A Fonsagrada

Galicia en progreso: Este artigo é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nel, especialmente se vives neste sitio, e contribúe a que a Galipedia ofreza a mellor información posíbel sobre o noso país. Pódeche resultar útil ver outros artigos sobre Galicia ou consultar o nomenclátor oficial.
A Fonsagrada
Situación
Xentilicio 1: Fonsagradino - Brañego
Xeografía
Provincia: Provincia de Lugo
Comarca: Fonsagrada
Área: 438,4 km²
Entidades de poboación: 29 parroquias
Capital do concello: A Fonsagrada
Latitude e lonxitude: 43.08 N
7.04 O
Altitude máxima: 1.201 m.
Altitude mínima: 240 m.
Zona horaria: 2 UTC + 1
Demografía (2007)
Poboación: 4.748 hab.
Densidade: 10,83 hab./km²
Uso do galego 3 (2001)
Galegofalantes sobre o total da poboación: 99,22 %
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos
Sempre: 92,48 %
Ás veces: 6,64 %
Nunca: 0,86 %
Política (2003)
Concelleiros 4: PPdeG 5 (1.345 votos - 37,16 %)
BNG 2 (519 votos - 14,34 %)
PSdeG-PSOE 6 (1.735 votos - 47,94 %)
Outros: - (- %)
Alcalde: Argelio Fernández Queipo (PSdeG-PSOE)
Eleccións municipais en: A Fonsagrada

Eleccións municipais na Fonsagrada

Censo electoral (2003)
Total electores: - 100 %
Votantes: - %
Abstencións: - %
Votos en branco: - %
Votos nulos: - %
Orzamentos (2000)
Enderezos
Enderezo físico:
Teléfono: 982 340 000
Fax: 982 340 001
Código postal: 27.100
Correo electrónico:

Notas:
1 Véxase no Galizionario.
2 No verán: UTC + 2.
3 Datos de 2001 publicados en 2004.
4 Eleccións municipais maio 2007.

A Fonsagrada é un concello da Provincia de Lugo en Galicia. Pertence á Comarca da Fonsagrada e é a súa capital.

Poboación no 2007: 4.748 habitantes segundo o INE (4.856 no 2006, 4.949 no 2005, 5.007 no 2004, 4.993 no 2003).

Xentilicio (véxase no Galizionario) : Fonsagradino - Brañego

Índice

[editar] Demografía

Evolución da poboación do concello:

Evolución da poboación de: A Fonsagrada - desde 1900 ata 2004 -
 1900  1930  1950  1981  2004
 17.302  15.807  13.925  9.392  5.007
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


[editar] Historia

Segundo algúns autores, a historia da Fonsagrada remóntase a antes do século IV, como estación dun itinerario entre Asturias e Lugo, empregando unha vía romana que precedía a vellos camiños de tempos prehistóricos. Posiblemente xa houbera poboadores hai 30.000 anos.

A súa historia xira en torno ao Camiño Primitivo de Santiago, que entra no concello polo alto do Acebo atravesando a vila da Fonsagrada, centro da devoción e visita obrigada á capela de Santa María, onde existía un albergue e unha fonte, cuxo nome (Fontem Sacra) podería ser a orixe do topónimo de "Fonsagrada". Finalmente, a ruta sae do concello pola aldea de Paradavella.

A súa ubicación na ruta xacobea fundamentou a construción de varios hospitais de peregrinos, como o da aldea de Montouto, mandado construír por Pedro I “O Cruel”, a mediados do século XIV: o Real Hospital de Santiago de Montouto foi construído a carón doutro máis antigo, que foi rexentado por hospitaleiros ata mediados do século XX.

O concello da Fonsagrada, xunto co de Negueira de Muñiz, formou parte ata 1835 do Concello de Burón, cuxa capitalidade ostentaba a vila da Pobra de Burón, fundada en torno ao ano 1200.

Cara a mediados do século XIV, estas terras caeron baixo o dominio dos condes de Trastámara, pasando logo a mans do conde de Altamira (cara ao año 1480). Ao longo da historia, os buroneses libraron unha gran loita contra as cargas e tributos que debían pagar, pero os señores feudais aplacaban as revoltas irmandiñas saíndo victoriosos.

Durante o século XIX, a historia da Fonsagrada está ligada á Guerra da Independencia e as Guerras Carlistas de 1833 e 1847. Co trunfo do réxime liberal, as condicións de vida dos fonsagradinos non cambiaron substancialmente. A loita social a favor da redención foral foi unha constante entre as súas xentes.

[editar] Persoeiros da Fonsagrada

[editar] Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes da Fonsagrada

[editar] Lugares da Fonsagrada

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Fonsagrada vexa: Lugares da Fonsagrada.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias da Fonsagrada

A Allonca (Santa María) | A Bastida (San Miguel) | Bruicedo (Santiago) | Carballido (Santa María) | Cereixido (Santiago) | Cuíñas (San Cristovo) | Fonfría (Santa María Madanela) | A Fonsagrada (Santa María) | Freixo (San Xulián) | Lamas de Campos (San Roque) | Lamas de Moreira (Santa María) | Maderne (San Pedro) | Monteseiro (San Bartolo) | Pacios (Santa María) | O Padrón (San Xoán) | Paradavella (San Xoán) | Piñeira (Santa María) | A Proba de Burón (Santa María Madanela) | San Martín de Arroxo (San Martín) | San Martín de Suarna (San Martín) | San Pedro de Neiro (San Pedro) | San Pedro de Río (San Pedro) | Santo André de Logares (Santo André) | A Trapa (San Cibrán) | O Trobo (Santa María) | A Veiga de Logares (Santa María) | Vieiro (Santo Antonio) | Vilabol de Suarna (Santa María) | O Vilar da Cuíña (Santa Bárbara)

[editar] Véxase tamén

  Referencias relacionadas con Galicia


[editar] Ligazóns externas


system wymiany linków SEO Tools tanie kredyty gotówkowe kreatyna Plaza 3 star hotel Los Angeles krynica noclegi Sejm Tyk