Caixa de ferramentasOutras linguas
|
Madrid
Madrid, capital de España, é unha cidade situada no centro da Península Ibérica, ó sur da Serra de Guadarrama, no río Manzanares. Ten unha poboación de 3.093.000 habitantes segundo estimacións do 2003, e unha área metropolitana de 5.603.000 habitantes segundo estimacións do mesmo ano. Madrid é tamén capital da Provincia de Madrid e da Comunidade de Madrid, sendo ademais a meriande cidade da Península.
[editar] HistoriaMadrid é habitado dente tempos prehistóricos, pero a primeira referencia escrita está nas crónicas do Califato de Córdoba. Mohamed I construiu un pazo no século IX (onde hoxe está o Pazo Real), e a cidade foi chamada Magerit (de onde provén Madrid). Afonso IV conquistou a cidade no 1085 na súa marcha ata Toledo, e derrubou a mezquita construindo a igrexa da Virxe da Almudena. [editar] PoboaciónA poboación de Madrid foi experimentando un importante aumento dende que se converteu en capital. Foi especialemente significativo no século XX, debido a gran cantidade de inmigración, tanto interio coma exterior. Nembargantes, este aumeto desacelerouse en favor dos concellos da zona metropolitana a partir dos anos setenta, nos que Madrid comeza a perder poboación. No comezo do século XXI hai un aumento da inmigración. Segundo os derradeiros datos dispoñibeis, a 1 de xullo de 2005 a poboación de Madrid ascendía a 3.228.914 habitantes, cun aumento de 271.856 habitantes respecto ao censo do 2001. [editar] XentilicioO xentilicio dos habitantes de Madrid é «madrileño» o «matritense». Sen embargo, aos habitantes de Madrid chamóuselles tamén «gatos» debido a que, segundo conta a lenda, a conquista da cidade polas tropas de Alfonso VI a finais do século XI, realizouse mediante o asalto da muralla pola que treparon as tropas castelás. Outras lendas sinalan que o apelativo de «gatos» fóiselle outorgado aos ciudadáns de Madrid na Idade Media pola súa gran habilidade á hora de trepar polas murallas e acantilados coas mans espidas. [editar] División administrativamenteA cidade divídese administrativamente en 21 distritos, divididos ao mesmo tempo en distintos barrios.
[editar] Rañaceos en MadridO máis alto é a torre Picasso, 157 m de altura, sendo a segunda torre máis alta de España tras a torre Bali en Benidorm. Ten 46 andares. O segundo rañaceos máis alto da cidade é a torre Madrid no centro mesmo da cidade, na praza de España, con 142 metros, sendo no seu día o rañaceos máis alto do continente. O terceiro rañaceos máis alto é o edificio España, con 117 metros, situado tamén na praza de España, que data do ano 1953. Este foi o rañaceos máis alto até 1957. O cuarto é a torre Colón, na praza de Colón, con 116 metros, e do ano 1976. Séguenlle as torres Kio na Praza de Castela, con 114 metros. Hai moitos máis rañaceos na cidade que superan os 100 metros. E hai tamén proxectadas novas construcións tales como catro torres de máis de 230 metros, o chamado Catro Torres Business Area. Este será un parque empresarial no que se atopará o rañaceos máis alto de España, a Torre Repsol, con case 250 metros.
[editar] Cultura e Ocio[editar] Museos e GaleríasMadrid conta con importantes pinacotecas, as cales constitúen unha das principais atraccións turísicas da cidade. Tres dos principais museos atópanse no chamado triángulo do arte: o Museo do Prado, O Museo Thyssen-Bornemisza e o Museo Raíña Sofía. Os máis significativos son:
[editar] Galería de imaxes
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||