Caixa de ferramentasOutras linguas
|
EstrabónEstrabón (64 ou 63 a.C. - 24) foi un xeógrafo grego. Naceu no seo dunha familia rica de Amaseia (actual Amasia, Turquía) que no tempo do seu nacemento pasara a formar parte do Imperio romano. Estudou na súa cidade natal e en Roma. Viaxou por case todas as terras da ecúmene, chegando ata Armenia e Etiopía. Escribiu unha Historia, continuadora da obra de Polibio, en 43 volumes, da que só se conserva un fragmento dun papiro.
Estrabón é unha fonte esencial para coñecermos os comezos da romanización da Galia e a Península Ibérica, para esta última utilizou como fonte, sobre todo, a Posidonio, pero tamén a Asclepíades, Artemidoro e Polibio. Estrabón é o autor antigo que máis información achega sobre Gallaecia, da que fala no capítulo III do Libro III. |