Caixa de ferramentas |
DiscotecaUnha discoteca é un lugar onde as pessoas van a bailar e xeralmente divertirse cos seus amigos durante as noites. A música xeralmente non se oe en vivo, senón que provén de discos, que ás veces son mesturados por un disc jockey (DJ). A primeira discoteca do mundo foi o Scotch Club, na cidade alemá de Aachen, que funcionou a partir de 1959. Nos anos sesenta, as discotecas fixéronse populares en toda Europa, e nos setenta tamén nos Estados Unidos, onde en consecuencia se desenvolveu a música disco. Algunhas discotecas como o Studio 54 de Nova York fixéronse famosas pola súa música, o seu ambiente o pola asistencia de clientes famosos. Outras, como República Cromagnon de Buenos Aires ou Alcalá 20 de Madrid, apareceron nas novas por desastres agravados polo exceso de xente e as dificultades de evacuación. Cabe salientar que nas discotecas non todo é positivo, pois nelas en moitas ocasións mestúrase alcol excesivo, tabaco e ambiente cheo de fume, son por derriba das recomendacións da OMS, drogas varias e mesmo pelexas. [editar] Ver ademais
[editar] Ligazóns externas
|