Caixa de ferramentasOutras linguas
|
Bolivia
Bolivia é un país da América do Sur, limitado a norte e leste polo Brasil, ao sur polo Paraguai e Arxentina, e a oeste polo Chile e Perú. Capital: Sucre.
[editar] Xeografía
Na parte occidental do país está a Cordilleira dos Andes, na cal fican a montaña máis alta do país, o pico Nevado Sajama co seus 6.542 m, o lago Titicaca - o máis alto lago do mundo, e o Salar de Uyuni, no departamento de Potosi, unha grande extensión coberta por sal que foi no pasado o fundo dun grande lago que se secou por evaporación. O centro do país é un planalto, o "Altiplano", onde vive a maioría dos bolivianos. O leste do país é constituído por terras baixas, e coberto pola floresta úmida da Amazonia. O lago Titicaca situase na fronteira entre a Bolivia e o Peru. No occidente atópase o Salar de Uyuni, a maior planicie de sal do mundo. O país actualmente non ten litoral, despois de o perder nunha guerra co Chile, a Guerra do Pacífico, que ocorreu do ano 1879 ao ano 1884. As cidades principais son La Paz, Sucre, Santa Cruz de la Sierra e Cochabamba. [editar] Subdivisións
Bolivia está dividida en 9 departamentos: Cada departamento está subdividido en provincias, que son responsábeis dalgúns asuntos locais.
[editar] Historia
En Bolivia desenvolveronse grandes civilizacións, a máis importante das cais foi a civilización de Tiahuanaco. Tornouse parte do imperio Inca no século XV. Cando os españois chegaron no século XVI, a Bolivia, rica en depósitos de prata, foi incorporada no virreino do Pelo, e máis tarde no de La Plata. A loita pola independencia comezou en 1809, mais permaneceu como parte da España ata 1825, cando foi libertada por Simón Bolívar, a quen o país debe o seu nome. Despois dunha breve unión co Perú, a Bolivia tornouse totalmente independente. Nos anos seguintes, a Bolivia perdeu parte do seu territorio debido a vendas e á guerra. A Bolivia enfrenta problemas culturais e raciais, e sofreu ao longo dos anos múltiples revolucións e golpes militares. En 1980, a democracia foi restaurada despois da destitución dunha xunta militar. [editar] Política
Os nove departamentos da Bolivia receberon maior autonomía pola lei de Decentralización Administrativa de 1995, aínda que os principais dirixentes departamentais continuen a ser nomeados polo goberno central. As cidades e vilas bolivianas son gobernadas polo presidentes de cámara e consellos directamente eleitos. Foron realizadas eleccións municipais o 5 de decembro de 2004, que elexeron os consellos para mandatos de 5 anos. A Lei de Participación Popular de abril de 1994, que distribúe unha porción significativa das finanzas nacionais polas autarquías, para o seu uso discreccionario, permitiu que comunidades anteriormente neglixenciadas obtivesen grandes melloras nas as súas infraestruturas e servizos. [editar] Economía
Bolivia, hai moito un dos máis pobres e menos desenvolvidos países da América Latina, fixo progresos considerábeis no sentido do desenvolvemento dunha economía de mercado. Durante a presidencia do presidente Gonzalo Sánchez de Lozada (1993-97) Bolivia asinou un tratado de comercio libre co México, tornouse membro asociado do Mercado Común do Cono Sur (Mercosul) e procedeu á privatización da liña aérea estatal, da compañía de teléfonos, dos camiños de ferro, da compañía eléctrica e da compañía petrolífera. O crecemento económico aminorou en 1999, en parte debido a políticas orzamentais restrictivas que limitaron os fondos necesarios para programas de loita contra a pobreza, e ás consequencias da crise financeira asiática. No ano 2000, serios disturbios públicos en Abril e en Setembro/Outubro baixaron o crecimento para 2,5%. O PIB boliviano non creceu en 2001 debido ao abrandamento global e á vagarosa actividade doméstica. Espérase que o crecemento recupere en 2002, mais o défice fiscal e o peso da débeda externa irán permanecer elevados. [editar] Demografía
[editar] Cultura
[editar] Vexa tamén[editar] Referencias Externas
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||