Os Pinos

Galifontes
A Galifontes posúe escritos orixinais acerca de:

O himno galego (Os Pinos) é o hino de Galiza como comunidade política. O texto son as dúas primeiras partes do poema Queixumes dos pinos de Eduardo Pondal, e a música é da autoría de Pascual Veiga.

Estrenouse na Habana o 20 de decembro de 1907 e, como a bandeira de Galicia, é froito da emigración. Desde 1907 até 1923, o himno galego foi cantado por rexionalistas e agraristas nos seus actos e pouco a pouco foi sendo aceptado, impoñéndose a outras propostas como o Himno da Acción Gallega. Cando se prohibiu o uso durante a ditadura de Primo de Rivera, as sociedades galegas de América intensificaron o seu interese pola súa interpretación pública. Durante Segunda República atinxiu un certo recoñecemento pero non chegou a ser himno oficial de Galicia.

Evitouse durante o franquismo e mesmo durante a etapa de aperturismo só se cantaba, como moito, en actos culturais e como unha canción máis dentro do folclore galego. Dende 1960 comeza a interpretarse de xeito máis explícito, aínda que disimulando os seus aspectos ideolóxicos. En concreto, cantábase só a primeira parte.

En 1975, mentres tiñan lugar uns actos folclóricos na festa do Apóstolo, a xente comezou a erguerse para cantalo. Ao ano seguinte instaurouse este costume de xeito definitivo na Praza da Quintana, ratificado tamén polas autoridades asistentes. A maioría dos partidos non nacionalistas asumiríano, finalmente, na campaña electoral de 1977.

A primeira gravación que se coñece do himno galego realizouna o Coro Cantigas e Aturuxos de Lugo o 19 de novembro de 1918.

Índice

[editar] Xénese e motivos do texto

O texto do himno é froito da correspondencia que mantiveron Eduardo Pondal e Pascual Veiga en 1890, no que o compositor lle solicitaba ao escritor un texto para unha partitura que ía presentar con motivo dun certame que ía elixir o mellor himno galego para o caso que o premio resultase deserto. Logo de varias redaccións envíalle un primeiro texto que titulou Breogán. Pascual Veiga solicítalle algúns cambios na acentuación para adaptalo ritmicamente á música.
O texto definitivo publicouse xa como Os Pinos por primeira vez o 22 de maio de 1890 nun folleto do certame musical que convocara o Orfeón nº4 da Coruña para elixir a mellor Marcha Rexional Galega. O texto apareceu tamén n'A Monteira e en El Eco de Galicia da Habana. Ao final, aínda que houbo ensaios, o himno non se ha interpretar. A maioría das versións do texto derivan do texto que apareceu na número 18 da revista Galicia da Habana en 1905. En 1935 o texto integrouse na segunda edición, realizada pola RAG, de Queixumes dos pinos, base das versións modernas do texto

O motivo central do texto é que Galiza debe acordar do seu sono (apatía política) e emprender o camiño cara a libertazón. Para iso deberá escoitar a voz dos rumorosos piñeiros, ou sexa, o pobo galego como entidade nacional histórica.

O nome do país non figura en nengures no poema, como é habitual en Pondal, e fanse referencias metafóricas ao "Fogar" e á "Nazón" de "Breogán".

Ademais do celtismo e do helenismo sempre presentes na obra de Pondal, foi a súa capacidade para penetrar nos sentimentos do pobo e expresar as súas aspiracións fundamentais, o que posibilitou o seu éxito.

[editar] Letra

En 1890, cando foi escrito o poema orixinal, aínda non existía unha norma ortográfica establecida do idioma galego. A letra do himno oficializada en 1984 seguiu a normativa ortográfica vixente (Normas ortográficas e morfolóxicas do Idioma Galego) no devandito ano, polo que consecuentemente, existen certas diferencias gráficas entre a letra do himno e a versión orixinal do poema de Eduardo Pondal.

Letra orixinal de 1890 (Primeiro texto que se publicou d'Os Pinos, que apareceu o 22 de maio de 1890 no folleto coas obras presentadas ao certame musical convocado polo Orfeón nº 4 da Coruña que dirixía Pascual Veiga).

Que din os rumorosos
Na costa verdecente,
Ó rayo trasparente,
Do prácido luar...?
Que din as altas copas
D'escuro arume arpado,
Co seu ben compasado,
Monótono fungar...?
Do teu verdor cingido,
É de benígnos astros,
Confin dos verdes castros,
E valeroso clán,
Non dés a esquecemento,
Da injuria o rudo encono;
Despérta do teu sono,
Fogar de Breogán.
Os boos e generosos,
A nosa voz entenden;
E con arroubo atenden,
O noso rouco son;
Mas, sós os ignorantes,
E férridos e duros,
Imbéciles e escuros
No-nos entenden, non.
Os tempos son chegados,
Dos bardos das edades,
Q'as vosas vaguedades,
Cumprido fin terán;
Pois donde quer gigante,
A nosa voz pregóa,
A redenzón da bóa
Nazón de Breogán.

Letra de 1984

Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ao raio transparente
do prácido luar?
Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a rendezón da boa
nazón de Breogán.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Bibliografía

  • Baldomero Cores Trasmonte, Los Símbolos Gallegos, Santiago de Compostela, 1986
  • Manuel Ferreiro (2007), De Breogán aos Pinos. O texto do Himno Galego, Santiago de Compostela: Edicións Laiovento. ISBN 84-8487-132-0. (primeira edición de 1996)
  • Xosé Filgueira Valverde, O Himno Galego. Da "Marcha do Reino de Galicia" a "Os Pinos", Pontevedra, 1991
  • Fernando López Acuña, Pascual Veiga Iglesias, Gran Enciclopedia Gallega, vol 30
  • Manuel Ferreiro, Fernando López Acuña et al., Os símbolos de Galicia, Consello da Cultura Galega, 2007

[editar] Ligazóns externas


wymiana linkami SEO Tools SEO Tools wymiana linkami tanie kredyty gotówkowe kreatyna Plaza 3 star hotel Los Angeles krynica noclegi Sejm Tyk