Galicia

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Galicia (homónimos).
Comunidade Autónoma de Galicia
Bandeira Escudo
Capital Santiago de Compostela
Linguas oficiais Galego e castelán
Cidade máis poboada Vigo
Superficie


 - total
 - % de España

Lugar nº 7


29.574,4 km²
5,8%

Poboación


 - Total (2007)
 - % de España
 - Densidade

Lugar nº 5


2.772.533 hab.
6,13%
93,75 hab./km²

Taxa de natalidade (2005)
Taxa de mortalidade (2005)
7,6 por 1000
10,5 por 1000
Esperanza de vida ó nacer (2005)
Homes
Mulleres

80,1 anos
77,1 anos
84,4 anos
Xentilicio

 - galego
 - outros
 - castelán
 - catalán
 - éuscaro
 - francés
 - inglés
 - portugués


galego
galaico, galiciano
gallego
gallec
galiziar
galicien
galician
galego

Estatuto de Autonomía 6 de abril de 1981
Representación parlamentaria:

 - Congreso de España
 - Senado de España
 - Parlamento de Galicia



23 deputados
19 senadores
75 escanos
Moeda Euro (€)
Zona horaria UTC +1
Himno galego "Os Pinos"
ISO 3166-2 GA
Presidente Emilio Pérez Touriño (PSdeG-PSOE)
editar

Galicia[1] ou Galiza[2] é unha nación[3] establecida xurídica e administrativamente como Comunidade Autónoma con estatuto de "nacionalidade histórica" segundo a Constitución española e o seu Estatuto de Autonomía (ver Estatuto de Galicia) dentro do Reino de España. Está situada no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, con Asturias e Castela e León, ao oeste, co Océano Atlántico, ao norte, co Mar Cantábrico e, ao sur, coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, similar e de orixe común co portugués, e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en todo o estado español.

A Galicia pertencen o arquipélago das Illas Cíes (formado polas illas do Faro, de Monteagudo e de San Martiño), o arquipélago de Ons (formado pola illa de Ons e a illa de Onza), o arquipélago de Sálvora (formado polas illas de Sálvora, Vionta e as Sagres), así como outras illas como Cortegada, Arousa, as illas Sisargas ou as Malveiras; a meirande parte das cales pertencen ao Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Galicia ten a súa orixe cultural na cultura megalítica da fachada atlántica europea e na cultura castrexa. Os primeiros poboadores de Galicia son os nativos oestrimnios e outros pobos de orixe indoeuropea. A fusión destes pobos no noroeste peninsular dará lugar á cultura dos castros entre o macizo galaico e o río Douro, cultura na que deixaron a súa impronta tamén os romanos.

Posteriormente, Galicia será invadida por varias vagas xermánicas. Nun primeiro momento os suevos farán de Galicia o primeiro Reino independente de Europa, máis adiante, este reino será anexionado polos visigodos. Galicia recibirá tamén, no transcorrer da súa historia, a viquingos, bretóns e musulmáns. Coa chegada dos musulmáns á Península Ibérica dúas cidades galegas serán atacadas: Santiago de Compostela e Lugo. O reparto do antigo reino visigodo, que se fai entre árabes, sirios e bérberes, dálle a estes últimos a franxa noroeste. As condicións climáticas incomodan a este pobo, procedente do Magreb, así que deciden non asentarse. Galicia, ao igual que outros territorios da Península Ibérica, tamén chegaría a ter nalgunhas cidades unha importante comunidade xudía, principalmente na zona de Ribadavia e Ourense. Tamén cabe destacar na cultura galega a influencia cultural chegada dende América Latina, dende as Illas Británicas e dende o centro de Europa, grazas ao Camiño de Santiago.

Cultural e lingüísticamente as comarcas españolas do Bierzo (Castela e León) e o Eo-Navia (Asturias) son análogas a Galicia. Tamén posúe patróns conxuntos coas rexións lindantes portuguesas de Tras-os-Montes e Baixo Minho na música, nos costumes e nas tradicións.

A cultura galega, entón, é froito da fusión de elementos culturais achegados por moi diversos pobos que se estableceron en Galicia ao longo da súa historia.

A consideración de Galicia como nación e unha procura constante dun maior grao de autogoberno son defendidas por un número significativo de cidadáns. As tendencias nacionalistas, e mesmo as non-nacionalistas, en Galicia son, na súa meirande parte, de tipo federalista, isto é, a formación dunha federación co resto dos actuais territorios españois. Ademais, tamén existen grupos independentistas.

Galicia posúe uns 2,77 millóns de habitantes (2007), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte da franxa entre Ferrol e Vigo. Santiago de Compostela é a capital cun estatuto especial, dentro da provincia da Coruña.

Índice

Denominación

Na Antigüidade os gregos a chamaban "Kallaikia" (καλλαικια) e aos seus habitantes "kallaikoi" (καλλαικoι), que era o nome co que os habitantes da cultura castrexa se coñecían a si mesmos. O topónimo evoluíu a "Gallaecia" baixo a administración romana. Na época medieval constituíuse como reino independente, co nome de "Reyno de Galicia" formando parte integrante posteriormente do Reino de León, malia manter o seu carácter de reino (Reyno de Galicia) ata a chegada do absolutismo no século XIX, momento no cal (1833) se crearon as actuais provincias galegas e se creou como tal a coroa española, unificando as diversas coroas de "las españas", que o monarca posuía. No período transicional entre a Idade Antiga e a Idade Media, Galicia foi chamada ocasionalmente Suevia debido a que este territorio foi o centro no cal se estableceron as etnias invasoras dos xermanos suevos (ou suavos).

Símbolos institucionais

Bandeira de Galicia

Artigo principal: Bandeira de Galicia.

A bandeira galega foi creada no século XIX, e está inspirada na bandeira da Comandancia Naval da Coruña. Ten fondo branco e presenta unha franxa azul dende o ángulo superior esquerdo ata o inferior dereito.

Escudo de Galicia

Artigo principal: Escudo de Galicia.

Himno galego

Artigo principal: Os Pinos.

O himno galego (Os Pinos) é o símbolo acústico máis solemne de Galicia como comunidade política. O texto son as dúas primeiras partes do poema Queixumes dos pinos de Eduardo Pondal, e a música é da autoría de Pascual Veiga. Foi estreado na Habana o 20 de decembro de 1907.

Demografía

Artigo principal: Demografía de Galicia.
Concellos máis densamente poboados de Galicia
Concellos máis densamente poboados de Galicia
Densidade de poboación por provincias
Densidade de poboación por provincias

Cunha poboación estimada de 2.772.533 habitantes[4], Galicia é a quinta comunidade autónoma de España segundo poboación. A súa densidade de poboación, de 93,6 hab./km², é lixeiramente superior á media española e semellante á europea.

A poboación de Galicia concéntrase na súa maioría nas zonas costeiras, sendo as áreas das Rías Baixas e o Golfo Ártabro (áreas metropolitanas de A Coruña e Ferrol) as de maior densidade de poboación. A cidade de Vigo, con 294.772 habitantes, constitúe a maior cidade galega, seguida das cidades da Coruña, 244.388 habitantes, e Ourense, 107.186 habitantes. Xunto estas tres cidades, Galicia conta con outras catro localidades consideradas cidades: Lugo, Santiago de Compostela (capital administrativa de Galicia), Pontevedra e Ferrol.

Así mesmo, o país conta con catro concellos con máis de 30.000 habitantes: Vilagarcía de Arousa, Narón, Oleiros e Carballo, vinte un concellos de máis de 20.000 habitantes, entre os que destacan Redondela, Arteixo e Ribeira, e trinta e cinco con máis de 10.000 mil entre os que destacan Monforte de Lemos e Lalín.

Natalidade

No ano 2006, o nivel de fertilidade das galegas era de 1,03 fillos por muller fronte ao 1,38 estatal e menor á cifra de 2,1 fillos por muller necesarios para que se produza o remprazo xeracional da poboación[5]. Entre as galegas, as luguesas e as ourensás son as que menos fillos teñen, con 0,88 e 0,93, sendo as primeiras, as que menos fillos teñen en España[5]. En 2006 rexistráronse en Galicia un total de 21.392 nacementos[6], o que supón case 300 máis ca en 2005, segundo o IGE. De feito, na actualidade Galicia vive unha recuperación do número absoluto de nacementos comezado en 1999 e que está a sosterse nos últimos anos.

Malia a mellora dos nacementos, o saldo vexetativo, é dicir a diferenza entre o número de persoas nadas e as falecidas, continúa sendo negativo en Galicia. No 2006 houbo un total de 29.389 falecementos polo que a poboación total minguou en preto de 8.000 persoas.

Na última década destaca o incremento significativo da idade das nais no momento do parto. Así, en dous de cada tres alumeamentos -o 65,3 por cento- a nai supera os 30 anos, e ata en 880 nacementos a nai excedía os 40 anos, unha idade a partir da cal se incrementa o risco. Vencellado á avanzada idade das nais galegas está o número de partos múltiples, que, na última década medrou un 41,6% grazas ás técnicas de fertilidade[7].

Con todo, esta circunstancia non se produce entre os colectivos inmigrantes, xa que na maioría dos partos protagonizados por mulleres estranxeiras -o 31,4 por cento do total-, a nai tiña entre 25 e 29 anos no momento de dar a luz.

Poboación estranxeira

Poboación estranxeira por nacionalidade
Portugal 14.482
Colombia 8.861
Marrocos 5.071
Romanía 4.463
Arxentina 4.407
Brasil 4.241
Uruguai 3.262
Venezuela 2.916
Perú 2.813
Italia 2.800
Rep. Dominicana 2.700
Outras nacionalidades 13.330
Total 75.346
Fonte: galiciaaberta.com 2007

A proporción de estranxeiros é do 2,67% da poboación total. As nacionalidades predominantes son a portuguesa (17,93% do total de estranxeiros), a colombiana (10,93%) e a brasileira (8,74%)[8].

Desemprego

Os indicadores económicos e sociais de Galicia veñen mellorando sensiblemente nos últimos anos. A taxa de desemprego, despois de caer nos últimos anos, mantense actualmente estancada, pasando do 8,05% en 2006 ao 7,47% no 2007 (95.000 parados[9] e ao 8,3 no primeiro trimestre do 2008. A pesar desta evolución positiva, a enquisa que elabora o INE pon de manifesto que en Galicia se manteñen outros datos máis preocupantes respecto da evolución do mercado laboral. Así, a taxa de paro feminino na comunidade galega (9,82%) case duplica á masculina (5,61%). En canto á taxa de paro a máis alta corresponde á provincia da Coruña (8,44%) fronte á de Ourense que, co 5,2% é a menor[9].

De feito, o maior continxente de parados segue estando representado por mulleres -un total de 55.900 galegas buscan emprego de xeito activo-, fronte aos 40.600 homes na mesma situación.

Esperanza de vida

A esperanza de vida é de 76,8 anos para os homes e de 84 anos para as mulleres, 7,2 máis cos varóns galegos. Dende 1981 a esperanza de vida dos galegos medrou en 5 anos, grazas á mellora da calidade de vida[10]. O avellentamento da poboación tamén se pon de manifesto no incremento de anciáns de idade avanzada que rexistra gradualmente a comunidade cada exercicio. Galicia contaba en 1991 con 300 persoas con máis de cen anos. Cinco lustros despois, a cifra medrou un 72% ao superaren o século 518 galegos.

Nupcialidade

En canto ao número de casamentos, na actualidade a cifra atópase estancada. No ano 2006 celebráronse en total 11.149 vodas, o que representa unha cifra 1,6 por cento superior a 2005, aínda que sinala que o número de matrimonios segue unha traxectoria descendente, alternando anos de aumento con anos de diminución.

Entre o total de novos matrimonios contraídos en 2006 en Galicia, 672 celebráronse entre home de nacionalidade española cunha muller estranxeira, 268 de muller española e home estranxeiro e 136 entre ambos os cónxuxes de cidadanía non española, indica o INE.

Destes casamentos, o 40% son de carácter cívil (22% no 2001), fronte ao 60% que o fan pola igrexa[11].

En base á lexislación aprobada a mediados de 2005, que permite as unións entre persoas do mesmo sexo, no ano 2006 houbo en Galicia 77 casamentos deste tipo, 48 matrimonios entre homes e 29 entre mulleres[12].

Evolución demográfica

A historia demográfica de Galicia foi a dunha continua perda de peso respecto ao resto do estado, froito da emigración cara a Iberoamérica, Centroeuropa ou outras partes de España. Así, en 1857 a densidade de poboación en Galicia era a maior de todas as rexións do estado, e Galicia representaba o 11,49% da poboación española. Con todo, no 2006, só o 6,19% dos españois residía nesta comunidade autónoma.

Concellos máis poboados

Listaxe Cidade Provincia Pob. Listaxe Cidade Provincia Pob.

Vigo

A Coruña

Ourense
1 Vigo Pontevedra 294.772 11 Carballo A Coruña 30.091
2 A Coruña A Coruña 244.388 12 Redondela Pontevedra 29.987
3 Ourense Ourense 107.186 13 Arteixo A Coruña 27.713
4 Lugo Lugo 93.853 14 Ribeira A Coruña 27.181
5 Santiago de Compostela A Coruña 93.712 15 Culleredo A Coruña 26.707
6 Pontevedra Pontevedra 80.202 16 Marín Pontevedra 26.103
7 Ferrol A Coruña 75.181 17 Cangas do Morrazo Pontevedra 25.402
8 Vilagarcía de Arousa Pontevedra 36.743 18 Ames A Coruña 24.553
9 Narón A Coruña 36.245 19 Cambre A Coruña 22.513
10 Oleiros A Coruña 31.694 20 Ponteareas Pontevedra 22.411
Censo 2007[13]

Divisións administrativas

Mapa dos concellos de Galicia, coa capital administrativa (Santiago de Compostela) en vermello
Mapa dos concellos de Galicia, coa capital administrativa (Santiago de Compostela) en vermello
Artigos principais: Provincia, Comarcas de Galicia, Concellos de Galicia e Partidos xudiciais de Galicia

Aínda que historicamente dividida en 7 provincias (Betanzos, Lugo, Mondoñedo, Ourense, Santiago, Tui e Vigo), administrativamente a Galicia actual estrutúrase en 4 provincias (A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra), 53 comarcas, 315 concellos e 3.778 parroquias. O territorio do concello estrutúrase en parroquias e estas á súa vez en aldeas ou lugares.

Demograficamente, Galicia caracterízase pola súa alta taxa de dispersión demográfica, o que, xunto a un elevado número de poboacións, fai que un 50% das entidades de poboación de España se atopen en Galicia, ocupando só o 5,8% da superficie total. Así, calcúlase que en Galicia existen un millón de topónimos e microtopónimos[14].

Economía

Artigo principal: Agricultura de Galicia.
Tenda ZARA en Hong Kong. ZARA pertence ao grupo INDITEX, o primeiro grupo europeo e segundo mundial de confección e roupa. Ten a súa sede central en Arteixo, A Coruña
Tenda ZARA en Hong Kong. ZARA pertence ao grupo INDITEX, o primeiro grupo europeo e segundo mundial de confección e roupa. Ten a súa sede central en Arteixo, A Coruña
O 85% dos turistas que visitan Galicia visitan Santiago de Compostela, un dos principais reclamos turísticos galegos
O 85% dos turistas que visitan Galicia visitan Santiago de Compostela, un dos principais reclamos turísticos galegos[15]
Un Citroën C4 Picasso 5 prazas foi o vehículo 9 millóns producido polo Centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën dende que iniciou as súas actividades en 1958
Un Citroën C4 Picasso 5 prazas foi o vehículo 9 millóns producido polo Centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën dende que iniciou as súas actividades en 1958[16]

Galicia é unha terra de contrastes económicos. Mentres a costa oeste, sede dos maiores centros de poboación, e tamén das industrias manufactureiras e de derivados da pesca, é próspera e incrementa a súa poboación, a zona rural das provincias de Ourense e Lugo basea a maior parte da súa economía na agricultura tradicional, asentada no minifundio, ou pequenas explotacións agrícolas e/ou gandeiras. O crecemento do turismo, aproveitamento forestal sostible e agricultura orgánica e natural, así como explotacións gandeiras de certo tamaño están aumentando as posibilidades da economía galega.

Aséntanse en Galicia poucas grandes industrias. Cabe contar entre elas coa planta de aluminio que a multinacional Alcoa ten en San Cibrao (Cervo), a industria manufactureira de automóbiles da tamén multinacional Citroën en Vigo, a mina e as centrais térmica e de ciclo combinado de Endesa de As Pontes de García Rodríguez, a refinería da Coruña ou os asteleiros de Ferrol e Vigo, con desigual sorte e en proceso de reconversión case continua na súa maioría desde os anos 80. Nos anos 90 unha industria galega estase a desenvolver de xeito internacional, o grupo téxtil Inditex (Zara, Pull and Bear, etc.), con sede en Arteixo.

As industrias manufactureiras de produtos agrícolas están en pleno retroceso, caendo en mans foráneas as industrias de derivados lácteos e outras sufrindo unha reestruturación, como lle pasou á antiga industria estatal 'FRIGSA' ('Frigoríficos Industriales de Galicia') que acabou sendo desmantelada e tratando de ocupar o seu lugar unha serie de empresas moito máis pequenas.

A pesca, na que tradicionalmente Galicia é unha potencia, vén mermando o número de capturas desde hai anos tanto polo esgotamento das pesquerías tradicionais como polas condicións políticas de acceso ás mesmas. Estanse comezando a desenvolver os cultivos mariños, algúns deles seguindo a liña tradicional das mexilloeiras (que aínda hoxe representan a maioría do valor de especies cultivadas) ou as cetarias.

A agricultura e gandería pasaron nunha xeración de ser practicamente de subsistencia a ser de comercialización, e seguen a sufrir cambios debido ao impacto da incorporación na UE e ás condicións de entrada. O número de explotacións agrarias está caendo rapidamente, así como se está a concentrar a cota leiteira, por citar dous indicadores.

O turismo, de desenvolvemento máis tardío que noutras zonas da península, representa hoxe en día unha importante fonte de ingresos, coa peculiaridade de que se concentra na costa (principalmente nas Rías Baixas) e Santiago. Durante o ano 2007 Galicia recibiu 5,7 millóns de turistas, un 8% máis que no ano 2006[15], e un 11% máis que no 2005 e 2004. O turismo supón o 12 por cento do Produto Interior Bruto (PIB) galego e emprega a un 12 ou 13 por cento dos traballadores. A cuarta parte dos turistas que visitan Galicia proceden doutras partes do país, o resto procede de Madrid e Cataluña, seguidos por castelán-leoneses, andaluces, vascos e asturianos. Durante o 2007 1,2 millóns de turistas estranxeiros visitaron Galicia, fronte ao 25% que o fixo no 2005[17], entre eles destacaron os portugueses, alemáns, británicos, italianos e franceses e, de entre os procedentes de América, os máis numerosos foron arxentinos, venezolanos e estadounidenses.

A balanza exterior galega ten signo positivo, obtendo preto de 600 millóns de euros de superávit no ano 2002. Os principais socios comerciais de Galicia atópanse na Unión Europea.

Cabe destacar que o país galaico é o destino preferido entre os baleares, canarios e andaluces, turistas vidos dende comunidades onde se practica o turismo de masas.[18]

Case dous terzos dos empregos en Galicia están dedicados ao sector servizos (734.000 persoas dun total de 1.190.000 traballadores (primeiro trimestre de 2008[19]), seguido pola industria (máis de 217.000), e agricultura e construción con aproximadamente a mesma cantidade de traballadores (103.000 e 147.000, respectivamente). Curiosamente, é no sector agrario onde é menor a taxa de paro: 2,9%, estando no sector terciario no 9%.

Xeografía

Límites

Dimensións de Galicia

O territorio de Galicia está comprendido entre 43º 47' N (Estaca de Bares) e 41º 49' N (fronteira con Portugal no parque do Xerés) en latitude. En lonxitude, entre 6º 42' O (límite entre Ourense e Zamora) e 9º 18' O (acadado prácticamente en dous lugares: cabo da Nave en Fisterra e cabo Touriñán).

A Costa

A costa galega conta con 1.500 quilómetros e ten multitude de entrantes e saíntes e illas pequenas, e en xeral é escarpada ou con descensos pouco suaves. Alternan lugares con características diferentes, como Corrubedo nas Rías Baixas ou a Rasa Cantábrica na Mariña de Lugo, a primeira un lugar de características dunares nunha costa de perfil baixo, e a segunda unha zona de deposición xeolóxica elevada sobre o seu nivel orixinal. Os dous puntos citados son exemplos de lugares que reciben moitas visitas debido ás súas características físicas e fermosura: alí se atopan respectivamente o Parque Dunar de Corrubedo e a Praia de Augas Santas (tamén coñecida como Praia das Catedrais).

A maioría da poboación vive á beira das rías atlánticas, nos maiores núcleos urbanos e as súas áreas de influencia. As rías teñen importancia pesqueira, contribuíndo a que a costa galega sexa unha das zonas pesqueiras máis importantes do mundo. Asemade atraen multitude de turistas polas magníficas vistas e praias (a maioría de area branca e suave) e mar tranquilo.

As Rías

A ría de Arousa constitúe a maior ría galega en superficie
A ría de Arousa constitúe a maior ría galega en superficie
Contrariamente á crenza popular, o Cabo Fisterra non é o punto máis occidental da España peninsular. Esta distinción debe outorgárselle ao Cabo Touriñán.
Contrariamente á crenza popular, o Cabo Fisterra non é o punto máis occidental da España peninsular. Esta distinción debe outorgárselle ao Cabo Touriñán.
O arquipélago das Illas Cíes forma parte dende o 2002 do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia
O arquipélago das Illas Cíes forma parte dende o 2002 do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia
A Illa de Arousa con 4.884 habitantes no 2005 constitúe a illa máis poboada de Galicia
A Illa de Arousa con 4.884 habitantes no 2005 constitúe a illa máis poboada de Galicia
Río Sil ao seu paso pola provincia de Lugo
Río Sil ao seu paso pola provincia de Lugo

Xeograficamente, unha das peculiaridades de Galicia é a presenza das rías, indentacións na costa nas que o mar anegou vales fluviais por descenso do nivel terrestre (ascenso relativo do nivel mariño). As rías están tradicionalmente divididas en Rías Altas e Rías Baixas, segundo a súa posición respecto a Fisterra como punto máis occidental de Galiza.

As Rías Altas son as de Ribadeo, Foz, Viveiro, O Vicedo, no Mar Cantábrico (é dicir, ó leste de Estaca de Bares como punto máis ó norte de Galicia), e Ortigueira, Cedeira, Ferrol, Betanzos, A Coruña, Corme e Laxe e Camariñas.

As Rías Baixas, todas na fachada atlántica, son de maior tamaño. Enumeradas (de norte a sur) son Muros e Noia, Arousa, Pontevedra e Vigo.

Cabos

Os máis coñecidos son:

Illas

Non se listan multitude de illas máis pequenas e illotes.

O interior

Demograficamente, o interior galego está pouco poboado, e continúa a experimentar a emigración ás áreas urbanas litorais, (antes a Madrid, Barcelona, Biskaia e Europa Occidental, e antes aínda a América, onde todos os españois aínda hoxe son chamados 'gallegos'), de xeito que se mantén a estrutura poboacional en pequenos núcleos, pequenas vilas e a poboación dispersa en aldeas, o que se reproduce na costa pero con características diferentes debido á moito maior densidade poboacional.

O aspecto orográfico que presenta Galicia no seu interior é de montañas baixas e romas, con multitude de ríos, estruturados como tributarios do Río Miño no interior, e nas cuncas atlántica e cantábrica, ríos máis curtos (en particular os que van ó Mar Cantábrico). As pendentes suaves ás veces ceden o paso a ladeiras escabrosas, como ocorre nos Canóns do Sil. Noutras zonas aparecen amplios vales, se ben son minoritarios.

Galicia é percorrida de norte a sureste por dúas fallas tectónicas, partindo as características do chan galego por ditos lugares. Así, atopámonos na zona do Porriño con canteiras de granito, rocha moi abundante en boa parte de Galicia, pero ausente no extremo nordeste.

Ríos

Galicia califícase moitas veces como a terra dos mil ríos pola cantidade de cursos fluviais que mantén. En xeral, e debido á súa pequenez, salvo o Miño na súa desembocadura ou nos moitos encoros, non son navegables (excepción feita para pequenas barcas no tramo final sen pendente dalgúns, que propicia a celebración de festas semi-acuáticas como as chamadas "zaleas").

Son ríos moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente de Miño e Sil que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros.

Existen moitos encoros para a produción de enerxía eléctrica, debido ó caudal, pendente e angostura, o que produce tamén o fenómeno dos 'canóns', como os célebres canóns do Sil (moitos deles aproveitados para encoros).

Ver a listaxe de ríos de Galicia

Montes

As montañas máis altas son Pena Trevinca, cunha altura superior ós 2.000 m (no límite administrativo da Comunidade Autónoma) e Cabeza de Manzaneda, ambas en Ourense.

Porén, coas características antes citadas, existen diversas serras ou cadeas montañosas, entre elas:

Natureza

Flora

As Fragas do Eume constitúen un reduto do bosque atlántico galego que outrora cubriu case toda Galicia
As Fragas do Eume constitúen un reduto do bosque atlántico galego que outrora cubriu case toda Galicia

Galicia ten unha grande porcentaxe de bosque[Cómpre referencia], onde se desenvolven importantes especies forestais en estado natural, se ben nas últimas décadas as características boscosas están cambiando debido á importación do eucalipto, quedando un número de fragas reducido, en particular no centro-norte da provincia de Lugo.

Dentro do aproveitamento da terra fóronse introducindo diversos cultivos, pero respecto á cantidade de terra dedicada compiten cos pastos debido á presión do aproveitamento económico do gando.

Galicia é unha forte potencia de riqueza forestal para o Estado Español. A pesar dos incendios forestais que queiman moitas hectáreas tódolos anos, a madeira producida en Galicia é unha importante fonte de ingresos, así como a pasta de celulosa procedente de madeiras brandas. A rexión é unha zona de transición entre tres climas e os seus biotopos:

Debido á bonanza do clima, danse tamén facilmente especies subtropicais e mesmo tropicais: palmeiras, orquídeas, etc. En Galicia houbo tres revolucións botánicas ou forestais, que se deron en tres épocas diferentes e con resultados ben distintos:

  • chegada do castiñeiro (Castanea sativa) cos romanos, rapidamente aclimatado e agora xa considerado coma autóctono;
  • chegada das repoboacións de piñeiro rodeno (Pinus pinaster), co tempo chamado mesmo piñeiro do país ou piñeiro galego, dende a descubrimento de América, sobre todo para a construción de barcos;
  • chegada das repoboacións de eucalipto (especialmente Eucalyptus globulus), dende o franquismo, aínda contemplado coma especie alóctona, principalmente para fornecer de materia prima a ENCE, a papeleira de Pontevedra.

Fauna

Os animais que se ven topicamente como máis característicos de Galicia son domésticos, e corresponden ás explotacións gandeiras. Porén, os bosques e montes galegos albergan unha variedade de pequenos mamíferos (lebres, coellos) e outros non tan pequenos (como xabarís ou corzos) que son aproveitados nas tempadas de caza.

Dentro das aves, cabe citar os varios sitios de paso ou invernada, zonas ZEPA, etc, como a da Ría de Ribadeo.

Climatoloxía

Galicia ten un clima suave de tipo oceánico, caracterizado por precipitacións abundantes e permanentes.

En xeral, Galicia ten un clima suave de influencia oceánica, moi chuvioso. Aínda así, a irregular orografía ten como consecuencia a existencia de múltiples microclimas, con fortes variacións en áreas con pouco máis de 200 km2.

A grandes trazos, pódense distinguir as seguintes zonas:

  • Rías Altas e interior da Coruña, con clima oceánico húmido. Rexistra o maior índice de precipitacións de Galicia, así como o menor número de días soleados e o maior número de días con precipitacións.
  • Mariña Luguesa, con clima oceánico suave con temperaturas baixas todo o ano.
  • Interior, con clima oceánico case continental.
  • Rías Baixas, con clima oceánico suave.
  • Curso fronteirizo do río Miño, cun clima moi próximo ao Mediterráneo suave.
  • Ribeira Sacra, cun clima continental moi cálido propiciado polo Val do río Miño e os diversos montes que rodean a cidade de Ourense. No verán acostuman a ser bastantes os días nos que se rexistra a temperatura diaria máis elevada de España.

Eis un resumo dos datos do Observatorio Ramón María Aller de Santiago respecto ó ano 2002 como exemplo ilustrativo para o interior de A Coruña:

  • Choiva: 189 días de choiva (distribución normal de 50% de días chuviosos) con 2.415,9 l/m2, distribuída na súa maioría nos tres derradeiros meses do ano.
  • Temperatura: mínima rexistrada de +0,6ºC e máxima de 32,8ºC.
  • Insolación: 1.663 horas e 40 minutos, a cantidade máis baixa con diferenza dos últimos anos (media anual, 2.000 horas).
  • Outros: 28 días de tormenta.

O clima varía entre as costas, con oscilacións máis suaves, e o interior, no que se acadan no inverno as temperaturas máis frías (Manzaneda) e no verán as máis cálidas (Ourense).

Historia

Artigo principal: Historia de Galicia.

As etapas culturais máis importantes datadas en Galicia son:

Cultura megalítica

Artigo principal: Megalitismo en Galicia.

A primeira claramente identificada, caracterízase pola súa capacidade construtora e arquitectónica, xunto co seu sentido relixioso, fundamentado no culto ós mortos como mediadores entre o home e os deuses. Este sentido relixioso abrangue a súa importancia ata a actualidade.

Estaban constituídos en clans. Desa época dan testemuña milleiros[Cómpre referencia] de mámoas e medorras espalladas por todo o territorio.

Idade de Bronce

É nestes tempos cando se acada o desenvolvemento metalúrxico, impulsado pola riqueza mineira. Parece que debido ós cambios climáticos, varios pobos da meseta trasladáronse a Galicia, incrementando a poboación e os conflitos entre pobos.

É a época de produción de diversos utensilios e xoias de ouro ou de bronce, que mesmo foron levadas máis aló dos Pirineos.

Etapa castrexa

Artigo principal: Cultura Castrexa.

Floreceu na segunda metade da Idade de Ferro, resultado da fusión da cultura da Idade de Bronce e outras contribucións posteriores, coexistindo en parte coa época romana. Os celtas trouxeron novas variedades de gando, o cabalo domesticado e probablemente o centeo.

O primeiro pobo celta que invade Galicia é o dos Saefes, no século XI a.C. Someterá ó Oestrymnio, pero este influirá no primeiro sobre todo no eido da relixión, da organización política e das relacións marítimas con Bretaña e Inglaterra. O seu carácter eminentemente guerreiro fixo que Estrabón dixera deles que eran os máis difíciles de vencer de toda Lusitania. Cómpre dicir que a provincia romana da Gallaecia propia dos galaicos aínda non estaba constituída política e administrativamente.

Os castros son recintos fortificados de forma circular, provistos dun ou varios muros concéntricos, precedidos xeralmente do seu correspondente foxo e situados, os máis deles, no cume de outeiros e montañas. Entre os castros de tipo costeiro destacan o de Fazouro, Santa Tegra, Baroña e O Neixón. No interior poden mencionarse os de Castromao e Viladonga. Común a todos eles é o feito de que o home se adapta ó terreo e non ó contrario.

En canto ós templos, a única construción atopada é a de Elviña. O de Meirás conserva unha necrópole. Noutros castros existían pequenas construcións en forma de caixa onde se gardaban as cinzas (cultura sorotáptica, dos campos de enterramento de furnas ou Urnenfelder como se coñecen pola súa denominación en alemán). Existen tamén outras parcialmente soterradas, cun depósito para a auga, nas que os vestixios de lume indican que debían servir para incinera-los cadáveres.

Dende finais do Megalítico aparecen inscricións sobre as rochas graníticas a ceo aberto das que se descoñece aínda a verdadeira orixe e significado (son moi coñecidas as de Campo Lameiro).

A romanización

Artigo principal: Gallaecia.

Os romanos someteron a Galicia para aproveita-los seus recursos mineiros. Co tempo convertiríana en provincia do imperio e recoñecerían a súa personalidade chamándoa Gallaecia. Con eles, os castros perderon o seu vello valor defensivo. Trouxeron novas técnicas, novas vías de comunicación, novas formas de organiza-la propiedade e unha lingua nova, pero foron tolerantes coa cultura existente.

O cristianismo chegaría a Galicia cos romanos. Lograría o que non acadou o latín e impúxose ó arrianismo dos suevos e ó paganismo prerromano. Os suevos, que mantiveron Galicia como reino independente cento setenta anos, foron progresivamente mediatizados polos visigodos. Foi na súa época na que se impuxeron definitivamente a lingua latina e o cristianismo, evolucionando o primeiro cara o galego e mesturándose o segundo cos costumes paganos.

O Islam chegaría ó sur de Galicia e só o norte se mantería como bastión da Reconquista ata que, logo de recupera-lo sur, este se independizara co nome de Portugal. As actividades económicas dos castrexos baséanse na agricultura e gandería-pastoril.

Idade Media

Artigo principal: Galicia na Idade Media.

A aparición do sepulcro do Apóstolo 'Sant Iago' en plena guerra da Reconquista conferiulle a Galicia unha importancia clave dento do fortalecemento dos reinos cristiáns, erixíndose Santiago como centro relixioso e destino de pelegríns que fortaleceron as ligazóns con Europa. O Camiño de Santiago converteuse nun eixe cultural polo que se espallaron, entre outros, a arte románica ou a lírica dos trobadores, facendo dela tamén un contrapeso cultural fronte ó centralismo.

Idade Moderna

Artigo principal: Galicia na Idade Moderna.

A partir da escriturización normativa en castelán comezada por Afonso X, o galego como lingua comezou unha decadencia acelerada dentro do proceso de uniformización de España, pasando polos chamados "Séculos Escuros", nos que a supervivencia lingüística foi só oral. No século XVIII comezouse a tomar conciencia da situación de división lingüístico-social entre o pobo galegofalante e os poderosos, castelánfalantes.

Século XIX

Artigo principal: Galicia na Idade Contemporánea.

En 1833 Galicia perde a súa representatividade como unidade administrativa e desaparece a Xunta do "Reino de Galicia". É aqui que nacen as actuais catro provincias galegas que estruturan o territorio baixo administración do goberno central. Atopamos neste século o primeiro xurdimento dun movemento político que vai defender Galicia por causa desta perda de poder.

O pronunciamento de Solís vai levantar en armas a unha parte do exército para defende-la unidade de Galicia contra a perda da desa administración anterior. Finalmente foron masacrados na batalla de Compostela e o 23 de abril de 1846 fusilados os sobreviventes, coñecidos a partir de aí coma os Mártires pola Liberdade ou Mártires de Carral.

O Rexurdimento supón unha tentativa culturalista de defensa da galeguidade posterior a esa tentativa política o afianzamento da conciencia de diferenciación cultural parella a un ideal político de autopertenza. Isto supón a recuperación da lingua galega como vehículo de expresión culto. Desta época son Rosalía de Castro, Murguía, Manuel Leiras Pulpeiro ou Eduardo Pondal, entre outros.

Século XX

Logo do provincialismo, federalismo e rexionalismo do século anterior, xorde a etapa da Solidaridad Gallega, de 1907 á Primeira Guerra Mundial, co obxectivo de conseguir unha fronte electoral unida para eliminar o caciquismo e acadar unha representación galega (o que se saldou cun fracaso).

Unha primeira etapa, ata Primo de Rivera, é a marcada polas Irmandades da Fala, cunha preocupación fundamental pola defensa da lingua. Ao estendérense, vai callando de novo a idea política do galeguismo. Así, Vicente Risco e Otero Pedrayo traballaron no aspecto cultural e tiveron contraparte no aspecto político en Porteira e Lois Peña Novo. O relevo constitúeo a chamada 'xeración Nós', en torno á revista do mesmo nome, acompañada de 1920 á Segunda República por unha preocupación pola creación dun galeguismo controlado e instrumental desde o poder político central.

Na Segunda República hai dúas tendencias fundamentais: a correspondente á Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) e a contraparte no Partido Galleguista (PG). O PG xorde da unión de varias tendencias representadas nas figuras de Vicente Risco, R. Otero Pedrayo, Ramón Cabanillas, Suárez Picallo, Castelao... En 1936 o PG, para lograr o estatuto para Galicia, aliouse coa Frente Popular e a resultas desa alianza sufriu unha escisión. Porén, logrouse o Estatuto e Castelao presentouse a Cortes pouco antes da Guerra Civil española.

Franquismo

Durante o franquismo, cualificado por Celso Emilio Ferreiro de "longa noite de pedra", sucedéronse diferentes etapas represivas coas ideas galeguistas, a partir da loita armada de moitos galeguistas en contra de Franco.

Na posguerra créase en Bos Aires o Consello de Galicia, comandado por Castelao e Suárez Picallo. No ano 1944 sae do prelo Sempre en Galiza, guía ideolóxica do galeguismo. Pouco a pouco vaise optado polo mantemento dunha acción cultural, como manifesta a creación da editorial Galaxia.

No ano 1964 fúndanse a Unión do Pobo Galego (UPG, partido nacionalista de esquerda revolucionaria segundo o definiu Méndez Ferrín) e o Partido Socialista Galego (PSG, con X. M. Beiras e Salvador García-Bodaño).

En democracia

Cronoloxía (dende a democracia en España):

Lingua

Artigo principal: Lingua galega.
Mapa lingüístico da lingua galega, amosando os tres bloques dialectais.
Mapa lingüístico da lingua galega, amosando os tres bloques dialectais.

O galego, idioma romance derivado do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego. Dende o punto de vista filoxenético é de orixe común ao portugués e similar a outros romances ibéricos tales coma o asturiano ou o castelán.

A lingua galega desenvolveu tradición literaria temperá canda outros romances coma o occitano. Esta prematura tradición acredita o seu prestixio. Atravesou posteriormente períodos de decadencia literaria e sociolingüística debido ao estatus político de Galicia ao longo da súa historia.

Actualmente, a lingua galega posúe un estándar elaborado pola Real Academia Galega en base á súa tradición literaria. O galego contemporáneo, como lingua oficial, posúe unha variante culta que é empregada tanto nos medios de comunicación de Galicia coma no ensino primario, secundario e universitario.

A lingua galega é falada por máis de 3 millóns de persoas arredor do mundo. En relación ó número de falantes, o galego ocupa o posto 146 na lista mundial, na que están incluídos máis de 6.700 idiomas[8].

O castelán comezou a se introducir na Baixa Idade Media sobre todo ao accederen casteláns a postos na Igrexa e na política galega, e acabou por converterse na lingua da clase dirixente e de facto na única lingua oficial e ao longo do século XX tamén na lingua falada por unha parte dos habitantes das cidades galegas. Despois de varios séculos de imposición política da lingua castelá, o galego acadou nos últimos decenios tamén o estatus de lingua oficial na comunidade autónoma galega, e ámbolos dous son aprendidos nos centros de ensino. Existe un forte movemento social que busca a plena normalización da lingua de Galicia.

Hai que notar que tanto o galego coma o portugués son derivados do antigo galego, chamado habitualmente galego-portugués. As dúas linguas comezaron a se afastaren progresivamente coa separación política de Portugal e Galicia. Existen posicións distintas en cando á consideración do galego como lingua:

Posición oficial

Falantes de galego como primeira lingua segundo os censos do Instituto Galego de Estatística do ano 2001.
Falantes de galego como primeira lingua segundo os censos do Instituto Galego de Estatística do ano 2001.

A posición sostida pola administración galega e pola conciencia metalingüística da meirande parte da poboación do país é que hoxe galego e portugués constitúen linguas separadas cada unha delas con cadanseu respectivo estándar elaborado por cadansúa institución pero conservando algunhas ligazóns. As normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego son elaboradas pola Real Academia Galega en base aos seguintes criterios de estandarización.

  • Ortograficamente son estandarizadas aquelas grafías que teñan meirande presenza na literatura galega durante todos os séculos de produción. Considéranse ilexítimas as minoritarias.
  • A evolución da ortografía galega ao longo da súa literatura constituíuse coma unha ortografía máis fonética que etimolóxica en función da