Excavado parcialmente nos anos 40 baixo a dirección de José María Luengo y Martínez, e unha breve campaña no ano 1976 dirixida por J.M. Vázquez Varela. Estruturase nun único recinto principal de ocupación moi breve. Nel atoparonse ata 70 fosas excavadas a baixa profundidade e silos onde se atoparon cinzas, conxunto que os primeiros restos de enterramentos da Idade do Ferro.
Pouco estudado, realizaronse nel excavacións, ou mellor dito unha serie de sondaxes ou catas, na década dos anos 70 dirixidas por C. Alonso del Real y Ramos e J.M. Vázquez Varela.
Tamén coñecido coma Castro de Espasante e ubicado nunha península sobre o Porto de Espasante. Nel atopouse un monumento dos chamados Pedra Fermosa, dos poucos atopados en Galicia. Coordenadas: 43°43.40′N, 7°48.76′O.
Coñecido como ¨A Cidá¨. Castro fortemente romanizado. As súas fortes defensas están reforzadas por ¨pedras fincadas", sendo dos poucos castros que posuen esta característica.
Tamén coñecido coma A Cidade, trátase dun dos castros de maiores dimensións de Galiza. Lansbricae. En proceso de excavación. Coordenadas: 42°21.66′N, 8°1.80′O.
Tamén coñecido como Castro de Vigo. Excavado. Visitable. Excaváronse un total de 45 construcións. As pezas atopadas consérvanse no Museo Municipal «Quiñones de León».