Caixa de ferramentasOutras linguas
|
Inglaterra - England
Inglaterra é un dos países constituintes do Reino Unido. Historicamente dominante, ocupa a metade sur da illa da Gran Bretaña, á excepción dunha área a oeste, correspondente ao País de Gales. Limita a Norte coa Escocia, a Leste co Mar do Norte, a Sur co Canal da Mancha e a Oeste co Océano Atlántico, País de Gales e o Mar da Irlanda.
[editar] Historia de Inglaterra
O país chamado Inglaterra,, por contraponto cos estados e provincias que ocuparon o mesmo territorio en épocas anteriores formouse pola aglutinación gradual dos reinos anglos, saxóns e xutos durante os séculos VII, VIII e IX. Egbert de Wessex, rei do Wessex (m. 839) é en xeral considerado o primeiro rei de toda a Inglaterra, se ben que o seu título oficial fose Bretwalda (literalmente "Sobreseñor da Bretaña"), e fose tecnicamente un "primeiro entre iguais" cos outros líderes ingleses. O título de "Rei de Inglaterra" surxiu dúas xeracións máis tarde con Alfredo, o Grande (gobernou entre 871 e 899). Algunhas historias de Inglaterra escolares inicianse coa subida ao trono de Guillerme, o Conquistador en 1066. Isto pode deberse ao orgullo que os ingleses tén da súa longa historia de independencia, e gostaren, portanto, de iniciar a contar só despois da última invasión ben sucedida. A verdade é que, aínda que Guillerme teña reorganizado (e, en gran parte, substituído) a aristocracia inglesa, non se pode dicir con verdade que el teña "fundado" ou "unificado" o país. Con efeito, moita da infraestrutura anglosaxoa que existía sobreviviu á conquista de Guillerme e persiste aínda hoxe. Nas escolas inglesas, a historia do país tende a comezar coa área xeográfica que viría un día a transformarse na Inglaterra, e por iso referese inicialmente a Xulio César e a expedicións romanas posteriores. Estes estudos da historia do lugar propriamente dito, antes de ter adquirido o nome "Inglaterra", axúdannos a comprender o desenvolvimento posterior da Inglaterra en canto nación. [editar] Cronoloxía dos reis de Inglaterra
[editar] Política
Inglaterra non ten nengún goberno ou corpo de representantes independente do Reino Unido. [editar] Subdivisións
Tradicionalmente, divídese en condados (shires), de constituición que ten sido algo variable. Actualmente, a lista é a seguinte:
[editar] Xeografía
A Inglaterra corresponde á maior parte dos dous terzos sur da Gran Bretaña. É limitada ao norte pola Escocia e ao oeste polo País de Gales. A maior parte da Inglaterra é coberta de outeiros ("Roling Hills"), sendo máis montañosa no norte. A liña divisora entre tipos do terreno é indicada xeralmente pola liña Tees-Exe. Hai tamén unha área de pantanos, a leste, que foi drenada para uso agrícola. As maiores cidades de Inglaterra son, por orde decrecente: Londres, Birmingham, Liverpool, Sheffield e Leeds. O Túnel do Canal, perto de Dover, liga a Inglaterra ao continente europeo. [editar] Economía
[editar] Demografía
Inglaterra, cos seus 50 millóns de habitantes, dos cais cerca dunha décima parte pertencen a grupos étnicos non-brancos, é a nación coa poboación máis numerosa e etnicamente máis diversificada de todo o Reino Unido. [editar] Cultura
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||