Outras linguas

Lingua inglesa

Inglés (English)
Falada en: Reino Unido, EUA, Canadá, e outros 70 países
Rexións do planeta: Europa occidental, América, África, Oceanía, Asia
Total de falantes: 380 millóns (primeira lingua), 600 millóns (primeira o segunda lingua)
Posición: 2-4 a no mundo.
Família lingüística:   Indoeuropea

   Linguas xermánicas
    Grupo Occidental
     Inglés

Status oficial
Língua oficial de: Reino Unido, algúns estados dos EUA, Australia, Filipinas, India, Malta, Canadá e outras ex-colónias británicas
Regulada por: ---
Codificacións
ISO 639-1 en
ISO 639-2 eng
Véxase tamén: Linguas xermánicasLingua

A lingua inglesa ou inglés pertence á familia indoeuropea, subfamilia xermánica e grupo occidental. É lingua oficial en Inglaterra (de onde é orixinaria), en Estados Unidos, Australia e moitos países africanos que foron colonia británica.

Na actualidade é unha lingua cun gran número de falantes e un maior número de persoas que a entenden, maioritaria en internet e a máis usada internacionalmente a nivel comercial ou científico. Isto débese a que os países de fala inglesa son os de maior importancia económica no mundo actual.

Índice

[editar] Historia

No século V, os invasores xermanos (Anglos e saxóns)dominaron toda a área de Inglaterra, onde se falaban linguas celtas (que hoxe sobreviven só en Escocia, Gales, Cornualles e Irlanda). Os dialectos falados por estes invasores convertíronse no que se coñecería despois coma idioma anglosaxón, do que na actualidade quedan algúns vestixios en zonas costeiras de Alemaña e os Países Baixos.

Tamén é salientable a influenza sobre a lingua inglesa que supuxeron os xutos, procedentes de Dinamarca.

Máis adiante, os viquingos establecéronse en partes da illa de Gran Bretaña. A súa lingua, o noruegués antigo, tamén interviu na formación do inglés.

No ano 1066, os normandos conquistaban Inglaterra. A alta nobreza que gobernou o país dende alí ata tres séculos máis tarde falaba soamente normando, unha lingua d'oïl moi próxima ó francés. Gran cantidade de vocabulario desta lingua filtrouse ó inglés, falado polas clases máis baixas. Así, aparecía o ingles medieval.

Tanto a aparición, no século XV, do Great Vowel Shift (ou Gran cambio vocálico) como a extensión, axudada polo goberno e pola imprenta, do dialecto londinense, levaron á definición do inglés moderno.

[editar] Lingua franca

o inglés é probablemente o terceiro idioma do mundo en número de falantes que o teñen como lingua materna: 340 millóns de persoas, sendo o segundo máis falado, despois do chinés mandarín. Se se conta tamén como segunda lingua tería outros 200 mill. de falantes.

O inglés, ao espallar Inglaterra a súa lingua por todo o mundo (Imperio Británico), e ao converterse os Estados Unidos de América na maior potencia económica e militar, converteuse de facto na lingua franca dos nosos días.

A pesares da existencia doutras linguas internacionais e de idiomas como o esperanto ou a interlingua que buscan o emprego dunha lingua máis neutral, o inglés constitúe hoxe en día o principal idioma de comunicación internacional. Isto débese a que unha "civilización" dominante polo regular non adopta outra lingua, senón que, pola contra impón a súa; esta é a razón pola que en moitos dos paises europeos fálanse linguas derivadas do latín, por ser esta a lingua oficial do imperio romano.

Actualmente existen propostas para a neutralidade no uso dunha lingua auxiliar, con todo desde o punto de vista económico perderíanse grandes cantidades de diñeiro que hai que pagar durante o proceso ensino-aprendizaxe, estes son por exemplos as regalías que se pagan polos libros e material didáctico en xeral, ademais dos exames de certificación que hai que renovar cada certo tempo. Dos que se deduce a negativa para adoptar unha lingua internacional diferente ao inglés por parte dos que obteñen proveito con este negocio.

[editar] Distribución xeográfica

Mapa da Anglosfera
Mapa da Anglosfera

O inglés sitúase no terceiro ou cuarto lugar na clasificación de linguas máis faladas no mundo (tralo chinés mandarín, o hindi e o castelán). Sobre 377 millóns de persoas téñeno como lingua nai.

Ademais, a lingua inglesa é a segunda lingua máis aprendida no mundo. No século XXconvertiuse na lingua franca mundial en numerosos ámbitos (comercio, negocios, turismo...), en detrimento do francés.

Estatus do inglés no mundo:

Hai unha gran cantidade de dialectos do inglés; polo xeral, as diferencias non son tan notables como para que non haxa intercomprensión.

Distribución dos falantes nativos de inglés por país (Crystal 1997)
Distribución dos falantes nativos de inglés por país (Crystal 1997)
País Falantes nativos
1 Estados Unidos 215.423.557[1]
2 Reino Unido 58.200.000[2]
3 Canadá 17.694.830[3]
4 Australia 15.013.965[4]
5 Irlanda 4.200.000+ (Approx)[2]
6 Sudáfrica 3.673.203[5]
7 Nova Celandia 3.500.000+ (Approx)[6]
8 Singapur 665.087[7]

[editar] Ligazóns

Linguas oficiais da Unión Europea
Búlgaro | Checo | Dinamarqués | Neerlandés | Inglés | Estoniano | Finés | Francés
Alemán | Grego | Húngaro | Irlandés | Italiano | Letón | Lituano | Maltés
Polaco | Portugués | Romanés | Eslovaco | Esloveno | Castelán | Sueco
Fonte: Sitio da Unión Europea

SEO Tools wymiana linkami kreatyna Gry Online Plaza 3 star hotel Los Angeles krynica noclegi Kredyty odnawialne