importantes. |
|||||||||||||||||||||||||||