Caixa de ferramentasOutras linguas
|
Lingua casteláO castelán, ou español, é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en toda España e boa parte de América do Sur e centroamérica, como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a terceira lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarín e do inglés, pero a segunda en relevancia, se se observa que o mandarín non actúa como lingua internacional.
[editar] NomesA lingua castelá ten dous nomes, español e castellano. Este último é o preferido dentro do territorio de España debido á presenza doutras linguas cooficiais (galego, catalán, éuscaro...); o primeiro é o máis utilizado no contexto internacional. [editar] HistoriaO nacemento da lingua castelá pode situarse na época da Reconquista, en terras de Cantabria. Ó longo de toda a Idade Media, estendeuse por España ó mesmo tempo que o reino de Castela ía arrebatando terreos a Al-Andalus. E moi parecido a o que se falba na Hespaña visigótica antes da desastrosa lid de Guadalete. A posterior política centralizadora dos reis da España unificada (dende os Reis Católicos) levouna a converterse, durante moitos anos, na lingua de prestixio en todo o territorio do Estado, tanto na metrópole como nas colonias en América, Filipinas, etc. Na actualidade, atópase estendida pola meirande parte do territorio de España e América Central e do Sur (agás Brasil e outros estados como Surinam, Güiana, Güiana Francesa, etc.). Conta con importantes comunidades de falantes en Estados Unidos e moitos outros lugares do mundo. [editar] Variantes e lingua estándarDebido á grande extensión dos territorios nos que é falada, a lingua castelá conta cunha importante variedade dialectal. Así e todo, as diferenzas entre dialectos non son tan grandes como para prexudicar gravemente á intercomprensión. A Real Academia Española é a encargada de establece-la forma estándar do castelán. Tradicionalmente, baseouse na fala peninsular para facelo; nos últimos anos, levou a cabo un importante labor para incluír tódalas variedades americanas dentro do seu dicionario e a súa gramática. Os pronomes persoais de segunda persoa son un dos principais elementos de diferenciación entre dialectos. Na maioría da España peninsular, utilízase tú para o singular e vosotros para o plural, reservando as formas usted e ustedes para o trato formal. En toda América Latina, existe unha única forma de plural na segunda persoa (ustedes); en Arxentina, Uruguai e Paraguai, utilízase vos para a segunda persoa singular (este uso aparece tamén en moitos outros países latinoamericanos, pero non se atopa tan estendido a tódolos niveis sociais coma neses tres). Existen tamén diferenzas fonéticas (coma o seseo) e léxicas. [editar] Trazos caracterizadores respecto doutras linguas románicas
[editar] Táboa de vocabularioEsta táboa presenta unha comparativa do occitano con outras linguas romances.
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||