|
|
Conversa Usuario:Sobreira/arquivo2
[editar] Ola!Nada, parecerache unha parvada, pero eu tamén estudo en Vigo e tamén Filoloxía Galega, comezei fai pouquiño (no da wikipedia, na carreira vou en segundo) pero xa lle collín o gustiño a isto da wikipidia, bueno pois iso, só saúdar e ir coñecendo os compañeiros de eiquí! :D --O TeRMi 04:08, 2 xaneiro 2006 (UTC) [editar] efeméridesGrazas por botarme unha man ca categorizazón deses artigos ;) --Alyssalover(fálame) 11:15, 30 Abr 2005 (UTC) [editar] GalegoOla Sobreira, queríache preguntar sobre algo que aparece no artigo Galego, concretamente o parágrafo Como dado de interese, o 2004 iniciouse a celebración conxunta e continuada de actividades en defensa da lingua do 17 de maio (día das Letras Galegas en honra a Rosalía de Castro) ó 10 de xuño (día de Camões e das letras portuguesas)., sabes se foi certo e se tivo carácter oficial, ou foi unha celebración asociativa, (En todo caso o artigo galego actualmente é moi, moi pobre)gracias--Rocastelo 17:01, 9 maio 2005 (UTC)
[editar] WikisourceOla, sobreira. Le esta resposta sobre os votos para a Wikisource. Coido que sería aconsellable que te rexistrases nela e votases como membro. Un saúdo --Luisinho(✍ ir á miña discusión) 21:36, 16 maio 2005 (UTC) [editar] WikipediaQueria pedirche que tiveses máis coidado en seguir as políticas tanto da Galipedia como da wikipedia en xeral. En especial, no caso de homónimos (exemplo Acad, non pode estar clasificada á vez en informática e xeografía. Se é preciso créase a páxina correspondente pero me temo que neste caso a entrada sobre informática é erronéa fala de CAD e non de Acad. Non o correxín para non contrariarte como no caso Cairo), como nas abreviacións só están permitidas aquelas que sexan significativas (estilo ONU), se nón hai que redirixilas ao termo correspondente. Tamén non crear páxinas de fraseoloxía (non corresponden á wikipedia e no seu caso deberían ir no termo correspondente O tempo é ouro, no seu momento discutimolo e quedou pendente de arranxar). Con respecto a Lingua galega lembra que ti mesmo participaches nun debate no que acordamos que as redireccións fosen ao revés. Polo demáis, como sempre bo traballo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:11, 20 maio 2005 (UTC)
[editar] CategoríasEstamos de noraboa chegamos ao 64% na clasificación de artigos en categorías, quizais podamos poñernos como meta acadar o 80% na seguinte estatística (en inglés chegaron ao 77%). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:14, 22 maio 2005 (UTC)
[editar] SetestreloOla, queríache facer unha pregunta, setestrelo no artigo que fixeches é sinómino da constelación da Osa Maior, malia iso no dicionario Cumio aparece definida como Osa Maior, pero dá como sinónimo Boieiro (que é outra constelación), polo que estou feito un lío, dáselle ese nome ás dúas constelacións?, ou é unha errata do dicionario, saúdos.--Rocastelo 16:39, 23 maio 2005 (UTC)
[editar] Continuación sobre as categoríasNon estou de acordo co procedemento que segues para crear categorías cando non foron postas en discusión. Podo estar de acordo coas categorías pero considero que se deben respectar os procedementos, aínda que ao facelo non haxa intervencións doutros usuarios. Só facendoo así se pode considerar que hai un acordo da comunidade (por pequena que sexa) con que clasificación vaia por un determinado camiño. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:20, 24 maio 2005 (UTC)
[editar] Template:OlaAndiven un pouco afastado da Galipedia estes días, por iso non respodín antes a túa mensaxe. Na miña opinión poden usarse os dous modelos, aínda que eu creo que mentres sexa posible hai que intentar que as benvidas inclúan certa parte da mensaxe personalizada para cada novo usuario. Paréceme que dar a benvida só cun modelo resulta demasiado impersonal. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:05, 9 Xuñ 2005 (UTC) [editar] Retorno á GalipediaComo no título daquela serie británica Retorno a Brideshead alédome do Retorno de Sobreira e apéname que sexa por pouco tempo. De todos os xeitos benvido outra vez. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 6 xullo 2005 18:29 (UTC) [editar] HeteroglotónimuHola, nun voi escribite en gallegu porque pa metete un cientu erros nun val la pena, y vamos entendenos de toes formes ;) Tuve pescanciando poles wikis artículos sobre l'asturianu y topé les dos páxines que ficiste de "auto / heteroglotónimo". Paeciome que yeren perinteresantes y como nun atopé más datos nel restu wikis fice una componenda coles dos na wiki n'ast. Si quies veles, l'enllaz ye http://ast.wikipedia.org/wiki/Heteroglot%C3%B3nimu y d'ehí pues tirar pal otru. Pos eso, munches gracies, y si quies comentame daqué pónesmelo en "discusión". --195.162.194.35 13:31, 3 agosto 2005 (UTC) [editar] Opinionyo crei que nuevo se decia novo en gallego, te lo pregunto por que segun veo y es mi parecer, tu lo que hicistes frente al uso de esa palabra que colocara nuestro amigo sumercé fue traducir pero de gallego a español. pois para nosotros novo es nuevo y nuevo es novo no se si sera que andamos errados. --[[User:DGDIC| DGDIC (Cha Valte Deseigas Dacierourú Dago Pu Favote entrar Etcá a Dacierre) 20:48, 27 outubro 2005 (UTC) [editar] SaúdosUn pracer verte outra vez por aquí,.--Rocastelo(fálame aquí) 17:35, 9 novembro 2005 (UTC) [editar] Benvido de novo
[editar] Linguas románicasOla. Sobreira. Estiven lendo un dos artigos que creaches: Linguas románicas. Paréceme moi interesante ese artigo e o de tipoloxía lingüística areal. Queríache propor 2 cousas. 1ª Agradeceríache que te estendeses un pouco máis no último parágrafo do artigo Linguas románicas, lino un montón de veces e resulta interesante, pero complicado de entender. 2ª Cun material que encontrei vou crear un manual en wikibooks sobre as linguas romances. Observo que ti sabes máis ca min dese tema, así que se queres refacer o que eu faga, borrar, engadir... por min encantado. Un cordial saúdo--Lmbuga 10:55, 5 xaneiro 2006 (UTC) [editar] Licenza de imaxes de provincias
Ola. Tes razón, é máis coherente xuntar as figuras literarias en category:retórica. Agradézoche que comeces a facelo. Eu teño un mes un pouco liado, mais tamén hei botar unha man. Vou revisar o que pon en Terminoloxía. Fareino sobre a media noite. Se tal, esténdome máis ou coméntocho para ver como melloralo. Saúdos. --Lmbuga 20:35, 22 marzo 2006 (UTC) [editar] Tipos de usuariosNa wikipedia existen diferentes tipos de usuarios, cada un cun permisos distintos o con algunhas características propias.
Aquí, aparte de usuarios non-rexistrados e rexistrados temos bot's, sysop's e bureaucrat's. Con respecto aos papas e preferible que as categorías, salvo no mantemento, vaian na propia páxina porque se se fai algún cambio de categoría no template non se actualiza automaticamente. Sobre os papas repetidos é algo provisorio no que está traballando Xelo2004, por iso pode haber algunha cousa que haxa que modificar ou borrar. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:18, 2 abril 2006 (UTC)
[editar] category:retórica e figuras da linguaOla. Non sei se é Retruécano ou non. Non sei nin como é en portugués. Na Wikipedia portuguesa (Categoria:Figuras de linguagem non aparece, en castelán tampouco. Eu recollín o nome -creo- do libro Arte poética de Claudio Rodríguez Fer. Non hai dúbida, para min, de que é un castelanismo, pero non sei se hai forma galega. No meu dicionario portugués - español non aparece... Considerei preferible poñela ata que alguén dese coa denominación, se a hai. Se che parece mellor borrala, adiante, non se perde gran cousa. Sinto non che ter botado unha man (doume conta de que é importante o que estás a facer, pero non precisamente o máis gratificante). Ando atarefado cunhas actividades que estou a facer para os alumnos. Para elas teño que crear varios termos na Galipedia, os máis posibles dos presentes en Listado de erros frecuentes no acento de intensidade e ademais ando con exames e avaliacións. Inda así hoxe comezarei a facer algunhas. Empezarei polo z, para non coincidirmos. Unha aperta--Lmbuga 20:35, 2 abril 2006 (UTC)
[editar] Lingua Galega
Por mor da palabra austríaco fixen unha busca, por se había máis con esa posible variación acentual e encontrei: amoníaco, afrodisíaco e cardíaco. Inclúoas tamén. Encantado coa nosa mutua colaboración. Saúdos--Lmbuga 22:03, 6 abril 2006 (UTC) Pilar García Negro presentando un programa na TVG nos tempos de Fraga? Non, foi Pilar García Rego, a que presenta o programa Alalá da TVG.--XurxoStepanek 22:51, 15 abril 2006 (UTC)
[editar] Sobre o mapa da guerra civilDis que che avisemos se non estamos dacordo co mapa da guerra civil, e por eso estou aquí. Este mapa é absolutamente erróneo, pois os nacionais non estaban tan avanzados nin tan sequera en 1939. Non é correcto que poñas as provincias de Cantabria, Guipúzcoa nin Vizcaya, como nacionais, pois estas non foron tomadas ata 1938. Tampouco é correcto que esté en azul Ciudad Real, Málaga, Badaxoz nin Huesca. Por outra parte, en Andalucía a sublevación no seu inicio só sucedeu nas cidades de Granada, Sevilla e Córdoba, así como en case toda a provincia de Cádiz. Huelva e Málaga foron tomadas polos naicionais durante a guerra e non ó seu comezo. Quizáis o dato máis erróneo sexa que pintases de azul a provincia de Castellón, pois os nacionais non posuían nada do litoral levantino ó comezo da guerra. Polo tanto, pídoche que corrixas o mapa, pois ó comezo da guerra, aínda que usases como base as provincias españolas, en moitas das que pintaches de azul nin sequera a sublevación nacional tivera éxito. --User:Tinsiño 15:52, 9 maio 2006 (UTC) [editar] ImaxesOla Sobreira, estamos marcando as imaxes que non teñen licenza e vou atopando algunha imaxe feita por ti (ademais das que marcamos das provincias). Nestas imaxes que atopo queres poñerlle a mesma licenza que a que a das provincias GFDL ou prefires cambiar a licenza? Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:49, 23 maio 2006 (UTC) [editar] OlaMoitas grazas po-la aclaración e observacións...jajaja, a verdade é que eu estou a remata-la carreira en Madrid!!!, de ahi que sexa tan pailán de cometer erros por castelanismo...queras que non, estando 5 anos en madrid, rodeado de xente de fora, algo se che pega... (eu NA VIDA usei tempos compostos...ou que eu me dera de conta) Sobre a maioria dos erros que dis...eu non falo "galego normativo" no 100%, falo un pouco do que estudiei de pequeno, na escola, e o resto é o que fala a miña xente, os meus avós...etc, o que levo escoitando dende que era un parviño. cousas como Po-lo, ven diso...eu pra (xa sei que é "para" pero eu escribo iso pra pq así o digo, e coido que é máis lóxico. Para sóame a castelán) dicir por+o digo po-lo, por exemplo "por o de agora"...cando falo digo "po-lo de agora"...e coido que o estudiei tamén así...non sei...eu non son lingüista, e a influencia dos casteláns faime cometer erros...xa teño gana de voltar a Pontevedra...pero alí non hai traballo. No que me dis, hai cousas que non entendo...como o de "xuntar temas" ou algo asi...eu o enlace de "enric miralles" o collín de "arquitectos famosos" ou un tema así...e como faltaba por facer...pois puxen o que puiden nun intre. E sobre o campus de Vigo...enténdote, eu ata que non estudiei a Miralles sempre pensei que era "raro" e que enriba non funcionaba... ...ten pegas...pero os seus proxectos son pra moita sesera...non son nada sinxelos. Ese non é o mellor...iso seguro. Grazas por todo, e agardo que sigas botándome unha man...porque necesitarei máis dunha pra face-lo todo bem. jejeje. Luimipi 16:37, 24 maio 2006 (UTC)
sei que son coma paredes...pero paréceme de vergoña, que nunha "enciclopedia", díganse cousas que non son verdade...soamente por "persecución" lingüística. (= que con Junta de Galicia..etc) saúdos Luimipi 16:42, 30 maio 2006 (UTC)
(hai moita xente intolerante...coma na es.wiki) Sobre o da web castelá....si, eu xa o había collído, pero é moi sutil o que pos...e co "parviños" que son algúns...non o collerán...son coma paredes...ou xordos...pero iso si, razoar non razoan, e educación tampouco teñen, pois quen pra "levar a razón", ten que expulsar a quen pensa o contrario, ou bloquea-las páxinas coa definición ou palabra que el quere...non é moi educado...por dicir pouco. saúdosLuimipi 18:47, 30 maio 2006 (UTC)
[editar] Outra de imaxes
Por certo, esa foto de Miralles, si é obra súa. Na miña opinión é moi fermosa. (seino seguro, sen dúbida, obra de EMBT).se non está no listado será un descuido po-la miña parte, pero ten en conta que un arquitecto da talla de miralles pode ter infinidade de obras...e so puxen unhas...que mirei na web castelá coido...porque non tiña o meu libro de Miralles nese momento... Se queres un dia melloro o artigo, pois podo facelo moito máis completo. Pero supoño que como todos, o tempo...é ouro.Luimipi 18:50, 30 maio 2006 (UTC)
[editar] dioceseVaites, vaites... :S --Adalbertofrenesi 16:40, 31 maio 2006 (UTC) [editar] Lista de vixilanciaPoñelo na lista de vixilancia permite seguir os cambios nas páxinas que tes nela, claro que iso só vale no caso de que visites o enlace regularmente. Se pasa moito tempo a lista perde efectividade, sobre todo se non se producen máis cambios na páxina. Tes unha opción nas preferencias para engadir automaticamente todas as páxinas que edites á lista de vixilancia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:46, 31 maio 2006 (UTC) [editar] Xenocidio armenioGrazas polo aviso. Se queres editalo ti avísame que lle quito o template enuso para que o edites. Saúdos e grazas.--Alberte 18:51, 31 maio 2006 (UTC) [editar] EspeleoloxíaOla, Sobreira. A cousa foi como dis, e as correccións están OK. Metín a única cova que coñezo, a do Rei Cintolo en Mondoñedo. Saúdos.--Agremon(contacto) 06:07, 1 xuño 2006 (UTC) [editar] GrazasPois grazas pola info. Un saúdo. --Porto 10:52, 1 xuño 2006 (UTC) [editar] graciñasDe novo grazas por respostar tan rápido. Eu xa supoñía que eras filólogo, por iso che preguntei, simplemente pra sabe-la opinión de alguén que se adica á língua. Eu non son nin Lusista nin Reintegracionista, eu son Galego, e identifícome coa miña língua. O que pasa é que penso que o galego está excesivamente influenciado po-lo castelán, e iso é o que non me gusta. Gostaríame que se "descastelanizara o galego"...que si, que fora como falaban os nosos tataravós antes da imposición do castelán....pero non entendo como a RAG mantén esa liña... (o castelán é unha lingua moito máis consolidada non?, no galego temos varios organismos "normativizadores", cada comarca case fala unha variedade...e o que cunde é o castrapo, e ademáis, o galego está coma lingua ou de campesiño ou de Bloqueiro...coido que non é a mesma situación dos dous idiomas...)
Sobre o de se penso que o que se ailla...morre...pois si o penso. Non é unha realidade absoluta, pero coido que así é. Porque me dis que o pense millor?, tes algunha razón pra pensa-lo contrario?, teño curiosidade... Sinto facerche "perde-lo tempo" "debatindo" (pra min é falando ou explicando), temas, e non traballando...pero é que eu son arquitecto, e en temas lingüísticos non teño a quen recurrir. (cando alguen quere opinións de saúde preguntalle a un medico, se é de casas a un arquitecto...etc, non?) saúdos e graciñasLuimipi 14:03, 1 xuño 2006 (UTC) [editar] Ollo de gatoÉ un caso moi particular este que sinalas, na wikipedia inglesa semella cos dous artigos tratan do mesmo pero con certas diferenzas. Aínda que non teño claro que no futuro combinen ambos artigos (o interwiki do inglés apunta ás mesmas páxinas nos dous casos). Penso que é preferible que deixes un só interwiki e o segundo enlace o poñas en Véxase tamén cunha pequena aclaración. En canto ao Rei Cintolo non sei con seguridade cal das dúas opcións é a correcta. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:08, 1 xuño 2006 (UTC) [editar] Acouga ohhA verdade que que me ves con cousas que aconteceron tempo atrás e nas cales tanto eu, como a persoa que lle respondeu a User:83.40.174.54 despóis do consello (que non era nengunha recriminación) tampouco o entendeu coma recriminación coma ti che parece entende-lo. Polo que é mellor que voltes e leas máis a modo o texto. Ademáis saibas que nesos tempos estabamos varios administradores coa mosca trala forella a causa de certos usuarios colombianos e ademáis de ataques con bots de outros lugares que non facían máis que faltarlle o respeito a xente e meter trapalladas nos artigo (cando non aparecían creados outros novos sen sentido común). Quizáis esta explicación non che resulte moi apropiada polo que podes leer con teus ollos xa que a túa derradeira colaboración no proxecto está dende o 3 de decembro do 2005 e a seguinte remite o 22 de marzo do 2006. Coido que nin eu nen ninguén che pediu explicacións daquela non se vai a pedir ahora. Podes non obstante demandar o tema na taberna (a sección que corresponda) e ademáis de eu seguro que hai máis xente que tamén se suma o tema. Por outras e, xa que mencionas a teu irman user:Goresqui, non lembro eu que lle deixara nengunha protesta?. Por outras lembrarche que iste proxecto tratase de ser un proxecto tranquilo (que para nada se ten que asemellar a outras wiki's) e voltar o principio. O usuario en cuestión suxeriuselle co ánimo de que se rexistrara, independente do consello que se lle deu e, ate Emilio juanatey, estivo de acordo co aspecto proposto na páxina, sendo él que podía haberme remitido a queixa que tí estas a remitir. Teñas un bo día. --Xelo2004 [editar] Image:Galiza_por_concellos_12.gifPodías refacer a imaxe co formato png e sen o fondo negro? Mellor transparente todo o que está fóra de Galicia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 08:40, 2 xuño 2006 (UTC)
[editar] LinkOlá Sobreira! É possível que você insira mais links internos nos artigos? Veja como fiz. --Slademsx 15:51, 5 xuño 2006 (UTC)
Sobre o correo, non basta con poñer o enderezo no campo correspondente, agora hai unha opción de confirmación do correo. Tes que premer nela, presentase unha pantalla onde hai que premer no envío de confirmación. Logo no teu enderezo de correo abrir a mensaxe de confirmación e no enlace de resposta premer, así queda o correo confirmado e activo. En canto á lista de vixilancia non sei se entendín ben a pregunta, se te refires "a miña lista de vixilancia" da parte superior da páxina podes evitar que as páxinas que creas ou as edicións que fas se engandan á lista coas opcións das preferencias, neste caso edición, nela pon "Engadir as páxinas creadas por min á miña lista de artigos vixiados" e "Engadir as páxinas que edite á súa lista de vixilancia" as casiñas que están a carón delas deben estar desmarcadas. Sobre as imaxes, é un problema máis difícil de resolver e require unha solución para cada caso. Unha posibilidade é crear unha galería, exemplo: <gallery> Image:Gráfico 1.png|Descrición 1 Image:Gráfico 2.png|Descrición 2 Image:Gráfico 3.png|Descrición 3 Image:Gráfico 4.png|Descrición 4 </gallery> Outra posibilidade é meter as imaxes dentro das celas dunha táboa. E outras veces úsase o código de estilo (css) para dar as ordes. Proba coa galería en primeiro lugar a ver se che gusta, se non podemos probar con facer unha táboa. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:37, 7 xuño 2006 (UTC)
[editar] SantoralSobreira, reorganizei os níveis deste artigo assim. Devido às suas edições seguidas, deu conflito de edição na primeira tentativa, mas agora já salvei. Abraço. --Slademsx 17:10, 7 xuño 2006 (UTC)
|