Caixa de ferramentasOutras linguas
|
Daguestán - ДагестанA Republica do Daguestán (ruso:Респу́блика Дагеста́н) é un suxeito federal da Federación Rusa (unha república). É a máis grande republica de Rusia no Norte do Cáucaso, en superficie e poboación.
[editar] XeografiaA republica está situada nas montañas do Cáucaso Norte. É a parte máis ao Sur de Rusia.
[editar] Cursos de augaHai máis de 1 800 cursos de auga dentro da republica. Entre os principais atopanse: [editar] CostasAs costas do Daguestán extendense sobre máis de 400 km ao longo do Mar Caspio [editar] MontañasA maior parte do territorio da republica é montañés, coas grandes montañas caucasas cubrindo o sur. O ponto cumio é o pico de Bazardyuzi a 4.466 m. [editar] Recursos naturaisO chan do Daguestán é rico en petróleo, gas natural, carbón e outros. [editar] ClimaO clima é caloroso e seco no vran mais os invernos son fríos nas rexions montañosas.
[editar] DemografiaO terreo montañes impede as viaxes e comunicacións, o Daguestán tén unha diversidade etnica pouco comun, e aínda grandemente tribal. Contrariamente ás outras partes da Rusia, a poboación do Daguestán medra axiña, principalmente pola inmigración.
[editar] Grupos etnicosNon hai un único grupo etnico chamado Daguestaní. No Daguestán conviven máis dunha ducia de grupos étnicos:
Atopanse tamen pequenos groupos coma os Balkares (que viven principalmente en Kabardino-Balkaria), ou os Xinukhs, uns 200, membros dunha familia complexa de Caucasianos autoctonos — uns 40 grupos, comprendendo pobos pouco coñecidos coma os Akhwakhs, moitos deles concentranse no Daguestán. A destacar tamen os Laks que inmigraron despois dunha deportación na epoca sovietica, e os Hunzibs ou pobo Khunzal que viven somente en catro cidades do interior. A lingua franca no Daguestán é o ruso, fálanse máis de trinta linguas. [editar] HistoriaO Daguestán converteuse nunha republica da Federación de Rusia no 1991. En 1999 un groupo de fundamentalistas musulmans vindo de Chechenia, baixo o comandante de Khamil Basaiev, asi como apoios locais, lanzan unha insurreción no Daguestán. Iso provoca a decision rusa de invadir Chechenia ese ano. O celebre xefe musulman Imam Khamil era do Daguestán. El era un Avar. [editar] PoliticaO xefe do goberno no Daguestán é o presidente. En 2004 o presidente era Magomadali Magomadovich Magomadov. [editar] EconomiaEn 2000, o economia do Daguestán descomponse asi:
As industrias importantes incluen a transformación dos produtos alimentarios, a produción de electricidade, o extracción do petroleo, a fabricación de maquinas, a quimica. As exportacións principais do Daguestán son o petroleo e mailos carburantes. Os produtos agricolas importantes incluin o peixe do Mar Caspio, o viño e os licores, e varias frutas. O Daguestán é a republica menos urbanizada do Cáucaso. [editar] RelixionA maior parte da poboación do Daguestán é musulmana. Coma pola maior parte da rexion Caucasiena, o islam nativo do Daguestán é da rama sufista desde hai séculos. Estes últimos anos teñense notado tensions entre as escolas sufistas locais e os misioneiros wahabitas chegados á rexion. [editar] Ligazóns externas
|