Caixa de ferramentasOutras linguas
|
Chipre - Κύπρος
[editar] EmprazamentoChipre emprázase na Asia Occidental (ou no Oriente próximo), aínda que politicamente e culturalmente considérase que pertente á Europa. Historicamente, Chipre foi sempre unha ponte entre Europa e Asia, con períodos de tempo de intercambio de influencias Levantinas, Anatolianas e Gregas. [editar] División PolíticaChipre gañou a independencia do Reino Unido no 1960, co dereito do Reino Unido, Grecia e Turquía de intervir nos asuntos internos do país. A República de Chipre é o goberno internacionalmente recoñecido da illa, e esta controla os dous terzos do sur da illa. Case todos os países extranxeiros e as Nacións Unidas recoñecen a soberanía da República de Chipre sobre a enteira illa de Chipre. Os chipriotas turcos, xunto con Turquía, non aceptan o poder da República no resto da illa e chámanlle a "Autoridade Grega do Sur de Chipre". Eles controlan o terzo norte da illa, continuando a ocupacion militar por Turquía desde 1974. O territorio Turco-Chipriota proclamou a súa independencia no 1975, e a República Turca do Norte de Chipre estableceuse no 1983. Este acto foi soamente recoñecido por Turquía. Ademais disto, a Organización da Conferencia Islámica, deulle os estatus de membro baixo o nome de "Plataforma Turco Chipriota". O outro poder con territorio en Chipre é o Reino Unido. Baixo o acordo de independencia, o Reino Unido retivo dous pequenos territorios no costa sur da illa, aredor de Akrotiri e Dhekelia, coñecidas coma áreas base de soberanía británica. Son usadas para acoller bases militares. [editar] ReunificaciónMoitas negociacións foron mantidas para conseguer a reunificación da illa, mais non tiveron moito éxito. Un plan das Nacións Unidas, anunciado o 31 de Marzo do 2004 en Suíza, propuxo un referendo separado en ambos lados o 24 de abril do 2004. No referendo, a proposta reunificación foi favorabel no lado Turco por unha maioría de 2 a 1, mentres que no lado grego foi rexeitada por unha marxe de 3 a 1. Como resultado, mentres oficialmente todo o Chipre uniríase á Unión Europea o 1 de Maio do 2004, as fronteiras da Unión percorren pola Liña Verde, dividindo o país entre a parte Grega e a Turca. As leis da Unión non se aplican na parte turca. A Unión prometeu axudar e traballar para o levantamento das sancións económicas impostas polo Tribunal Europeo, pero eles levantaron o recoñecemento diplomático da rexión norte de Chipre. [editar] XeografíaVéxase tamén: Xeografía de Chipre Chipre é unha das grandes illas do Mar Mediterráneo (xuntamente coa Sicilia, Sardeña, Córsega e Creta), a máis oriental de todas, localizada entre a costa sur da Anatolia e a costa mediterranea do Medio Oriente. Xeograficamente, pertence á Asia, aínda que culturalmente sexa unha mestura de elementos europeos e asiáticos, cos europeos a predominar, dado o seu pasado grego e os dous terzos actuais de poboación de orixe grega. A illa é montañosa, con dúas zonas accidentadas separadas por un val amplo (a Mesaoria), onde se ergue a capital, Nicosia. Ao sudoeste érguense os montes Troodos, que abrigan o ponto máis elevado da illa, o monte Olimpo, con 1.953 m de altitude. Ao norte érguense os montes Kyrenia, unha cordilleira bastante estreita que comeza na costa norte e que se prolonga cara o leste na longa península que confere á illa a súa forma característica. Hai tamén pequenas chairas costeiras no sur. Nicosia é a maior cidade e a capital coñecida internacionalmente. Outras cidades importantes son Limasol na parte grega e Famagusta na parte turca. O clima é mediterráneo. [editar] Economía
[editar] EtimoloxíaO nome deriva da palabra grega para cobre, kyprós. Por iso, en galego, debería dicirse, máis correctamente, Cipro, en vez do galicismo Chipre. [editar] Véxase tamén[editar] Outros artigos[editar] Ligazóns externas
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||