Caixa de ferramentasOutras linguas
|
Escala de RichterA escala de Richter cuantifica a magnitude sísmica dun terremoto.
[editar] HistoriaA escala de Richter foi desenvolvida en 1935 polos sismólogos Charles Francis Richter e Beno Gutenberg, ambos membros do California Institute of Technology (Caltech), que estudaban sismos no sur da California [editar] PrincipioÉ unha escala logarítmica : a magnitude de Richter corresponde ao logaritmo da medida da amplitude das ondas sísmicas de tipo P e S a 100 km do epicentro. A fórmula utilizada é ML = logA - logA0 onde A representa a amplituda máxima medida no sismógrafo e A0 unha amplitude de referencia. Así, por exemplo, un sismo con magnitude 6 ten unha amplitude 10 veces maior que un sismo de magnitude 5. Sen embargo, o sismo de magnitude 6 libera preto de 31 veces máis enerxía que o de magnitude 5. [editar] A graduaciónNa práctica, a escala está graduada de 1 a 9 mais teoricamente é ilimitada.
O sismo máis forte xamais rexistado foi o Gran Terremoto do Chile, o 22 de maio de 1960, que acadou o valor de 9,5 nesta escala. Do outro lado da escala, a caída dunnha tella dunha altura de 1 m. ten a magnitude -2. [editar] Magnitude e intensidadeA escala de Richter non permite evaluar a intensidade sísmica dun sismo nun lugar determinado, e en particular en zonas urbanas. Para iso, utilizanse escalas de intensidade tais como a escala de Mercalli. A magnitude é única para cada sismo, mentres que a intensidade das ondas sísmicas diminúe conforme a distancia das rochas atravesadas polas ondas e as liñas de falla. |