|
|
Conversa Usuario:Santista1982Benvido á Galipedia Santista1982: esta é a túa páxina de discusión, que che servirá para recibir mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses, etc. Grazas por colaborar connosco, a túa axuda é especialmente importante. Non dubides en contactar comigo para calquera cousa que desexes: estou á túa disposición.
Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes.--Lmbuga Commons - Galipedia 22:08, 17 agosto 2006 (UTC)
[editar] CategoríasOla. Vexo que creaches a categoría Category:Cidades do Chile. O caso é que ademais lle colocaches a etiqueta {{CategoríaOficial}}. Dita etiqueta non procede aínda nesa categoría (tampouco a ten, por exemplo Category:Cidades do Portugal. Só a poden portar determinadas categorías, aquelas que foron adecuadamente discutidas. Por outra banda, pode ser que en Portugués ó topónimo Chile sexa habitualmente precedido por artigo; en galego non o é. Moverei polo tanto a categoría a Cidades de Chile (unha mostra de que non procede para nada a etiqueta que lle colocaches). No entanto, agradézoche a túa colaboración e desexo que teñas claro que é máis importante que colabores no proxecto ca que cometas algún ca outro erro, pois os erros hanse corrixir antes ou despois. Non dubides en contactar comigo para o que precises. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 22:32, 27 agosto 2006 (UTC) [editar] NápolesGrazas polas túas contribucións, pero has de saber que os artigos excesivamente curtos, na Galipedia, actualmente, soen ser borrados. Consideramos que é preferible non ter o artigo a ter un artigo pobre. Un artigo de escasas palabras e contido pode facer pensar que todos son así. Procedo a borrar Nápoles. Non hai problema se o queres crear de novo con maior contido. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 22:13, 6 setembro 2006 (UTC) [editar] Xénova - GenovaOla Santista1982, volvín a redirixir Genova e Xénova cara a Xénova - Genova porque as regras da toponimia vixentes na Galipedia din que se debe utilizar unha dupla de nomes no título do artigo cando o nome galego e o orixinal non son iguais. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:31, 7 outubro 2006 (UTC)
[editar] O Che
|