|
|
Conversa Usuario:Xosé/Arquivo2[editar] Música galegaPolo que parece o debate sobre a categoría Música seguirá aberto moito tempo, vai ser mellor seguir clasificando artigos na categoría Música galega. Se no futuro hai que cambiar algo xa se fará. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:53, 13 outubro 2006 (UTC) [editar] Citas de Winston ChurchillXa está activa a importación entre os wikis galegos, tes que ir a q:Special:Import. Unha vez no formulario indicas o wiki, por omisión está a Galipedia, logo a páxina Citas de Winston Churchill. Deixas marcado Copy all history versions for this page e xa podes importar. O seguinte paso é mover a páxina ao destino final. Como neste caso xa existe tes que aceptar que borre a páxina, logo vas ao historial da páxina e aparece un enlace ás revisións borradas, premes nel e restauras. Por último recuperas no historial a última versión válida. Unha vez que estea feito, por favor avísame para que borre na Galipedia a páxina orixinal. Por certo teremos que crear un marcador e unha categoría para mover a Galicitas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:25, 16 outubro 2006 (UTC)
[editar] ObrigadoObrigado polo apoio ao artigo sobre Penabade. [editar] Río RhinSemella que debe haber unha confusión con Río Rin porque xa existe a páxina Río Rhin. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:07, 26 outubro 2006 (UTC) [editar] Requeixo, ChantadaCoincidiu que estabamos editando á vez nese artigo. Gardei por riba da túa versión porque fixen algunhas correccións. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:37, 27 outubro 2006 (UTC) [editar] Image:Bot.pngXa están creados os modelos para as capturas de pantalla e agora a imaxe xa pode marcarse definitivamente. En Wikipedia:Política_de_uso_de_imaxes#ffffff_Wikimedia hai unha explicación do tema e como evitar a presenza dos logos. Tamén podes atopar en Wikipedia:Política_de_uso_de_imaxes#35ffffas_de_pantalla as instrucións sobre que elementos hai que ter en conta nas capturas. Unha solución para convertir a imaxe nunha imaxe libre é facer a captura sen o logo do canto superior esquerdo (e ocultar o logo de Commons que está no contido do artigo), nese caso podería cambiarse o marcador {{CopyrightWikimedia}} por {{Wikipedia-CapturaPantalla}}. Un apunte máis, na caixa de información da imaxe hai que indicar as licenzas do contido. Neste caso as dúas imaxes que se ven Image:Ratzinger Szczepanow 2003 9.JPG e Image:Coabxvi.png teñen licenzas Creative Commons ou duais. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:56, 5 novembro 2006 (UTC)
[editar] Telón de AceiroGrazas por continuares coa corrección do artigo. Non me explico cómo non me decatei de "cortiña" (hiperenxebrismo flagrante) entre outras cousas, cando fixen a miña corrección. Na túa corrección observei un erro e procedín a corrixilo, é "caeu", non "caiu". Indícocho só por non andarmos a corrixir continuamente un por riba do outro. Saúdos --Lmbuga Commons - Galipedia 00:00, 10 novembro 2006 (UTC) [editar] Rúa do OrzánDesculpa que non me puxese en contacto contigo antes ou despois de facer o que fixen. Explícoche os motivos do que fixen. O artigo, tal como estaba, distaba moito de ser un artigo enciclopédico (Wikipedia:Eliminación rápida: Artigos moi curtos fóra de contexto) e non suxería que se puidese dar no futuro esa condición. É certo que todos desexamos que a Galipedia teña milleiros de artigos, pero creo que poucos admitimos que teñan a calidade, dimensión e futuro desa páxina. Por outra banda, o artigo -polas súas dimensións e características- incita a que se fagan artigos de tódalas rúas de Galicia, cousa que sería inaceptable. Se a rúa é realmente significativa, agradézoche que compoñas un artigo extenso. Non facelo así é un precedente perigoso. Hai rúas das que se podería -tendo a información adecuada- facer tal cousa, ¿e esa unha?, ¿te-la información?, ¿pensabas continuar desenvolvendo o artigo? Dado que fixeches ti a páxina, procurei unha solución, a incorporación do texto a outra que -pensei- podía acollelo. Confundinme nisto (xa o solucionaches ti, polo que vexo), mais entendo que non me confundín na eliminación do artigo. Non procede facer un artigo por cada unha das rúas que hai en Galicia. Espero que me entendas. Creo firmemente que non debo recuperar tal artigo, dado o contido que tiña. Iso non quere dicir que ti non o volvas crear, mais con contido enciclopédico. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 18:24, 13 novembro 2006 (UTC)
Polo que respecta ó tema do nome, coincido contigo e co que propós; para non confundilo coas parroquias é mellor o de Barrio de X, Cidade. Non creo que sexa necesaria unha discusión que, por outra banda, se fose precisa, poderíase facer a posteriori. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 20:12, 14 novembro 2006 (UTC) [editar] Wikipedia:Artigo Destacado/decembro 2006Grazas pola túa colaboración, vexo excelentes as apreciacións que realizaches, inda que quizais non comprenda moi ben que o concepto de meta (entendido como remate dunha carreira) poida ser merecente dun artigo enciclopédico, mais non me parei a mirar se tal entrada existía noutras wikipedias --Lmbuga Commons - Galipedia 01:49, 28 novembro 2006 (UTC) [editar] 20.000 artigosOla Xosé. Como xa sabes, a Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos. Este feito posibilítanos ollar con perspectiva a evolución do wiki e decatarnos de que estamos nunha etapa crucial no desenvolvemento do proxecto galego e da comunidade de usuarios da Galipedia. É o momento de celebrarmos que o esforzo realizado por múltiplos e heteroxéneos usuarios está a dar un froito que cando se iniciou o proxecto semellaba utópico e que nos permite albiscar un futuro inda mellor. Como celebración do éxito que supón acadar esa cifra, inconcibible sen a colaboración daqueles compañeiros que, coma ti, están fortemente implicados no proxecto, están á túa disposición os seguintes novos espazos:
Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando o teu parecer en Wikipedia talk:20.000 artigos. Grazas pola túa colaboración e a túa compañía --Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:23, 6 decembro 2006 (UTC) [editar] BloqueosOs bloqueos de IPs varian en función do que teñen feito antes e do tipo de IPs. Hai IPs que non bloqueamos porque debido ás técnicas que utilizan non resulta efectivo bloquealos, mentres que noutros si se debe bloquear. Este mesmo IP xa foi bloqueado noutras ocasións, antes de bloquear foi comprobado o IP e coñecese a súa orixe. Así mesmo, as novas versións de MediaWiki dispoñen de instrumentos para tratar cos enderezos IP, quere dicir que non hai un único tipo de bloqueo para IPs. Como regra xeral bloquear os IPs por un só día deixa o wiki vulnerabel, por iso comprobamos cada IP e aplicamos un bloqueo en función dos danos que produce. --Moderador 14:49, 11 decembro 2006 (UTC)
[editar] ArteA categoría Arte e das que depende da aprobación, ata agora non se chegou á conclusión de que deba separarse de Arte e Cultura. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:22, 12 decembro 2006 (UTC)
Amoxicilina- Non non, unha amiga miña colleu unha cistite, e aínda non sabe porque é, estanlle a facer o cultivo. En fín, esta condenada ecoli...--Kryser 02:16, 29 decembro 2006 (UTC) [editar] SpamVin o aviso que deixaches nun resumo sobre o spam. Ás veces esas mensaxes pasan desapercibidas, noutra ocasión se podes pono na listaxe de Wikipedia:Taboleiro dos administradores. Aínda que levamos moito tempo xuntos neste wiki, aproveito a ocasión para agradecerche o traballo que estás facendo para que este proxecto se consolide e mellore o nivel de calidade continuamente. Neste ano que comeza espero que entre todos sexamos capaces de duplicar novamente o tamaño da Galipedia pero sobre todo duplicar a calidade. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:36, 31 decembro 2006 (UTC)
[editar] Imaxe da SemanaGrazas polo aviso. Corrixido. --Lmbuga Commons - Galipedia 18:18, 2 xaneiro 2007 (UTC) [editar] Fernando ArrabalLembras porque marcaches Fernando Arrabal como copyvio? Grazas. --Prevert(talk) 20:00, 17 xaneiro 2007 (UTC)
[editar] En progresoGrazas por botar unha man coas categorías en progreso. Xa fixen un repaso de todos os artigos e os que quedan son os que non sabía onde meter. Teño algunha categoría máis por crear, pero se ves algunha que falta adiante. Un saúdo. Beninho 13:20, 20 xaneiro 2007 (UTC) [editar] boas noitesHola Xosé. Muy buena pregunta la tuya. Resulta que usé el traductor de esta web. Si dices que está perfecto me alegro porque no sabía si este traductor era de fiar. Pero visto lo visto parece muy bueno. Hice lo mismo con mi página de usuario en la Wikipedia en catalán. Con la Wikipedia en inglés me lo curré un poco más y lo escribí yo mismo jeje. Saludos. Miguel303xm 00:14, 26 xaneiro 2007 (UTC) [editar] Commons POTY identity confirmationI confirm I am the same user as commons:User:Xosé - --Xosé (✉) 14:23, 1 febreiro 2007 (UTC)
A continuación, e tras outra porta falsa, hai un patio amplo con dúas construcións enigmáticas que talvez representan as fronteiras norte e sul do reito entre as que o faraón debía realizar a carreira simbólica durante a cerimonia Sed. Non sei o que quere dicir reito, non o atopo nin nos dicionarios galegos nin portugueses; pode ser unha errata por treito? paréceme pero non podo aseguralo, grazas.--Margoz 20:59, 4 febreiro 2007 (UTC)
Grazas pola resposta, xa eliminei on que desde o meu punto de vista non era enciclopédico.--Margoz 20:41, 5 febreiro 2007 (UTC) [editar] Uso de referencias a outros idiomasintentei atopalo, pero non o conseguín. ¿Que significa isto ao final dun artigo? vexo que neste artigo aparecen como links, pero forman parte do corpo do artigo orixinal sobre Rosalía de Castro, e aí só os vexo cando entro en edición, pero non cando visualizo o artigo...
Seguro que é unha pregunta moi elemental. Grazas por adiantado [editar] ¿Cal é o xeito mais apropiado para incluir unha aldea, relacionada con Parroquia e Concello?Estimado Xosé, Quería incluir en Galipedia unha aldea (lugar) que se chama Amoroce. Esta forma parte da parroquia de Amoroce, Celanova, que pertence ao lugar (Concello) de Celanova. As parroquias de Celanova póodense atopar aquí: Lugares de Celanova, perfectamente agrupadas, pero non os lugares que pertencen a cada parroquia. ¿Cal sería o xeito adecuado de crear, xerarquizar e relacionar estas aldeas (lugares)? ¿Tal vez creando o término "Parroquia Amoroce (Santiago), e incluindo nela as aldeas que a conforman, que son trece, (Amoroce, Barreiros, Carballeira, Casal, Casbasco, Casiña, Goterre, A Granxa, Mociños, Outeiro, Quintairos, Rial y Sampli), e crear o artigo Amoroce despois? E dicir, quería relacionar ben os térmos galegos Concello - Parroquias - Aldeas. Por favor, disculpa si esta é unha pregunta moi elemental. Agradezo moito a túa axuda. --Armonía Universal 23:18, 18 febreiro 2007 (UTC) Penso que teño unha solución: Si vemos Lugares de Baiona, temos 5 apartados, correspondentes ás 5 parroquias que o conforman, cada unha cos lugares que a integran. Pero si vemos Lugares de Celanova vemos o listado das parroquias de celanova, pero non está creado o listado de lugares por parroquia. Cada lugar en Baiona corresponde a
(leva "Lp" antes do nome da parroquia. ¿Cómo se crean esas listas de lugares? --Armonía Universal 19:32, 19 febreiro 2007 (UTC) Polo de agora, creei a Parroquia de Amoroce (Santiago) e o lugar de Amoroce . Penso que están ben relacionados entre sí, pero estaría ben ter a opción de crear o termo "Lugares da Parroquia de Amoroce, Celanova, Ourense". Un saúdo e grazas por o tempo que che estou facendo perder. --Armonía Universal 20:31, 19 febreiro 2007 (UTC) [editar] HolaHola Xosé. Como bien digo en mi página de usuario, no se escribir ni hablar nada en gallego, aunque me parece una lengua muy interesante y atractiva porque me recuerda mucho a lo poquísimo que he leido de castellano antiguo. Todo lo que he escrito en esta Wikipedia ha sido gracias a un traductor que encontré en Google que, creo, que está bastante bien. El artículo de Getafe, la ciudad donde vivo, lo "escribí" usando este traductor. Cuando tenga tiempo traduciré los artículos de arquitectura y montañismo que he escrito en la Wikipedia en español. Saludos y boa noite! Miguel303xm 22:40, 4 marzo 2007 (UTC) [editar] Template:Arte americana, Template:Arte asiática, Template:Arte etnográficaSaúdos. Marquei estas templates para borrar xa que non se empregan en ningún artigo nin en ningún outro template. Coma apareces ti como o único editor no historial dos mesmos prefiro avisarte disto, xa que no caso de que teñas pensado empregalas nun futuro habería que borrarlles os marcadores de lixo que lles puxen. Se é este o caso perdoa polas molestias. Un saúdo. --BaNjO talk 17:11, 6 marzo 2007 (UTC) [editar] HomónimosPois serei moi torpe, Xosé, pero en Wikipedia:Homónimos, onde xa estiven antes de face-la pregunta, non explica como se fai. Polo menos non o explica de forma asequible a quen, coma min, non sabe facelo. Supoño que haberá que abrir unha páxina en branco, pero ¿como? A miña ironía sobre a "axuda" que proporciona a axuda de wikipedia non é só por ela: é estensible a tódalas axudas de tódolos programas informáticos. Claros e útiles ... para quen coñece o manexo. Saúdos. Pedro --Lameiro 00:08, 7 marzo 2007 (UTC) [editar] Wikificar Identificación biométricaHola, Estiven engadindo ligazóns internas ao artigo identificación biométrica, a raiz da túa suxerencia. Quitei o marcador, porque acho que agora xa ten as ligazóns que debe ter. Saudos Miguel.lima 12:33, 11 marzo 2007 (UTC) [editar] Como poñer a palabriñaOlá outra vez Xosé, non consigo entender como poñer a palabriña na miña sinatura. Tentei de facelo de varios xeitos pero non o consigo. Cando remato de escribir a mensaxe, eu premo no botón de asinar (--Calrosfking 18:34, 12 marzo 2007 (UTC)), pero non sei como podo facer a conexión (talk, falar) que supoño que quedara fixa unha vez que se constrúe. Sen dúbida algo non pillo no proceso.--Calrosfking 18:34, 12 marzo 2007 (UTC)
[editar] olloDear Xosé, is the o in "ollo" pronounced /ɔ/ (as in home) or /o/ (as in bonito)? And what about the o in "ollos"? (http://af.wiktionary.org/wiki/ollo). Thanx http://af.wiktionary.org/wiki/Gebruiker:Manie --84.114.144.54 22:20, 25 marzo 2007 (UTC) [editar] OestrimniosOla, como vai todo? Vin que no artigo Oestrimnios puxeras a etiqueta de Atención. Engadín algún dato e categoría. Este pobo forma parte dunhas teorías (da xeración Nos e posteriores) xa abandonadas na actualidade pero que forman parte da nosa historia e teñen base documental histórica en Avieno. Non sei se hai algún motivo mais para manterlle a condición polo que cho pregunto a tí que lla puxeches. Tamén vin no historial que algún editor decía que non eran africanos pero Cuevillas (fonte fundamental para o tema na nosa historiografía) así os califica, pero é outro tema. Graciñas e saúdos. --Lansbricae 16:06, 27 marzo 2007 (UTC). Grazas pola celeridade, e de novo parabéns polo teu traballo (xa semella unha costume). Saúdos. --Lansbricae 16:45, 27 marzo 2007 (UTC) [editar] Fortaleza de San Paio de NarlaOla de novo, Estiven engadindo datos a este artigo e no canto dos feitos de Catalina as dúas fontes que consultei falan de Catalina de San Tirso e non de Andrade. Unha das fontes é un pequeno libriño editado pola Voz de Galicia da serie Galicia en Guías 2005 e unhas fotocopias dun libro que creo editou a Deputación de Lugo pero que non podo reseñar. Ambos coinciden polo que modifiquei os datos, xa que a mais aportan o nome do pai da moza. por eso pícame a curiosidade da túa fonte. Si estivera trabucado sempre se podería modificar non si? Grazas e unha aperta. --Lansbricae 19:02, 2 abril 2007 (UTC) Esta web [1] ven darche mais razón polo que vou cambiar os datos de novo poñendo entre parénteses o de San Tirso e deixando o do pai e tratarei de averiguar a fonte da lenda. Desculpas polo atrevemento pero a miña fonte parecía mais completa. Pode que se trate dunha muller da casa dos Andrade co apelido San Tirso pero de momento o mais fiable e renomear a subseción que creei, paréceche? --Lansbricae 19:22, 2 abril 2007 (UTC) E nesta desfaise a lóxica porque nesa época aínda non existía casa dos Andrade [2], un lío. Desfarei e porei como principal Catalina de Andrade (ou San Tirso) co teu consentemento previo. Na primeira páxina que te mandei sitúa históricamente a lenda na IX xeneración falando de Catalina de Santirso ou Santiso e Vasco das Seixas polo que non mudarei o cambio. Eu tamén teño algunha desas guía de Everest (unha de Celanova) que usarei ca debida dilixencia. Un afectuoso saúdo. --Lansbricae 20:07, 2 abril 2007 (UTC) [editar] taxonomíaBoas Xosé. Paréceme coherente utilizar esa caixa para a taxonomía dos seres vivos pero non sabía como facelo. E sigo sen telo claro porque ó utiliza-lo modelo que me dis, o resultado non é o esperado. Ou fago algo mal ou faltan taxóns nese modelo. Outro problema é que non teño imaxes para a lagosta (pero teño posibilidade de fotografalas cando queira). Máis difícil será coas lagostas foráneas. A única imaxe que atopo en Commons é unha lagosta xaponesa, e a verdade, non me parece serio utilizala para a nosa. Aí che vai o resultado da miña proba:
Espero que poidas ver cómo queda. Está o problema dos taxóns extras (superclase, superorde, suborde), o problema dos autores (que quedan enlazados ó nome do taxón) e as cursivas de xénero. Xa me dirás qué hai que facer. PD. Teño unha captura de pantalla da web de telecinco na que ilustran unha noticia dunha praga de lagosta (insecto) no 2004 cunha fotografía da nosa lagosta (crustáceo). Como anécdota sería bonito metela neste artigo pero ¿podemos ter problemas de dereitos e esas historias?. Saúdos. Pedro --Pedro 14:25, 6 abril 2007 (UTC) [editar] caixa de taxonomíaBoas, Xosé. Acabo de subir un novo artigo sobre o lumbrigante. No cadro de taxonomías escribo a imaxe que quero poñer: Langosta-rafax.JPG, pero non sae. Probablemente algunha barra ou algún outro detalle, pero necesito que mo mires, que o corrixas e me digas cómo facelo. Perdoa a tabarra. Un saúdo, Pedro --Pedro 23:57, 6 abril 2007 (UTC) [editar] ¿Puedo saber por qué...... has revertido mi contribución al artículo de desambiguación de Macedonia? Simplemente me dediqué a retirar la falsa propaganda de la ARYM (Antigua República Yugoslava de Macedonia). Soy Macedonia, de la única Macedonia que hay, la griega. Si tiene alguna duda de mis contribuciones, pásese por la wiki en español, donde soy bastante conocida... Así que le ruego, por favor, que no deshaga mis contribuciones como si de vandalismo se tratasen: he venido aquí a corregir las categorías de Alejandro Magno y Macedonia --Bucephala 15:16, 7 abril 2007 (UTC) PD: Contésteme a la Wiki en español, en mi página de usuario hay un link directo
[editar] Re: Estremés famoso sobre da pesca no río MiñoPor min non hai problema en pasar o que hai sobre A Contenda no artigo da literatura dos Séculos Escuros de Prerrexurdimento para o artigo dedicado a esta obra. Mais, o que podemos facer, é deixar o artigo da literatura dos Séculos Escuros tal e como está e, á parte, ampliar o anterior, porque eu o que fixen neste foi xa un resumo. De todas as maneiras, interesaríame coñecer a túa opinión e gustaríame que me respondeses. Un saúdo--Xohán Baldomir 19:17, 7 abril 2007 (UTC)
[editar] Galiza- GaliciaOla, vin que xa cambiaches os meus erros a hora de crear as categorias, grciñas e desculpas. Tamén vin que está a haber a creación de artigos con Galiza e categorías con Galiza. Creo ter lido que nos títulos de artigos e supoño que tamén no das categorías se debe usar sempre Galicia. Non é así?, e despois no artigo xa é a discreción do editor. Incluso vin a duplicidade dos artigos Galiza e Galicia. ¿como o ves? Deberían cambiarse. Por último xa fixen a fusión de dous artigos de Simón Rodríguez e Simón Rodriguez, deixando o segundo valeiro. Para a fusión creo que o ten que facer un administrador para incluir ambos historiais, pedinllo a Lmbuga que llo psaou a Prevert, e agora dígocho a ti para ver si se pode adiantar traballo e porque non sei cal é o título correcto con til ou sen til o Rodriguez. Espero non molestarte moito e de novo grazas e un saúdo. --Lansbricae 21:43, 15 abril 2007 (UTC) [editar] RespostaEu cando os marco como artigo principal e non corresponden co nome exacto da categoría fago un artigo co mesmo nome e redirecionoo, era o que tiña feito pero como non lle puxen as maiúsculas e por iso refareino (Está feito en Galicia Prehistórica (artigo) e (Prehistoria de Galicia), e no caso concreto que me falas gústame mais así o nome do artigo como está. Estou dacordo co cambio non só en Idade Media senón tamén nas outras xa que para mín son nomes propios de periodos e así estaban tamén na periodización de Historia, e a mais por homoxeneizar. Grazas e un saúdo. --Lansbricae 22:27, 15 abril 2007 (UTC) [editar] Galiza- Galicia de novoOla de novo, Creouse unha categoría co nome Reis de Galiza, poderíase correxir co teu bot? (xa falei co editor e non sabía do consenso pero está de acordo en cambialo. Outra cousa, relendo o comentario que me fixeras con relación a Galicia na Idade Moderna ou Idade Moderna de Galicia, entendinte que só te referías a manter o nome do artigo pero si o que querías decir era cambiar tamén as categorías por min non hai problema. O único problema que lle vería sería que tendemos a entender os periodos como comúns a todas as rexións e iso non é así, por exemplo a historia de Galicia comeza coa chegada dos romanos xa que antes non existen referencias escritas na nosa terra, o mesmo ocorre cas idade do bronce, ferro... Non sei se me explico, non todos os pobos evolucionamos a un tempo. Estos problemas e o feito de non ser un académico da historia, só e unha das miñas aficións (a maior tal vez) son as que me levaron a parar de categorizar os artigos de historia de Galicia xa que nun principio tratei de seguir o template que estaba creado pero que me xera moitas dúbidas (Reino Suevo metino en Gallaecia xa que seguíu funcionando como entidade ata os visigodos ou a Cultura Castrexa (VII a.c. a II ou III d.c.) que polo que eu sei está a cabalo entre a prehistoria e a romanización ou que incluso algúns autores defenden que non se pode falar estrictamente de Cultura castrexa ata a chegada do influxo romanizador e mais....) En fin, comecei aclarándoa para que me servira de base para continuar cos artigos do patrimonio e metinme nun berenxenal superior aos meus coñecementos. Non te molesto mais. Grazas polo teu tempo e un afectuoso saúdo. --Lansbricae 22:03, 18 abril 2007 (UTC) Resposta Si, non sei en que lugar da wiki lín ou entendín que os nomes dos artigo sempre se usara o topónimo Galicia e non Galiza, e polo tanto para mais os de Categoría, que seguen todos o "concordado". User:Emilio juanatey que foi o que a creou non pon inconvinte e eu creo (xa que non atopo onde o puña) que debería ser así polo tema de homoxeneizar. Unha aperta --Lansbricae 22:19, 18 abril 2007 (UTC) Grazas polos cambios. Saúdos.Lansbricae (Ti dirás) 15:36, 19 abril 2007 (UTC) [editar] RE:Tradución da semana en Meta-WikiGracias por facelo, eu preferín non facelo porque é un marcador que realmnte non se vai utilizar en moitos artigos, pero se o vez conveniente, por mí que non sexa. Un saúdo!--Fryant 17:20, 19 abril 2007 (UTC) [editar] Teoría da conspiración electrónicaMe has añadido el siguiente comentario a este artículo: "Este artigo é redacción dun único individuo e non conta con nengunha outra mención concreta. A bibliografia citada fai referéncia a outras teorias conspirativas sen realción. O autor tivo dificultades para publicar isto noutras wikipedias"
El debate está ahí, en esas publicaciones, y aunque la realidad de esa teoría es bastante improbable, tiene la misma probabilidad de que sea realidad que lo que nos cuentan las distintas religiones (y sin embargo, hay artículos que explican las "fantasías" de las mismas sin ningún reparo). [editar] Dividir en dous o artigo e caixa de navegación
[editar] Wikipedia talk:Wikiproxecto Categorías/PolíticaHola, he dejado un mensaje en la discusión del wikiproxecto para ver si lo reactivamos un poco, que la categoría Política no para de crecer y habría que pensar en crear ciertas subcategorías para poner un poco de orden. Por eso te agradecería que echarás un vistazo a la discusión y expresarás tu parecer. Gracias, Manu bcn 08:37, 22 abril 2007 (UTC). [editar] Petición de axuda a XoseBotOla Xosé, necesito que me axudes, máis concretamente que me axude o teu bot. Vin que o empregaches varias veces para recategorizar artigos, a ver si me podes axudar a recategorizar os templates da categoría Category:Caixas de lugares das Pontes á unha nova categoría Category:Caixas de lugares das Pontes de García Rodríguez, polo tema de poñer o nome completo do concello na categoría. Dígoche esto porque supoño que a categoría debe levar o nome completo, corríxeme se me equivoco. Nada máis, moitas grazas por perder algo do teu tempo comigo. [editar] Plantillas (Templates)Gracias pola colaboración no artigo que estou a traducir sobre o cirrio común. Non acabo de dominar o tema dos Templates, e as veces o inserilos provocan efectos non desexados, se podes darme información sobre o tema agradecereicho. Un saúdo.--Elster 17:19, 27 abril 2007 (UTC) [editar] Xetafe - GetafeHola Xosé. Tengo una duda, ¿el artículo de Xetafe - Getafe ya es destacado o lo va a ser en junio? Miguel303xm 14:42, 2 maio 2007 (UTC) [editar] SylvanorashSaudos, iso foi un erro, pido desculpas :( estaba posto un cacho e tentei corrixilo 19:15, 2 maio 2007 (UTC)~ [editar] Falai, meus olhos
[editar] Posturas sociopolíticasde Xoán Paulo IIAmigo Xosé, as posturas sociopolíticas de Xoán Paulo II son un capítulo expreso dentro das Ensinanzas, e reproduce literalmente o que está escrito nas súas encíclicas. Creo que sistematicamente está mellor aí que non perdidas entre outros temas como estaba antes. A túa precipitación en desfacer a edición leva a que agora estea o título duplicado, un con contidos e outros sen eles. Apertas [editar] AtenciónGracísimas. Moitas, de verdade. Pero agora non sei como facer pra que a miña páxina de discusión non apareza dentro da lista de páxinas a wikificar... lol. --Xabier Cid 18:05, 7 maio 2007 (UTC) [editar] Traballo para o botO meu bot non vai estes días por iso quería pedirche se pode o teu pode mover o que queda en Category:Estados de Estados Unidos de América a Category:Estados dos Estados Unidos de América. Albert galiza tamén me pediu mover Futbolistas xermanos a Futbolistas alemáns (así é todo a medio prazo imos ter que mover as categorías de futbolitas a Futbolistas de Nome_de_país). Moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:37, 15 maio 2007 (UTC)
Andarías a facer varias cousas e sen darte de conta puxéchelo na páxina de usuario, é fácil confundirse.Acerto 18:58, 16 maio 2007 (UTC) [editar] Re: Choiva ácidaPolo que vexo no historial penso que están combinados, en particular estas dúas edicións lévanme a pensar que é así: # 22:06, 17 maio 2007 XoseBot (Talk | contribucións | bloquear) m (8,936 bytes) (Desambiguação assistida por bot: Terra) # 22:06, 17 maio 2007 XoseBot (Talk | contribucións | bloquear) m (8,508 bytes) (Desambiguação assistida por bot: Terra) Unha semella ser de Choiva ácida e outra de Choiva aceda. A miúdo o sistema non actualiza de inmediato a fusión de historiais ou hai que forzar o navegador para que cargue a versión actualizada do historial, posiblemente foi isto o que ocorriu. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:30, 18 maio 2007 (UTC) [editar] HomónimosCerto, hai milleiros! Nalgúns casos o problema é que a páxina de homónimos non contén a ligazón que hai que mudar. Bo traballo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:10, 18 maio 2007 (UTC) Portal historia Felicidades polo teu traballo co portal da historia. Para o portal da música aínda nos queda bastante traballo e aprender como vai funcionando esto. Como aínda non sei se vai haber xente que esté disposta a traballar en todos os eidos da música, polo de pronto centreime en facer unha lista de grupos e outros temas. Cando avancemos un chisco irei facendo un portal de xeito similar.--Goresqui 15:48, 19 maio 2007 (UTC) [editar] Portal da HistoriaOla Xosé: Túa mensaxe recibida, farei o que séa necesario, sempre dentro das miñas posibilidades. Grazas, un saúdo.Padin 16:02, 19 maio 2007 (UTC)
[editar] zonas húmidasNoraboa e felicitacións pola serie que estás a facer dos espazos naturais de Galicia, traballo completo onde os haxa. Pero quero facer un comentario: utilizas a palabra "humedal" (e "humedais") que non está admitida polos nosos gurús da lingua; tampouco está "humedal", por suposto. O Servizo de Normalización Lingüística da USC recomenda "zona húmida" [3]. Un saúdo e segue así. --Lameiro 21:02, 19 maio 2007 (UTC) [editar] Portal de HistoriaOla, seméllame moi boa a iniciativa e ambiciosa. No que poida tratarei de axudar. Unha primeira suxestión movida polo que vin que levas feito sería o de facer un apartado de Personalidades da Historiografía, vendo que o artigo de Murgía é destacado como de historia de Galicia... e deste xeito uniriamos os recursos de personalidades co portal,. Non sei que che parecerá, xa me contarás,, pero o Portal ten boa pinta. saudos Lansbricae (Ti dirás) 11:39, 20 maio 2007 (UTC) Sinto o erro, pensei que faltaba por ampliar xa que non atopaba na lista moitas das cidades de España, o que se debería facer entón é incluir o resto de cidades no resto de autonomías, non ten organizar unhas en España e outras nas súas autonomías. Non digo que sexa túa a culpa simplemente que non está feito. [editar] Categoría de CidadesNon pasa nada, como non sei crear as categorías o que podo facer é ampliar a cidades que faltan ou tamén ampliar a información das que xa existen porque moitas apenas teñen un par de párrafos. Saúdos
[editar] InvernadoiroenoloxíaGrazas. Xa o corrixín--Lmbuga Commons - Galipedia 18:22, 24 maio 2007 (UTC) [editar] literatura do período intersecularOla! Escribín un artigo sobre a literatura galega intersecular e quería saber se me poderías dicir como podo facer paa incluílo naquela caixa de navegación que ti fixeras para a literatura galega. Moitas grazas--Xohán Baldomir 08:34, 25 maio 2007 (UTC)
[editar] BotCometín un erro cando creei unha parte das páxinas da categoría Eleccións municipais galegas e escribín coorporacións no canto de corporacións. Podes arranxalo? Outra cousa, hai tempo creei un modelo chamado {{CategoríaOficial}} para identificar as categorías que foran debatidas, neste momento xa non ten sentido mantelo, podes retiralo tamén? Grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:03, 28 maio 2007 (UTC) [editar] Usuario HacnexAcabo de ver o teu comentario e como és administrador vou-che expor o caso:
Parece evidente que non é un colaborador con boa fé, pero eu non vou comezar unha guerra de edición, ti que opinas? Un saúdo Emilio juanatey 11:21, 1 xuño 2007 (UTC) [editar] A Tecnoloxía na ESOBota un vistazo ó artigo A Tecnoloxía na ESO, non teño moita idea pero creo que non é o tipo de artigos admitidos na galipedia, revisa porque ten ligazóns ó artigo como por exmplo en Tecnoloxía Saudos! Alvarez(talk) 16:37, 04 xuño 2007 (UTC) [editar] Wikipedia:Bots/Peticións de aprobaciónHoubo un problema cando votaches e perdéronse datos. É mellor que o revises ti para que non haxa erros cos votos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:03, 6 xuño 2007 (UTC)
[editar] Mensaxes do sistemaAndo coa revisión das mensaxes para comezar a publicar unha parte de delas (quizais 600 das principais). O problema fundamental neste momento ten que ver cos textos enrevesados, poucos precisos, erros e traducións demasiado "literais". Comecei pola parte de arriba. Xa que tamén andas niso se atopas algún texto con problemas faimo saber. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 09:46, 7 xuño 2007 (UTC)
Vou marchar por hoxe, agora as mensaxes traducidas do corpo principal deben ser unhas 500. Aínda que na nosa listaxe están todas xuntas, no wiki de tradución están segundo tipos. No Exif non entrei, polo momento vou pasando as mensaxes que se poden considerar medio definitivas. As mensaxes que teñen máis problemas vounas deixando para o final. O sistema permíteme distinguir entre as que están traducidas e cales non, dese xeito cando queden as máis problemáticas podemos revisalas con máis detalle. Algunhas mensaxes que temos son do tipo MediaWiki:Uploadtext iso significa que teremos que traducir do orixinal. Por outra banda hai algúns conceptos confusos noutras das mensaxes. Por último en certas mensaxes fago a comparación con pt, en, es, it e fr (fr en moitas ocasións ten as mellores solucións). A ver se conseguimos ter un número de entradas suficientes para que sexa funcional noutros wikis, supoño que despois será máis fácil de manter. Moitas grazas polo teu traballo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:55, 7 xuño 2007 (UTC)
Hoxe foi publicada a tradución, son 550 mensaxes dun total de 1644 (o 33,45%, algunha das mensaxes paréceme que a colleron eles mesmos porque eu non lembro que o fixera). Unha vez comprobadas e publicadas en Mediawiki SVN axiña pasaran a estar dispoñibles nas opcións de configuración dos wikis da Fundacion Wikimedia. A ver se na próxima quenda revisamos 272 máis para chegar ao 50% da tradución. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:38, 9 xuño 2007 (UTC) [editar] Mariño de LobeiraXosé: xa tes traducido o artigo Mariño de Lobeira pero, como digo no resume, tal parece unha novela. Non teño nin idea de cómo se pode confirmar esta historia (nomes, lugares, relevancia, etc.) e a piques estiven de inserir unha chamada de atención. Mírao ti e decide se fai falta esa advertencia. Un saúdo, Pedro. --Lameiro 18:38, 19 xuño 2007 (UTC)
[editar] Estado de conservaciónOla Xosé, non tiña nin idea que era mellor SVG para as imaxes. Eu editei as imaxes cun programa de retoque fotográfico que non tiña a opción de salvalas en SVG e por iso fíxeno en JPG. Se ti podes facelo estaríache moi agradecido xa que eu non teño ningún programa axeitado para facelo que eu saiba. No de masculino/feminino tes razón, pero penso que poderíase interpretar de moitos xeitos (podería ser A especie, O Ser vivo, O animal, O Estado de conservación...) o máis lóxico é, sen dúbida, o primeiro deles (a especie) pero neste caso fói unha cuestión de que fora máis fácil facer o retoque co programa de edición a partir da versión portuguesa, pero se pensas que hai que cambialo, o fago sen problemas. Por outra banda as caixas taxonómicas tal e como están artelladas na nosa wiki teñen pouca flexibilidade para poñer ou sacar elementos (Estado de conservación, mapas de distribución....) e seguro que no futuro engádense novos elementos. Están construidas dun xeito distinto a da maioría das wikis que si permiten a flexibilidade, por exemplo os grupos taxonómicos superiores distintos da especie non precisan do estado de conservación e tal e como o temos a día de hoxe non é posible sacalo. Habería que pensar neste asunto. As opcións que eu vexo son, por unha banda, facer unhas novas caixas taxonómicas empregando a linguaxe de programación flexible (non hai tantas, creo que o cambio aínda é posible) ou empregar caixas taxonómicas distintas para a especie e para as categorías supuriores que de feito xa existen na nosa wiki (ver Bufo). Un saúdo--Calrosfking (FÁLAME) 08:09, 20 xuño 2007 (UTC)
--Calrosfking (FÁLAME) 10:20, 1 xullo 2007 (UTC) [editar] Eleccións municipais nas Pontes de García RodríguezFeito, faltaba o PNG tanto no cadro coma no gráfico, por eso non daban as contas. Agora xa está correcto. Grazas polo aviso. Un saúdo --BaNjO (tell me) 11:12, 20 xuño 2007 (UTC) [editar] Request for botflag on gl.wikiquoteHello! I asked for a bot flag on your wikiquote talk page, could you check it please? :) Thanks! Chtit draco 07:00, 21 xuño 2007 (UTC) [editar] O GroveXosé: corrixe a título " Eleccións municipais en O Grove" por "... no Grove". Pedro (¡e vaia paciencia que tes que ter con trescentos e pico concellos...!) --Lameiro 19:23, 22 xuñ |