Caixa de ferramentas |
Castro (poboado)Un castro é un poboado típico do noroeste da Península Ibérica durante a Idade do Ferro, no que se coñece como Cultura Castrexa. Citania e cividade son sinónimos de castro, se ben en Portugal designan especialmente castros de maiores dimensións e cun grao de desenvolvemento urbanístico maior, en gran parte polo influxo da romanización. Non se sabe con exactitude o número de castros que houbo en Galiza pero pode estimarse nun mínimo de 3.000, inda que non todos estaban ocupados á vez e quizais houbo arredor de 1.500 na época de maior vitalidade, pero tan só hai uns 50 castros escavados arqueoloxicamente.
[editar] Tipoloxía dos castros
Constitúen o tipo máis frecuente e característico. Están situados en outeiros ou elevacións prominentes, pero raras veces en cumios altos. Teñen planta circular ou ovalada e contan con unha ou varias murallas. Dous exemplos son o castro de Coaña e o de Viladonga.
Situados en zonas montañosas altas. Localízanse nas ladeiras e teñen forma oval, con foxos artificiais polo lado superior e murallas ou terrapleno cara ao val. Datan de época romana e están vencellados a explotacións mineiras. Dous exemplos son os de Vilar no Caurel e Xegunde na Fonsagrada.
Son de planta variada, adaptándose ao terreo. As defensas naturais do lado do mar vense complementadas con murallas e foxos cara ao interior. Son moi abundantes e dous exemplos son os de Baroña na Barbanza e Fazouro na Mariña. [editar] O urbanismo dos castrosOs poboados castrexos costuman erguerse en outeiros despexados, promontorios rochosos ou penínsulas que se adentran no mar, o que facilita a visibilidade, a defensa e o dominio do contorno. O lugar do asentamento vén dado tamén en función dos recursos naturais explotados polos moradores. Os castros contan cun recinto superior, a "croa", e unha serie de socalcos cara abaixo onde se sitúan as construcións. Cada unha destas seccións pode estar limitada por murallas, parapetos ou foxos. Ás veces hai unha especie de engadidos, os antecastros, que tamén se arrodean de murallas pero non albergan vivendas, polo que se supón que estaban destinados a animais ou hortos. [editar] DimensiónsNo actual territorio de Galicia os castros predominantes son os de tamaño pequeno e mediano, porén hai un aumento no tamaño medio entre o norte, onde os castros non adoitan superar as 2 ha: con exemplos como o Castro de Baroña de 2,26 Ha ou as mais de 3 Ha do Castro de Elviña [1], e o sur, onde mesmo existen castros de 20 ha, como o de Santa Tegra[2] xa pertencente ao momento final da cultura castrexa, ou o Castro de San Cibrao de Las de 9,5 Ha [3] No norte de Portugal atópanse os castros ou citanías de maiores dimensións e dun proceso de romanización máis avanzado: a Citania de Briteiros, a de Sanfíns[4], ou Mozinho. Todos estes datos deben ser valorados tendo en conta que a gran maioría dos castros do noroeste peninsular non foron obxecto de estudo, e aqueles que o foron foi de xeito parcial, o que loxicamente da resultados tamén parciais. [editar] Sistemas defensivosOs castros costuman ter unha única entrada que tamén ten a función de impedir o paso. Nalgúns casos é un simples engrosamento nos remates da muralla; noutros, un entrepano da muralla sobrepasa ao outro formando un corredor estreito. Suponse que se fechaban con portas de madeira. As defensas dos castros non parecen responder a necesidades bélicas senón de prestixio e de delimitación simbólica do espazo habitado. De feito, son poucas as armas que se teñen atopado. Ademais das defensas naturais, atópanse estruturas de tres tipos:
O máis habitual é a ausencia de organización urbanística. No século I d.C. aparecen agrupamentos de edificacións ("barrios"), formados por varias construcións arrodeadas por un muro cunha soa abertura cara á rua. Pódese tratar de unidades familiares nas que unha construción sería a vivenda e as outras silos, cortes ou alpendres. As casas non comparten paredes medianeiras, senón que están separadas das demais, non se sabe se como reflexo da idiosincrasa desta cultura ou debido ás dificuldades para o facer nas construcións circulares. Tampouco contan con xanelas. O piso das vivendas era de barro pisado. Con anterioridade aos séculos II-III a.C. os muros construíanse maiormente de pallabarro, cun poste de madeira central; posteriormente usouse cachotería en fiadas máis ou menos horizontais (ou poligonais, nalgún caso). As cobertas facíanse de colmo reforzado con barro e suxeito por pesos ou posteriormente de tellas (tégula e ímbrice). A partir do século I d.C., sob a influencia romana, fanse máis abundantes as plantas cadradas ou rectangulares. O elemento esencial dunha vivenda é a lareira, que no cambio de Era situábase no centro e estaba feita feita con laxes ou barro e a finais do século I d.C. desprázase cara a un lateral e faise, nalgúns casos, con tégulas. Sospéitase que algúns edificios grandes nos que un banco de pedra percorre o muro e nos que non se atopan restos de habitación puideran ter sido recintos de reunión. Téñense localizados tamén fornos de cerámica e alfares, preferentemente próximos ás saídas ou no exterior. [editar] Candidatura a patrimonio mundialOs castros do Noroeste de Portugal e Galiza serán conxuntamente avaliados pola UNESCO para seren candidatos a patrimonio mundial. Até 2010, por altura da formalización da candidatura, espérase que o número chegue ás dúas decenas. [editar] Notas[editar] Véxase tamén[editar] Outros artigos[editar] Ligazóns externas |