|
|
Conversa Usuario:LameiroBenvido á Galipedia Lameiro. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:57, 26 febreiro 2007 (UTC)
[editar] BuxaraPodes borrala. A cousa é que, como en castelán é Bujara se alguén traduce do castelán é doado que poña Buxara no canto de Bucara, como me pasou a min en Historia de Usbequistán... ou sexa que... fai o que creas convinte! --
[editar] Cartaz da FalanxeSaúdos Lameiro. Carguei o outro día unha foto que tirei en Madrid dun cartaz da Falanxe (ao final non llo engadín ao artigo porque non sabía ben de qué Falanxe se trataba), e aparéceme que pode ser unha infración do copyright (http://gl.wikipedia.org/wiki/Imaxe:Cartaz_da_Falange_Espa%C3%B1ola.jpg). É a primeira vez que subo unha imaxe dun cartaz, e non sei ben cales son as condicións. Que acontece, non se lle poden sacar fotos aos cartaces? Se aparece máis fondo que non sexa da imaxe si que se poden subir? Grazas por adiantado. --Iago 08:43, 6 agosto 2008 (UTC) Ola. Pois en realidade pregunteiche a ti porque busquei na miña páxina de conversas algún usuario que me tivera botado un cable, e ahí estabas ti. Grazas pola explicación, entre Xabier Cid e ti xa me fixen unha idea de cales imaxes podo subir e cales poden violar o copyright. Apertas. --Iago 21:24, 6 agosto 2008 (UTC)
[editar] Boa imaxeEncantoume Imaxe:Augamorta Mexilloeira 01-01.jpg. Ía propola para imaxe do día cando me dei conta de que non ligaba con ningunha páxina. Se consegues ligala con algunha páxina, dimo; así xa a poderei propor (se non mo dis, probablemente non me dea conta). Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 17:31, 8 agosto 2008 (UTC) [editar] boasBoas, Pedro. Que é iso de "augamorta"? É que non o atopo por ningures... --
[editar] Re:carteis na vía pública... e murais e pintadasVexo dúas cuestións diferentes sobre as pintadas: 1ª- Coincido coas reflexións que fas sobre as pintadas: en xeral son caducas. Agora ben, ¿poderían ser permanentes á hora de pensar na liberdade de panorama?. Creo que algunhas delas poden selo, pero o caso é definir o que é "permanente" para saber se hai ou non liberdade de panorama. Unha praza pode ser remodelada e unha estatua (ou un mosaico) retirado. Cando a estatua ou o mosaico se poñen aí pénsase que vai haber permanencia, de feito, mentres a praza sexa como é, a estatua permanece aí e é permanente. Hai liberdade de panorama tanto se a estatua está nunha praza 500 anos, como 1 ano. O mesmo podería pasar coas pintadas. As pintadas que se fan en paredes de vías públicas poderían estar aí 50 anos (no exterior do meu centro de traballo hai 2 que se fixeron adrede, dirixidas por un profesor de debuxo, e son permanentes) 2ª- Un cartaz é unha obra artística moi frecuentemente. O caso do que falamos ultimamente semella evidente (mesmo o cartaz podería ser unha obra derivada, o cal complicaría moito as cousas). Se é unha obra artística, unha fotografía do cartaz non será unha "mera fotografía", será unha obra derivada. O concepto que hai na lexislación e denominado "mera fotografía" non o domino, refírese a fotografías intranscendentes ou de motivos caducos, imaxes sen valor artístico,... (non o teño moi claro). O que si penso é que algunhas das imaxes ás que lle poñemos licenza GFDL quizais sexan meras fotografías e deberan ser PD. Eu entendo quea foto desa pintada é unha mera fotografía: Se o autor fose un pintor recoñecido, a imaxe estaría permanentemente na vía pública e poderiámonos acoller á liberdade de panorama. Se o autor é descoñecido e irrelevante e a obra caduca, a foto semella que debe ser unha mera fotografía e pode estar no dominio público. Inda así non estou totalmente seguro. ¿Que facer cando non hai seguridade? Esperar a que alguén proteste. Se unha empresa ou un artista protesta, o mellor é borrala. Entrementres, podemos considerala unha mera fotografía, pois, entre outras cousas, por moito que a pintada estea asinada, a efectos legais, mentres o autor non se identifique, é anónima. Curiosamente o cartaz non estaba asinado, pero poñéndonos en contacto coa xente precisa, podemos dar co autor e habería que preguntarlle se permite que a obra estea no dominio público e seguir o sistema OTRS para publicala en Commons (na Galipedia non se podería publicar). Espero non estar moi confundido nisto que che estou dicindo. Se queres saber máis das meras fotografías, recoméndoche que te dirixas a Prevert, quizais el poida recomendarche algunha lectura. A min o tema resúltame complexo. ¿Como actúo eu cando non estou seguro? Miro o que se fai en Commons. Se en Commons se permiten certas cousas é porque nós tamén podemos permitilas. Se en Commons non se permiten, nós non podemos permitilas. Vou ter que marchar. O próximo día que me conecte reparo nas demais cousas que me dis e coméntoche o que penso. Será pronto. --Lmbuga Commons - Galipedia 20:40, 10 agosto 2008 (UTC)
Tes que reparar non só en que sexan permanentes, tamén en que sexan exteriores. Se se dan esas dúas condicións, adiante. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 18:29, 20 agosto 2008 (UTC) [editar] solicitude fotográficaola Pedro; vin hoxe na Voz que inauguraron en Vilanova unha estatua a Julio Camba. Se che apetece dar unha volta e tirarlle unha fotiño, cando faga algo de sol, estaría ben para ilustrar o artigo do xornalista, que aínda non ten imaxe. Un saúdo. Por certo, parabéns polo traballo que estades facendo no galizionario (aínda que tes algo abandonada a galipedia..). --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 17:50, 11 agosto 2008 (UTC)
onte intentei pasar polo concerto de María Dolores Pradera e os Sabandeños, pero chovía a Dios-dar e os paraugas non deixaban facer fotos. Hoxe no concerto de Dulce Pontes e Estrella Morente había demasiada xente e era imposible acercarse. Síntome fotógrafo impotente estes días... Un saúdo, e ata outra. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 02:18, 13 agosto 2008 (UTC) [editar] Terra Galega
Buenas: intento escribir sobre Couceiro Freijomil y borras todo. No soy muy bueno con los ordenadores. ¿Qué puedo hacer para que no lo borres? De acordo anque si quito o que esta arriba de Bret Hart é porque creo que non hai que facer máis. Anque quero saber si podo quitar a nota que esta en Bret Hart cando esté correxido o que falta.--Daniel Pita López 22:01, 26 agosto 2008 (UTC)
|