Caixa de ferramentasOutras linguas
|
Las VegasLas Vegas ou As Veigas é a maior das cidades do estado de Nevada nos Estados Unidos de América, así como a maior cidade fundada no século XX. Converteuse nun dos principais destinos turísticos do país grazas ás súas zonas comerciais e vacacionais, pero sobre todo grazas ós seus casinos. Dacordo co censo de 2000 a cidade tiña unha poboación de 478.434 habitantes. A oficina do censo estima unha poboación de 518.313 habitantes en 2003. Las Vegas foi a capital do condado de Clark desde o nacemento deste en 1909. Estudos recentes (ano 2005) cifran a poboación do área metropolitana en torno a 1.950.000 personas. Calcúlase que é habitual que haxa en torno á mesma cifra de turistas durante a tempada de vacacións que de habitantes: xa sexa por viaxes de estadounidenses que van pasar un fin de semana ou polo turismo mundial. O nome de Las Vegas aplícase frecuentemente ás áreas do condado de Clark que rodean a cidade, especialmente as áreas residenciais situadas dentro ou preto de Las Vegas Strip. A maior parte dos 7¼ quilómetros de Las Vegas Boulevard están situados fóra dos límites da cidade de Las Vegas, concretamente na area do condado chamado Paradise. Las Vegas é coñecida en ocasións como a cidade do pecado (Sen City en inglés) debido á popularidade do xogo e apostas legais, a dispoñibilidade de bebidas alcohólicas a calquera hora do día (como en toda Nevada), ou a legalidade da prostitución nos condados veciños (as leis de Nevada prohiben a prostitución nos condados de máis de 400.000 habitantes). O governo local e os promotores turísticos da cidade prefiren o alcume de "o que pasou en Las Vegas, quedou en Las Vegas". A imaxe glamurosa da cidade fíxoa escenario de diversas películas e series televisivas.
Las Vegas Strip en 2003.
|