Caixa de ferramentasOutras linguas
|
Evolución biolóxicaEn bioloxía, a evolución é o conxunto de cambios morfolóxicos, conductivistas, etc., nunha especie, en varias ou en ecosistemas completos ó longo da historia. No século XIX formuláronse dúas teorías sobre a evolución, en 1809 Jean-Baptiste Lamarck estableceu a primeira teoría evolucionista baseada no uso e desuso dos órganos e na herdanza dos caracteres adquiridos, máis desenvolvemento tivo a teoría da evolución formulada por Charles Darwin en 1831 baseada na selección natural na cal expuña que as especies actuais descenden doutras anteriores de épocas remotas que evolucionaron cara as formas actuais polo mecanismo da selección natural, que consiste nunha loita permanente por sobrevivir que determina a supervivencia dos máis aptos que vencen na loita polo alimento, xa que a descendencia é sempre moito maior có alimento existente. Na actualidade considérase que o factor básico da evolución é a mutación ou variación herditaria, isto é o cambio que se orixina por variación dos cromosomas. [editar] Véxase tamén[editar] Investigadores da Evolución |